Notas de prensa

Lánzase a II edición dos Premios Consello Social_UVigoHumana

Co obxectivo de recoñecer o labor desenvolvido por persoas físicas, institucións e organizacións non gobernamentais, tanto galegas como internacionais, que teñan sobresaído pola súa traxectoria en calquera ámbito vencellado coa solidariedade e a cooperación, a Universidade de Vigo e o Consello Social acaban de lanzar a segunda edición dos Premios Consello Social_UVigoHumana, unha iniciativa posta en marcha o curso pasado coa idea de reforzar a función social da universidade pública.

Ao igual ca na anterior edición, o premio convócase en dúas categorías, internacional e galega, e está dotado dun diploma acreditativo e un agasallo institucional. Poderán presentarse tanto membros da comunidade universitaria, como institucións públicas, entidades educativas, culturais e sociais, organizacións non gobernamentais, persoas e institucións de recoñecido prestixio e calquera persoa ou representante de entidades convidadas pola organización.

O prazo para a presentación de candidaturas manterase aberto ata o vindeiro luns 16 de novembro e será a Vicerreitoría de Responsabilidade Social, Internacionalización e Cooperación a encargada de valorar a idoneidade das candidaturas en función da súa traxectoria, da cal informará a Comisión de Valoración. Esta comisión estará composta por un presidente/a que recaerá no reitor ou persoa en quen delegue e oito vogais: a vicerreitora de Responsabilidade Social, o presidente do Consello Social, a directora da Ãrea de Responsabilidade Social e Cooperación, dous represente do PDI, un representante do PAS e do alumnado e un/unha representante do Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento (Congacode) .

Enxeñaría Sen Fronteiras e Os Ninguéns, entidades premiadas 2019

Na anterior edición dos premios a Universidade e o Consello Social recoñeceron o labor da Asociación Enxeñería Sen Fronteiras Galicia e do foro socioeducativo Os Ninguéns, pola contribución de ambas entidades a crear un mundo máis comprometido, solidario e xusto. A entrega de premios tivo lugar nun acto celebrado en outubro de 2019 como colofón celebración no campus de Vigo da Semana da Axenda 2030 e no acto salientouse o importante papel destas asociacións como modelo de referencia para o conxunto da sociedade, tanto a nivel internacional, Asociación Enxeñería Sen Fronteiras, como local, premiando neste caso o foro Os Ninguéns polo seu traballo a pé de rúa, un labor co que se contribúe a visibilizar a realidade das persoas máis empobrecidas, vulnerables e excluídas

Universidade de Santiago de Compostela, 2020-11-02

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES