Notas de prensa

A Xunta destina 4,5 millóns de euros ás axudas para apoiar actividades non agrícolas no medio rural galego

O Diario Oficial de Galicia publica as bases e a convocatoria destas achegas, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) e xestionadas pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), para apoiar a adquisición de maquinaria e equipamento novos e co fin de ampliar ou modernizar unha actividade empresarial existente.

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), destina un total de 4,5 millóns de euros durante os anos 2018 e 2019 ás axudas para apoiar proxectos de investimento en actividades non agrícolas. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica a correspondente orde coas bases e a convocatoria destas achegas, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).

O obxectivo destas subvencións é apoiar a adquisición de maquinaria e equipamento novos, así como a execución das obras necesarias para a súa instalación, co fin de ampliar ou modernizar unha actividade empresarial existente. Poden beneficiarse as persoas físicas suxeitas ao réxime especial de traballadores autónomos, pequenas empresas e titulares dunha explotación agraria, ou membros da súa unidade familiar, que pretendan diversificar as súas tarefas cara a actividades non agrarias na propia explotación.

Serán subvencionables os proxectos destinados a ampliar ou modernizar pequenas empresas que desenvolvan actividades non agrarias no seguintes sectores e ámbitos de actividade: industrias, talleres e locais destinados a producir bens e materiais, así como a prestación de servizos en calquera sector económico (con exclusión de empresas de maquinaria agrícola e forestal e empresas de prestación de servizos enerxéticos). Tamén, todo o relacionado coa prestación de servizos sociais, actividades recreativas, de ocio e deportivas, artesanais, actividades baseadas na innovación tecnolóxica e no comercio electrónico, actividades nos sectores da enxeñería, arquitectura, servizos técnicos, limpeza industrial, veterinaria e comercio polo miúdo de produtos non agrarios.

Entre os requisitos que deben cumprir os proxectos atópanse os de non estar iniciados no momento de presentar a solicitude de axuda e ter un orzamento comprendido entre os 10.000 e os 300.000 euros, agás no sector da artesanía, no que estes límites sitúanse entre os 5.000 e os 100.000 euros. Ademais, o investimento proxectado debe mellorar o rendemento global da empresa.

O prazo para presentar as solicitudes será dun mes, a contar desde mañá martes, día seguinte ao da publicación da convocatoria no DOG. A presentación das solicitudes realizarase de forma telemática, a través dunha aplicación informática accesible desde a páxina web de Agader (agader.xunta.gal) e desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

Pódese consultar a orde na seguinte ligazón:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180129/AnuncioO90-271217-0001_gl.html


Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2018-01-29

Actualidad

Foto del resto de noticias (medio-ambiente.jpg) O Pacto Mundial da ONU é a iniciativa de Nacións Unidas que lidera a sustentabilidade empresarial no mundo. Conta con máis de 20 anos de experiencia e máis de 70 redes locais a nivel global, entre elas, a española. O Cactus do Campus Terra da USC acolleu este luns 6 a xuntanza deste órgano que ten como obxectivo fomentar a implantación dos Dez Principios do Pacto Mundial ao mesmo tempo que promove a integración dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible no sector empresarial, sendo a única organización que conta co mandato de Nacións Unidas para este propósito.
Foto de la tercera plana (cdc-01.jpg) A Cidade da Cultura impulsa a transformación artística do patrimonio sonoro galego a través de dúas residencias dos artistas Xoán-Xil López e Matilde Meireles. Faino a través da Fundación Cidade da Cultura en colaboración co festival RESIS de música contemporánea e co Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit-CSIC). No proxecto titulado Sereas, o lugués Xoán-Xil López está a dar forma a un concerto inspirado no levantamento das traballadoras da Fábrica de Tabacos da Coruña en 1857, cando estas se revelaron contra a mecanización da produción arroxando ao mar as máquinas adquiridas pola empresa.

Notas

O Festival Internacional de Divulgación Científica Pint of Science regresa a vindeira semana e nesta nova edición estará presente 500 cidades de 25 países, entre elas, 67 cidades de España como Ourense e Vigo. Será a novena vez que esta iniciativa de divulgación científica se celebre en España, propoñendo bares, pubs e cafeterías como punto de encontro entre científicos e científicas e o público xeral.
Un consorcio formado por persoal investigador das tres universidades galegas, liderado desde a Universidade de Santiago de Compostela pola docente Luzia Oca e a ONG Ecos do Sur, están a traballar no proxecto ‘Mulleres á fronte dende o Sur Global. Investigación e intervención participativa en materia de desenvolvemento e igualdade a través da música’.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES