Archivo (1 del 2018)

Buscador

Noticias

Tristana, la adaptación teatral de la novela homónima de Benito Pérez Galdós realizada por Eduardo Galán y Sandra García y dirigida por Alberto Castrillo-Ferrer, se presenta en Galicia. Con un elenco formado por Olivia Molina, Diana Palazón, Alejandro Arestegui y José Luis Ferrer, la producción podrá verse el próximo viernes 9 de febrero en el Teatro Afundación de Vigo
Haberá 12 países representados destacando a presenza de Portugal como convidado. Conta con 15 restaurantes que ofrecen 20 menús con prezos entre os 14 e os 30 euros. Entre o 31 de xaneiro e o 4 de febreiro, no Salón Internacional de Turismo Gastronómico reúne a cociñeiros mediáticos como o semifinalista de Masterchef 5, Nathan.
A Xunta presentou o proxecto da Memoria Dixital de Galicia, unha iniciativa que trata de aplicar a innovación tecnolóxica a todo o ciclo de vida do patrimonio cultural, tanto material como inmaterial, consolidando o seu fondo dixitalizado e participar na confluencia de recursos dixitais no ámbito internacional. Falouse tamén da dixitalización de arquivos sonoros.
O grupo de investigación Stellae lidera unha nova empresa de desenvolvemento e análise de medio educativos a través da constitución da spin-off DIMElab. Parte da experiencia do grupo ao longo de máis de 20 anos de experiencia en formación e desenvolvemento profesional, organización educativa, inclusión socioeducativa, materiais didácticos e tecnoloxía educativa.
O Diario Oficial de Galicia publica as bases e a convocatoria destas achegas, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) e xestionadas pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), para apoiar a adquisición de maquinaria e equipamento novos e co fin de ampliar ou modernizar unha actividade empresarial existente.
A edición de fotografías antigas de Juan Vila ou a publicación dun díptico coa ruta xudía son parte das iniciativas levada a cabo. Dende o goberno local fíxase coma prioridade pór de relevancia o patrimonio histórico da cidade, sinalando que se trata dun elemento fundamental dentro da promoción turística da cidade. O Concello anuncia a creación dun arquivo municipal da imaxe.
O Consello da Cultura Galega abre a inscrición das próximas actividades: o martes 30 de xaneiro celébrase un novo encontro sobre o patrimonio, desta volta centrado no castro de San Lourenzo, revitalizado pola comunidade veciñal, que promoveu un proxecto no que participaron varias universidades (USC e País Vasco) e fundacións.
En Marea rexistrou no Congreso unha Proposición de Lei para a transferencia da AP-9 a Galicia e unha PNL para o seu debate en Fomento e Facenda para eliminar os privilexios fiscais ás concesionarias das autopistas como Audasa. En Marea reivindica esta medida e asume que "sumamos forzas con esta acción a unha reclamación unánime no noso país, que é o fin da estafa coa AP-9”.
Cultura e a Asociación Galega de Profesionais da Ilustración presentaron a web dedicada a esta data. Minia Regos é a autora do cartel deste ano, que inclúe as actividades promovidas polas bibliotecas de xestión autonómica para celebrar a efeméride. A Biblioteca de Galicia inaugura o 30 de xaneiro a mostra Camilo Díaz Baliño: xenialidade truncada, con máis de 50 pezas do arquivo persoal do artista.
Gonzalo Caballero: “No PSdeG temos iniciado un tempo novo, con novos referentes e coa incorporación doutra xeración, co reto de convencer á sociedade de que Galicia precisa un cambio”. O secretario xeral do PSdeG advirte contra a “recentralización” como resposta ante as eivas do Estado das Autonomías e aposta pola calidade de vida dos cidadáns.
« Anterior | 1  de  5 | Siguiente »

Archivo

2024 (127)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES