Buscador
Noticias
O Salón Teatro de Santiago de Compostela acolle as últimas representacións da obra de Roberto Vidal Bolaño a cargo do Centro Dramático Galego. Máis de 2.000 espectadores viron xa As actas escuras protagonizada por catorce actores.
Presentouse a Xuntanza do Automobilismo Lucense como xornada de inicio da temporada do motor. Servir de escaparate aos pilotos lucenses en competición é un dos principais obxectivos deste evento.
Turgalicia promocionará o campismo e o autocaravaning galegos no certame europeo máis importante deste sector, no marco da campaña de comercialización da oferta turística galega en feiras internacionais nas que Galicia participa de forma continuada.
A compañía aérea incluirá descontos aos visitantes que se acheguen a coñecer Galicia a través de fam-trips e demais viaxes de familiarización que teñan a comunidade autónoma como destino, especialmente no Ano Santo 2010.
As tres universidades galegas concentran o 76% dos fondos destinados á formalización de novos contratos a través do Programa de Recursos Humanos do Plan Galego de I+D+I. Mediante estas axudas a Xunta financia a incorporación laboral de 246 profesionais a universidades e outros centros de investigación.