Notas de prensa

Tui pon en valor o seu patrimonio histórico coma punto de atracción turística

A edición de fotografías antigas de Juan Vila ou a publicación dun díptico coa ruta xudía son parte das iniciativas levada a cabo. Dende o goberno local fíxase coma prioridade pór de relevancia o patrimonio histórico da cidade, sinalando que se trata dun elemento fundamental dentro da promoción turística da cidade. O Concello anuncia a creación dun arquivo municipal da imaxe.

Pór en valor o rico patrimonio tudense é o obxectivo de distintas iniciativas impulsadas dende o Concello de Tui a través da concellería de Turismo. A edición de fotografías antigas da cidade, a publicación dun díptico coa ruta xudía ou as visitas guiadas son algunhas destas actividades. O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e o concelleiro de Turismo, Laureano Alonso, compareceron en rolda de prensa para presentar a edición de oito fotografías da cidade datadas nos anos 50 e 60. Son da autoría do fotógrafo tudense Juan Vila quen a través do seu obxectivo reflectiu o patrimonio tudense e as súas xente durante décadas.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, explicou que dende o goberno local fíxase coma prioridade pór de relevancia o patrimonio histórico da cidade, sinalando que se trata dun elemento fundamental dentro da promoción turística da cidade. Apuntaba nese senso que o turismo é un dos elementos máis dinamizadores e que máis recursos externos achega ao municipio. Ao tempo lembrou que en 2015 Tui foi o segundo lugar de España de onde máis peregrinos iniciaron o seu camiño a Santiago.

Precisamente parte deste patrimonio histórico de Tui está reflectido en fotografías que amosan a cidade e as súas xentes ao longo da historia. Por este motivo o Concello vén de editar oito láminas con fotografías de Juan Vila nas que se recolle a rúa Martínez Padín, o convento das Clarisas, ou a antiga praza de abastos entre os anos 50 e 60. Están expostas na Oficina Municipal de Turismo na Praza de San Fernando.

Segundo avanzou o concelleiro de Turismo, Laureano Alonso, esta é a primeira colección de fotografías que edita o concello do arquivo de Juan Vila, á que seguirán outras series ligadas a distintas celebracións coma o Entroido ou as Festas de San Telmo. A edición das fotografía antigas de Tui en palabras do rexedor tudense é o preámbulo dun proxecto máis ambicioso coma é a creación dun arquivo municipal da imaxe.

O concelleiro de Turismo, Laureano Alonso, aproveitou para anunciar que en Semana Santa se retomarán as visitas guiadas á cidade coma se fixo xa no verán, sumando á visita á xudería outra ao Tui medieval.

Precisamente o Concello de Tui editou hai unhas semanas un díptico sobre a Ruta Xudía da Cidade con textos do historiador tudense Suso Vila, quen hoxe destacaba ese patrimonio coma único en Galicia. Suso Vila, fillo do fotógrafo Juan Vila, mencionou os máis de 300 mil negativos con que conta a súa familia, e apuntou a posibilidade de realizar unha retrospectiva do seu pai en 2017 coincidindo co centenario do seu nacemento.

Gabinete de Comunicación do Concello de Tui, 2018-01-28

Actualidad

Foto del resto de noticias (arte-multiple-uvigo.jpg) A característica fundamental de artes gráficas como o gravado é a existencia dunha matriz a partir da que poden xerarse diferentes obras. Partindo dese elemento, a propia evolución da arte contemporánea e os avances tecnolóxicos transformaron nas últimas décadas a noción de arte múltiple, cara o que o grupo dx5 (Digital & Graphic Art Research), da UVigo, denomina 'gráfica de campo expandido', concepto que tamén fai referencia a como a gráfica contemporánea abandona o seu carácter bidimensional para 'conquistar o espazo'. Para afondar nestas ideas, o grupo promove o VIII Foro Internacional de Creación na Fronteira 'O múltiple que ocupa o espazo', con tres exposicións, conferencias e intervencións no espazo público.
Foto de la tercera plana (praias-05.jpg) Galicia contará este ano cun total de 114 praias pertencentes a 35 municipios galardoadas coa bandeira azul, un distintivo de carácter internacional co que a Asociación de educación ambiental e do consumidor recoñece a areais de todo o mundo seleccionados en base a rigorosos criterios de sustentabilidade, accesibilidade e servizos. Galicia concentra case unha de cada cinco bandeiras concedidas en España (638) e consolida a súa posición entre as tres comunidades que reciben un maior número de distintivos para as súas praias, xunto con Valencia (que suma 138) e Andalucía (130).

Notas

Galiciencia, a maior feira científica que se celebra na nosa comunidade, arrancaba esta mañá no Parque Tecnolóxico de Galicia baixo o lema “Mellor, de Madeira” e prolongarase ata o venres. O seu obxectivo é espertar as vocacións científicas entre o alumnado de Primaria, Secundaria, Educación Especial, FP e Bacharelato.
Corufest, o festival de artes escénicas pola diversidade afectivo sexual, inaugura este xoves 9 de maio a súa sétima edición cunha completa programación de actividades culturais e artísticas que achegarán ata o próximo 19 de maio á cidade da Coruña a figuras emerxentes e referentes das artes escénicas e do activismo cultural LGTBIQ+ do panorama galego, nacional e internacional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES