Archivo (6 del 2020)

Buscador

Noticias

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 476, deles 101 son da área da Coruña, 31 da de Lugo, 34 da de Ourense, 11 da de Pontevedra, 189 da área de Vigo, 97 da de Santiago, e 13 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 10 están en unidades de hospitalización e 466 no domicilio. Non hai pacientes positivos en UCI. Polo de agora, en Galicia hai un total de 10.338 persoas curadas, rexistrándose 618 falecementos. O número de PCR realizadas é de 153.606.
A poboación residente en Galicia a 1 de xaneiro de 2020 situouse en 2.702.244 habitantes, o que supón un incremento de 1.803 habitantes respecto á mesma data de 2019, como recolle a estatística ‘Cifras de Poboación’ publicada hoxe polo Instituto Nacional de Estatística. O INE tamén publica a ‘Estatística de Migracións’ do ano 2019, que indica que no último ano entraron a residir en Galicia 17.542 persoas máis das que saíron, o maior saldo migratorio positivo da serie histórica. A poboación residente en Galicia a 1 de xaneiro de 2020 está conformada por 2.702.244 persoas, das que 2.585.716 teñen nacionalidade española (o 95,7% do total) e 116.528 teñen nacionalidade estranxeira.
A Xunta publica no Diario Oficial de Galicia (DOG) a Resolución pola que os usuarios do transporte público poderán utilizar desde hoxe a totalidade dos asentos. Para garantir unha mobilidade segura, os viaxeiros deberán empregar obrigatoriamente a máscara e priorizar o pago con dispositivos electrónicos, como a tarxeta TMG, para evitar o contacto. Nos vehículos e embarcacións que dispoñan de asentos, os viaxeiros poderán facer uso da súa totalidade, deixando a máxima separación entre as persoas, cando o nivel de ocupación o permita. Nos medios de transporte con prazas de pé, as persoas deberán manter entre si a máxima distancia posible, fixando como referencia a de dous viaxeiros por cada metro cadrado na zona habilitada para viaxar de pé.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 503, deles 112 son da área da Coruña, 31 da de Lugo, 37 da de Ourense, 13 da de Pontevedra, 192 da área de Vigo, 105 da de Santiago, e 13 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 1 permanece en UCI, 15 están en unidades de hospitalización e 487 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 10.275 persoas curadas, rexistrándose 618 falecementos. O número de PCR realizadas é de 152.130. A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 515 deles 113 son da área da Coruña, 30 da de Lugo, 43 da de Ourense, 16 da de Pontevedra, 193 da área de Vigo, 107 da de Santiago, e 13 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 1 permanece en UCI, 19 están en unidades de hospitalización e 495 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 10.252 persoas curadas, rexistrándose 618 falecementos. O número de PCR realizadas é de 151.390.
Alberto Núñez Feijóo pediu ao Goberno central que elimine a taxa de reposición nas OPE de Sanidade e de Servizos Sociais para este 2020, e se non fose suficiente nas OPE de 2021. “Sería facer xustiza coas persoas e cos colectivos que máis traballaron durante a pandemia, contratados cunha temporalidade que nós non queremos”. Pediu tamén a baixada do IVE para o sector turístico, cunha redución do 10 ao 4% para servizos como a hostalaría, os balnearios ou a restauración, “este ano e o seguinte, é dicir, ata o 31 de decembro de 2021”. Durante a 13ª videoconferencia co Goberno central e os outros presidentes autonómicos, Feijóo reiterou tamén que nin Galicia, nin España se poden permitir perder ningún posto de traballo nas industrias que son viables economicamente, referíndose a Alcoa e ás decenas de empresas instaladas no litoral, como as conserveiras, os frigoríficos ou Ence.
A Xunta de Galicia decidiu hoxe retrasar unhas semanas a entrada en funcionamento das discotecas e dos restantes establecementos de ocio nocturno, de xeito que a apertura deste tipo de locais estará autorizada a partir do vindeiro mes de xullo. Tras unha reunión interdepartamental na que a Consellería de Sanidade expuxo un informe relativo a este tema, o presidente da Xunta fixo uso da súa capacidade como autoridade competente delegada e asinou o Decreto polo que Galicia apraza a apertura de discotecas e establecementos de ocio nocturno.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 524 deles 119 son da área da Coruña, 30 da de Lugo, 44 da de Ourense, 16 da de Pontevedra, 194 da área de Vigo, 107 da de Santiago, e 14 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 1 permanece en UCI, 22 están en unidades de hospitalización e 501 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 10.242 persoas curadas, rexistrándose 618 falecementos. O número de PCR realizadas é de 150.498.
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e o Club de Prensa de Ferrol, convocantes do Premio José Couso de Liberdade de Prensa, anunciaron que o gañador da XVI edición é Lorenzo Milá, logo de se celebrar a semana pasada, en acto pechado por mor do estado de alarma, o reconto de votos. A candidatura de Lorenzo Milá resultou vencedora con maioría suficiente e sen necesidade de voto de calidade do presidente do xurado. Como cada ano, o gañador foi elixido en votación aberta e secreta polos colexiados e colexiadas do CPXG e polos socios e socias do Club de Prensa. Lorenzo Milá é un xornalista cunha longa traxectoria na televisión pública española, onde ten cubertos acontecementos mundiais de xeito rigoroso e profesional.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 542, deles 124 son da área da Coruña, 33 da de Lugo, 49 da de Ourense, 16 da de Pontevedra, 196 da área de Vigo, 110 da de Santiago, e 14 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 1 permanece en UCI, 26 están en unidades de hospitalización e 515 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 10.221 persoas curadas, rexistrándose 618 falecementos. O número de PCR realizadas é de 149.242.
« Anterior | 5  de  7 | Siguiente »

Archivo

2025 (186)

2024 (514)

ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES