Co obxectivo de recoñecer o labor desenvolvido por persoas físicas, institucións e organizacións non gobernamentais, tanto galegas como internacionais, que teñan sobresaído pola súa traxectoria en calquera ámbito vencellado coa solidariedade e a cooperación, a Universidade de Vigo e o Consello Social acaban de lanzar a segunda edición dos Premios Consello Social_UVigoHumana, unha iniciativa posta en marcha o curso pasado coa idea de reforzar a función social da universidade pública.