Deputación Provincial de Lugo


Rivera Capón entrega os premios do VI Descenso Urbano da Vila de Sarria O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, xunto á Alcadesa de Sarria, Pilar López Yáñez, e o Concelleiro de Deportes, Efrén Castro Caloto, entregaron os premios do VI Descenso Urbano da Vila​ de Sarria​, co que colabora o organismo provincial con 6.000 euros, converténdose no principal patrocinador da cita. Trátase dun evento deportivo xa consolidado no panorama galego, no que particip​aron uns 200 corredores.


García Porto participa na Festa da Torta de Millo, coa que colabora o Goberno da Deputación A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, participou este domingo na Feira da Torta de Millo de Guitiriz. O organismo provincial colabora na organización deste evento gastronómico cunha achega de 6.000 euros, impulsando unha festividade que atra​eu a centos de persoas ao Concello ​ao longo do día. A cita contou cun concurso de tortas de millo caseiras, unha demostración de postres elaborados a base de fariña de millo, xantar ao aire libre, xogos populares, talleres de artesanía e diferentes actuacións musicais.


Rivera Capón e Fernández Méndez entregan os premios da V Travesía a Nado Cidade de Lugo    O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, xunto ao Concelleiro de Deportes, Miguel Fernández Méndez, entregaron este sábado os premios da V Travesía a Nado do Miño Cidade de Lugo que se celebrou nas instalacións dos Robles.​ ​Na proba deportiva participaron máis de​ ​200​ ​nadadores​​, sendo esta unha cifra récord na historia desta travesía enmarcada dentro do circuíto galego de augas abertas.​ ​​Entre eles, campións de España e Portugal en categorías Junior e Absoluta, o que lle confiriu á proba maior prestixio a nivel nacional.​​


O Goberno da Deputación mellora en Rábade con 340.000 euros os servizos públicos aos veciños    - O Presidente xunto ao Alcalde informou sobre o investimento que o Executivo Provincial levou ao municipio no último ano e supervisou as actuacións feitas
- Destináronse 180.000 euros á mellora da traída de auga e das beirarrúas en Rosalía de Castro, dos alumeados no polígono e nas avenidas de Vilalba e da Coruña, da Estación de Tratamento de Auga de Rábade; e á construción dunha senda peonil
- Xeráronse 5 novos empregos con 69.000 euros e 73 prazas de Servizo a Domicilio para non dependentes e de Teleasistencia gratuíta con outros 42.0000 euros


- Faino no marco do Plan Estratéxico de Turismo, apostando pola celebración de festividades, eventos culturais ou deportivos, cos que ofrecer unha variada oferta turística.
- Son o Festival Internacional de Blues e o Encontro de Tango, que se celebran na capital luguesa; o XII Criterium Aeronáutico, que terá lugar no complexo de Rozas; o VI Descenso Urbano, en Sarria; a Festa da Torta de Millo, en Guitiriz; a V Travesía a nado do Miño, en Lugo; e o Festival Tradicional Seráns Musicais, en Ribadeo


O Goberno da Deputación leva 5 millóns para servizos públicos a 7 Concellos da provincia    - Achegounos nun ano ás infraestruturas, dotacións públicas, servizos sociais e emprego de Guntín, Palas de Rei, A Pobra do Brollón, Ribeira de Piquín, Carballedo, Taboada e Rádade, cuxas actuacións supervisou o Presidente esta semana
- O 70% dos fondos, que representan 3,5 millóns, foron para unha residencia, un centro de día, campos de fútbol, accesos viarios no rural, traídas de auga ou saneamentos
- 1 millón de euros para a xeración de máis de 80 novos postos de traballo e 500.000 euros para ofrecer atención profesional a máis de 400 maiores, que non atende a Xunta  
- Aprobadas hoxe con 500.000 as melloras na vía de Trabada a Barreiros, con 35.000 a roza de estradas de 3 Concellos, ademais da contratación de 3 desempregados lucenses


O Goberno da Deputación levou nun ano 740.000 euros a Taboada para mellorar 30 vías ou atender a 60 maiores     - O Presidente e o Alcalde supervisaron as melloras levadas a cabo polo Executivo Provincial con 441.000 euros na maioría dos accesos a núcleos rurais de Taboada
- O Goberno da Deputación financia con 104.000 euros melloras en alumeados, accesos a viñedos, traídas de auga, na Casa da Cultura ou no Consistorio
- Campos Conde avanzou que “financiamos con 120.000 euros 14 novos empregos e con 61.000 euros 91 prazas de Servizo a Domicilio e Teleasistencia”


O Goberno da Deputación inviste 650.000 euros no campo de fútbol, alumeados ou accesos de Carballedo     - O Presidente e o Alcalde supervisaron os terreos de 5.460 m2 do campo de fútbol municipal, situado na Barrela, que o Goberno da Deputación decidiu dotar de herba artificial, cun investimento de 99.000 euros para a primeira fase de actuación
- O Executivo Provincial financia con 159.000 euros a mellora de 3 rúas e con 142.000 euros o alumeado públicos de 17 núcleos rurais
- O Goberno da Deputación xera 14 novos postos de traballo con 170.000 euros e 98 prazas de Servizo a Domicilio para non dependentes e de Teleasistencia gratuíta con outros 52.0000 euros


O Goberno da Deputación achegou 750.000 euros a Ribeira de Piquín para prestacións públicas como o centro de día     - O Presidente e o Alcalde visitaron a antiga escola do Chao do Pousadoiro que se reconverterá en centro de día con 275.000 euros que achegou o Executivo Provincial. Estas instalacións, cuxas obras agardan polo permiso da Xunta, ofrecerán 20 prazas
- O Goberno da Deputación permite con 125.000 euros atender a máis maiores co Servizo a Domicilio a non dependentes e xerar máis traballos co DepuEmprego
- Campos e Fernández supervisaron obras de 67.700 euros en traídas de auga, locais sociais ou alumeados; e avanzaron o arranxo, con máis de 17.000 euros, do polideportivo para que os equipos teñan no Concello instalacións nas que adestrar
- O Executivo Provincial acondicionará dúas rutas de sendeirismo, a presa do Chao e máis accesos viarios tras mellorar os de 8 núcleos rurais nos que viven 160 veciños


- Faino a través do DepuEmprego, o plan co que o Executivo Provincial xera novos postos de traballo, asumindo os custos laborais dos traballadores que requiran os Concellos para reforzar a prestacións de servizos municipais aos veciños
- Son postos de empregos en Palas de Rei, A Pobra do Brollón, As Nogais e Quiroga. Os interesados teñen que dirixirse aos municipios, pois son os encargados de realizar os procesos de selección. O prazo de solicitude abrirase a partires do 31 de xullo
- Son 227 as persoas contratadas ata o de agora a través do DEPUemprego 1, que contempla a xeración dun total de 263 empregos con 3 millóns. O Goberno Provincial incrementou ata os 3,8 millóns os fondos da segunda edición para máis empregos

ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania