En Marea presenta unha proposición de Lei para a transferencia da AP-9
En Marea rexistrou no Congreso unha Proposición de Lei para a transferencia da AP-9 a Galicia e unha PNL para o seu debate en Fomento e Facenda para eliminar os privilexios fiscais ás concesionarias das autopistas como Audasa. En Marea reivindica esta medida e asume que "sumamos forzas con esta acción a unha reclamación unánime no noso paÃs, que é o fin da estafa coa AP-9”.
“Presentamos unha PL sobre a transferencia da AP-9 porque o obxectivo é actuar polÃticamente contra a o espolio descarado e ilegal por uns gobernos que sirven a intereses privados, contra a falta de respeto á cidadanÃa galega e ao seu parlamento”, sinalou o deputado Antón Sánchez. A parlamentaria de En Marea no Congreso, Alexandra Fernández, agarda que non chegue “un novo veto” contra esta PL, como xa pasou coa do Parlamento galego.
“No momento no que o Goberno vetou a iniciativa do Parlamento presentamos un recursos de inconstitucionalidade e agora imos directamente como grupo a presentar esta PL para superar o veto”, explicou Fernández.
“O feito deste veto é evitar lexislar, coloca de facto a AUDASA ao marxe do control democrático, algo moi grave”, denunciou a deputada, que considera que o PP segue tomando decisións en favor dos intereses de AUDASA, porque “xa van catro subidas de peaxes neste ano”.
“Subiranse as peaxes da AP-9, mais do dobre que a media do Estado. Engordarán aÃnda máis este enorme negocio. Esta privatización, o convenio de ampliación en Rande, entrada en Santiago, é un roubo legalizado e unha forma de gobernar corrupta que cómpre desterrar”, enfatizou Sánchez, que lembrou que todo este roubo “estano pagando os galegos e galegas, mentras Feijóo mira para outro lado”.
Ante esta situación, ambos parlamentarios concordaron en que En Marea presenta esta PL para “demandar solucións, as que non quere plantexar o PP, que segue paralizado para protexer os intereses de AUDASA”. “Cómpre tranferir a AP-9. Pedimos o estudo da viavilidade da reversión, co obxectivo de que sexa unha autopista libre de peaxes. Polo tanto, sumamos forzas con esta acción a unha reclamación unánime no noso paÃs, que é o fin da estafa coa AP-9”, concluiron.
En Marea tamén rexistrou dúas PNL para o seu debate na Comisión de Fomento e Facenda para eliminar os privilexios fiscais ás concesionarias das autopistas como Audasa. “AUDASA goza da exención do pago do 95% de IBI, paganso só un 5%. Pedimos unha modificación”, explicou Alexandra Fernández.
Gabinete de Comunicación de En Marea, 2018-01-26
Actualidad
O equipo, eminentemente galego e cunha moi alta porcentaxe feminina, está a filmar en distintas localizacións das provincias da Coruña e Lugo, a través das que se reconstrúe o nacemento e a evolución da mÃtica fábrica de cerámica, que se deu en chamar a “Bauhaus galega” polas cores, formas e deseños vangardistas das súas creacións. Ao tempo, contarase tamén a historia de Galicia a través do seu deseño, cos seus elementos diferenciais e de calidade no centro do discurso. Outros dos escenarios polos que discorrerá Hoxe e o resto do mundo son Cervo (Lugo), onde comeza esta historia a primeiros do século XIX, Sada (A Coruña) e Santiago de Compostela, ademais doutros espazos da cidade herculina.
O CDG celebra os 40 anos da súa fundación desenvolvendo unha intensa programación que estende a súa actividade á produción e participación en 15 espectáculos e proxectos escénicos, a máis de 100 concellos de toda a Comunidade e á colaboración con entidades dunha decena de paÃses en Europa e América. En palabras de Román RodrÃguez, conselleiro de Cultura, a unidade teatral continuará avanzando nunhas liñas mestras que, desde o respecto ao pasado, poñen o foco en novas vÃas de encontro coa cidadanÃa, na accesibilidade, na proxección exterior ou na creación galega.
Notas
A Facultade de QuÃmica será entre os dÃas 3 e 6 de setembro a sede do XI Congreso Internacional de Nanociencia e NanotecnoloxÃa AnalÃtica (XI NyNA 2024). O encontro está organizado polo grupo de investigación de Elementos Traza, EspectroscopÃa e Especiación (GETEE) e o Instituto de Materiais (iMATUS) da USC coa colaboración do Grupo Especializado en Ciencia e TecnoloxÃas (Bio) AnalÃticas da Real Sociedade Española de QuÃmica (RSEQ).
Os vindeiros 9, 10 e 11 de abril celébrase na Universidade da Coruña o primeiro congreso IA & Hospitality, un espazo onde se analizará a relación presente e futura entre a Intelixencia Artificial e o turismo, un dos principais motores económicos do noso paÃs. O programa do congreso, que terá lugar no Paraninfo da UDC, inclúe oito mesas de debate nas que se tratará dende a experiencia do cliente ata a ciberseguridade e os destinos e a IA.