Buscador
Notas

No marco da celebración da festa das Letras Galegas, a Uned Senior de Xestoso homenaxeou en Paderne á escritora Marica Campo con varios recitais de poesía.

Os profesores lectores de galego organizan ao longo do mes de maio nos centros de estudos galegos das universidades diversas iniciativas para conmemorar as Letras Galegas 2012 sobre Paz-Andrade e difundir no exterior a lingua e a cultura galegas.
Xesús Vázquez Abad entregou os premios do concurso no que escolares deseñaron unha exposición multidisciplinar arredor da figura deste autor homenaxeado nas Letras Galegas 2012.

As asociacións inglesa e irlandesa de Amigos do Camiño abren na Oficina do Peregrino de Santiago de Compostela un "welcome service" para os peregrinos de fala inglesa. No que vai do mes de maio máis de 9.000 peregrinos recolleron a "Compostela’" e, no que vai de ano entregáronse case 30.000.

O sábado día 26 de maio, 72 adegas das cinco Denominacións de Orixe Protexida ofrecen unha visita guiada polas súas instalacións e unha degustación gratuíta. Un total de 31 restaurantes ofrecen 62 menús enogastronómicos.
Declaración da Comisión Executiva do sindicato CC.OO. Galicia con motivo da celebración do Día das Letras Galegas o 17 de maio.
Estes centros organizan nas catro provincias múltiples iniciativas para nenos e adultos arredor do 17 de maio, que teñen a Paz-Andrade como figura de referencia.
O Centro Galego de Arte Contemporánea acollerá unha nova edición da iniciativa ‘Música e arte. Correspondencias sonoras’, cinco concertos que relacionarán a música coas exposicións do museo.
A través dun chat, rapaces de cinco centros educativos galegos se interesaron pola situación das TIC en Galicia e as saídas laborais das carreiras do eido tecnolóxico, durante a celebración do Día Internacional das Telecomunicacións organizado polo Coeteg.
Cumpre co compromiso de contribuír ao sostemento dos servizos derivados da súa condición de capital de Galicia e sede das súas institucións. A Xunta achega este ano 2,7 millóns de euros ao Concello compostelán.