Notas de prensa

A danza urbana de Elahood inaugura no Ãgora a sétima edición do Corufest na Coruña

Corufest, o festival de artes escénicas pola diversidade afectivo sexual, inaugura este xoves 9 de maio a súa sétima edición cunha completa programación de actividades culturais e artísticas que achegarán ata o próximo 19 de maio á cidade da Coruña a figuras emerxentes e referentes das artes escénicas e do activismo cultural LGTBIQ+ do panorama galego, nacional e internacional.

A xornada inaugural terá lugar este xoves ás 20.30 horas no Centro Sociocultural Ãgora e contará coa representación de dúas pezas da compañía galega de danza urbana Elahood. A entrada é de balde ata completar aforo. Paralelamente, a casa museo Casares Quiroga abre tamén este xoves as súas portas á exposición ‘Cuir inexistenteÂ’, do artista chileno Felipe Rivas.

Os codirectores del Corufest, Gustavo del Río y Xosé Leis, serán os encargados de inaugurar o festival, cun repaso á programación que durante máis de dez días levará a distintos espazos da cidade preto dunha vintena de propostas que inclúen encontros, teatro, danza e música. A inauguración del Corufest 2024 contará coa representación de dúas pezas de danza da man da compañía Elahood, formada por Sabela Dominguez e Julia Laport. A compañía aposta por visibilizar as danzas urbanas como un medio de expresión lexítimo na danza profesional sostendo unha visión artística clara e directa, caracterizada por unha linguaxe visual e musical cunha mirada cara fora.

Nesta ocasión, a compañía interpretará a súa peza ‘Intempestiva’, a súa nova proposta escénica inspirada na obra e na figura da recoñecida autora Xela Arias, galardoada coas Letras Galegas 2021. A peza conta con recoñecementos como o Primeiro Premio e o Premio da Crítica no Certame Coreográfico de Madrid (2021) e o Premio a Mellor Espectáculo na Plataforma de Diálogos Contemporáneos do Festival DZM de Cáceres (2021).


A inauguración do Corufest contará ademais coa peza 'Extender como si pudiera', a primeira proposta en solitario da bailarina e creadora Julia Laport. Tras 5 anos como codirectora da compañía Elahood, Julia comeza o seu primeiro proxecto individual co asesoramento do psicoanalista e filósofo brasileiro Igor Teo. Esta investigación explora os límites e o illado no corpo. Busca poñer o corpo na beira e poñerse na beira do corpo. Levar o corpo ao límite que o separa do que non é o corpo, explorando así qué hai máis alá do límite.

Apertura da exposición 'Cuir inexistente'

A primeira xornada do Corufest 2024 abre tamén as portas da casa museo Casares Quiroga coa exposición 'Cuir inexistente', do artista visual e activista da disidencia sexual Felipe Rivas. Unha mostra sobre o pasado cuir creada a través da intelixencia artificial coa que Rivas xera imaxes afectivas de homes de distintos países latinoamericanos e clases sociais entre os anos 1900 e 1920. O artista chileno usa a IA para recrear con persoas inexistentes este arquivo composto por máis de vinte imaxes como unha maneira de reivindicar expresións que no seu momento non eran permitidas. A exposición poderase visitar ata o próximo 30 de maio.

Unha fin de semana repleta de actividades

Tras a inauguración do Corufest, o festival segue o venres 10 de maio cun encontro co escritor e guionista concienciado con máis exemplares vendidos de España, Nando López, que falará sobre a súa obra na biblioteca da Ãgora (19.00 horas). Ao día seguinte, o sábado día 11, o autor asinará exemplares no espazo cultural Galgo Azul (12.00 horas) e pola tarde participará na xanela 'Igualdade, sexualidade e identidade', que terá lugar ás 19.00 horas no Centro Sociocultural Ãgora. O encontro contará coa participación da historiadora da arte e actual directora xeral de Dereitos Culturais do Ministerio de Cultura, Jazmín Beirak; o afamado divulgador e activista LGTBIQ+ Daniel Tigrillo; e a deputada da Asamblea de Madrid Jimena González.

O Corufest trasládase ao teatro Rosalía de Castro o domingo 12 de maio con 'If (La Ligereza)' ás 20.30 horas, un espectáculo teatral da Compañía do Señor Smith que fai reflexionar sobre o presente e o que puido ter sido. Un xogo de ficcións, un espello deformante de como outros eus fosen posibles, de como outras vidas fosen vividas. As entradas para o espectáculo están dispoñibles a través de Ataquilla.

Unha vintena de espectáculos

O festival conta un ano máis co apoio do programa TRC Danza, que traerá. á compañía Fran Sieira co seu espectáculo 'Ceibe' o xoves 16 de maio ao teatro Rosalía.

O venres día 17, será a quenda de 'Simulacro', de Margarida Monteny e Carminda Soares, que se representará no Teatro Colón. O realismo social estará presente no Corufest o sábado 18 de maio no teatro Colón coa obra 'Sexpiertos', unha comedia que conta co premio Max protagonizada polo gañador do Goya a actor revelación Telmo Irureta e Miren Arrieta. As entradas están xa á venda en Ataquilla.

O director xeral de Igualdade Real e Afectiva das Persoas LGTBIQ+, Xulio del Valle, protagonizará un encontro sobre políticas LGTBIQ+ o mércores 15 de maio na casa museo Casares Quiroga. Os encontros continuarán o venres 17 de maio coa escritora Miriam Beizana en Galgo Azul e na tarde dese mesmo día o encontro trasladarase ao hall do teatro Colón para charlar co dramaturgo Premio Nacional de Literatura Alberto Conejero, que conta cunha extensa obra de temática LGTBIQ+.

Premio Samuel Luiz a Carla Antonelli

O festival outorgará por segundo ano o Premio Samuel Luiz ao compromiso social coa visibilidade LGTBIQ+. Un galardón que quere servir de homenaxe ao mozo que é xa un referente internacional na loita contra os crimes de odio, brutalmente asasinado nesta cidade no ano 2021. Esta edición o recoñecemento recaerá sobre a activista Carla Antonelli, primeira muller trans deputada en España e senadora nas Cortes Xerais, que recibirá o premio o 18 de maio en Galgo Azul.

O colofón do Corufest chegará o domingo 19 de maio á Fundación Luis Seoane co concerto do grupo coruñés emerxente Leria.

O obradoiro deste ano, pola súa banda, correrá a cargo do profesional das artes escénicas Ãlvaro Caboalles, que impartirá o curso 'Performar a disidencia' do mércores 14 ao xoves 16 de maio na Fundación Luis Seoane. A mostra terá lugar o día seguinte no mesmo espazo ás 18.30 horas.

Corufest, 2024-05-08

Actualidad

Foto del resto de noticias (reciclaxe_vidro.jpg) Cada galego reciclou o ano pasado unha media de 30,3 quilos de envases domésticos lixeiros e de papel-cartón, case un 3% respecto máis que o ano anterior. Estes datos enmárcanse no traballo desenvolvido pola Xunta e Ecoembes (organización sen ánimo de lucro que coordina a reciclaxe dos envases domésticos en todo o país) para mellorar o depósito, recollida e posterior recuperación deste tipo de residuos no conxunto da comunidade galega. En 2023 en Galicia recuperáronse 73.687 toneladas (Tn) de envases de orixe doméstica (37.640 Tn de envases plásticos, 23.781 Tn de papel-cartón, 11.566 Tn de envases metálicos e 700 Tn de recipientes de madeira).
Foto de la tercera plana (doazons.jpg) A directora da Axencia Galega de Doazón de Sangue, Órganos e Tecidos, ADOS, Marisa López, salientou que o pasado ano se rexistraron en Galicia 103.525 doazóns de sangue, das que 9.564 se corresponden a persoas que doaron por primeira vez. Estes bos resultados, que foron expostos pola directora na Comisión 5ª de Sanidade do Parlamento de Galicia, sitúan Galicia entre as comunidades máis solidarias. Este número de doazóns permitiu dar resposta e garantir o abastecemento de hemoderivados de todos os centros hospitalarios de Galicia, en todo momento, e de xeito ininterrompido.

Notas

A Asociación de amigos do Camiño de Santiago da provincia de Lugo que preside Ãngel Trabada, ven de celebrar o Día das Letras Galegas en Vietnam, sendo posiblemente os primeiros galegos que celebraron o día 17 esta efeméride. Eran as 5,30 da mañá en España (10,30 en Vietnam), estando o grupo lucense percorrendo a Bahía de Halong a bordo do Amanda Cruise, cando se xuntaron para contemplar a mensaxe audiovisual enviada desde Galicia polo xornalista Xulio Xiz, membro da Asociación.
Creada para impulsar a visibilidade dos creadores máis novos, o Festival de Cans seleccionou dez curtas para a súa sección Novas Camadas, das que cinco tiveron a súa orixe na UVigo. As curtas dos estudantes Juan Ares, Anxo González, Miguel Romero e Rebeca Tella e Daniel F. Filloy, xunto co traballo de fin de grao de Manu Sacoga optarán ao premio dunha sección dirixida a cineastas menores de 25 anos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES