Notas de prensa

A Consellería de Cultura presenta en Madrid o proxecto da Memoria Dixital de Galicia

A Xunta presentou o proxecto da Memoria Dixital de Galicia, unha iniciativa que trata de aplicar a innovación tecnolóxica a todo o ciclo de vida do patrimonio cultural, tanto material como inmaterial, consolidando o seu fondo dixitalizado e participar na confluencia de recursos dixitais no ámbito internacional. Falouse tamén da dixitalización de arquivos sonoros.

Lorenzo destacou na súa intervención que Galicia aposta “polo establecemento de sinerxías e modelos colaborativos entre entidades públicas, privadas e calquera axente con responsabilidade no patrimonio cultural para conseguir o meirande nivel de catalogación, preservación e difusión, con independencia da súa localización ou propiedade.” O secretario xeral de Cultura avanzou as liñas nas que xa se está traballando, como Galiciana, Biblioteca e Arquivo Dixital de Galicia ou actuacións vinculadas coa recolección e xeorreferenciación da toponimia galega. Así mesmo, anunciou a convocatoria, nos vindeiros meses, de axudas para a dixitalización de fondos das institucións implicadas nesta Memoria Dixital de Galicia.

Ano Europeo do Patrimonio

Na reunión, o director xeral das Industrias Culturais e do Libro do Ministerio de Educación e Cultura, Óscar Sáez, explicou as principais iniciativas que está a impulsar o Goberno do Estado para conmemorar a celebración do Ano Europeo do Patrimonio. A este respecto, Anxo Lorenzo tivo ocasión de avanzar a participación de Galicia neste proxecto, para o que a Consellería de Cultura e Educación está a planificar unha programación de máis de 300 actividades ao longo de 2018. Baixo o lema “Somos patrimonio”, as iniciativas impulsadas polo Goberno galego estarán dedicadas cada un dos meses deste ano a un aspecto concreto do patrimonio, como o documental e bibliográfico, a Ribeira Sacra, a candidatura a Patrimonio da Humanidade das Illas Cíes-Parque Nacional Illas Atlánticas, o patrimonio arqueolóxico ou os Camiños de Santiago, entre outros.

A orde do día da Comisión Sectorial tamén incluíu o trámite de audiencia da nova edición do Premio María Moliner, que na súa convocatoria de 2017 recoñeceu o labor desenvolvido a prol do fomento da lectura. Onte mesmo, a Biblioteca Pública Municipal de Verín recibía o galardón polo seu proxecto de voluntariado cultural con rapaces e rapazas, nos que son eles mesmos os encargados de difundir o hábito lector nun acto celebrado en Madrid e presidido polo ministro de Educación, Cultura e Deporte, Ãñigo Méndez de Vigo.

A revenda de entradas, a dixitalización de arquivos sonoros ou o depósito legal das publicacións en liña foron outros dos temas que centraron a reunión da Comisión Sectorial de Asuntos Culturais, un órgano de cooperación interterritorial que ten como finalidade a actuación coordinada en materia de cultura, o intercambio de información e a articulación da participación das CC.AA. en Europa, así como a coordinación dos poderes públicos na promoción, defensa e difusión da cultura.


Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2018-01-30

Actualidad

Foto del resto de noticias (arte-multiple-uvigo.jpg) A característica fundamental de artes gráficas como o gravado é a existencia dunha matriz a partir da que poden xerarse diferentes obras. Partindo dese elemento, a propia evolución da arte contemporánea e os avances tecnolóxicos transformaron nas últimas décadas a noción de arte múltiple, cara o que o grupo dx5 (Digital & Graphic Art Research), da UVigo, denomina 'gráfica de campo expandido', concepto que tamén fai referencia a como a gráfica contemporánea abandona o seu carácter bidimensional para 'conquistar o espazo'. Para afondar nestas ideas, o grupo promove o VIII Foro Internacional de Creación na Fronteira 'O múltiple que ocupa o espazo', con tres exposicións, conferencias e intervencións no espazo público.
Foto de la tercera plana (praias-05.jpg) Galicia contará este ano cun total de 114 praias pertencentes a 35 municipios galardoadas coa bandeira azul, un distintivo de carácter internacional co que a Asociación de educación ambiental e do consumidor recoñece a areais de todo o mundo seleccionados en base a rigorosos criterios de sustentabilidade, accesibilidade e servizos. Galicia concentra case unha de cada cinco bandeiras concedidas en España (638) e consolida a súa posición entre as tres comunidades que reciben un maior número de distintivos para as súas praias, xunto con Valencia (que suma 138) e Andalucía (130).

Notas

Galiciencia, a maior feira científica que se celebra na nosa comunidade, arrancaba esta mañá no Parque Tecnolóxico de Galicia baixo o lema “Mellor, de Madeira” e prolongarase ata o venres. O seu obxectivo é espertar as vocacións científicas entre o alumnado de Primaria, Secundaria, Educación Especial, FP e Bacharelato.
Corufest, o festival de artes escénicas pola diversidade afectivo sexual, inaugura este xoves 9 de maio a súa sétima edición cunha completa programación de actividades culturais e artísticas que achegarán ata o próximo 19 de maio á cidade da Coruña a figuras emerxentes e referentes das artes escénicas e do activismo cultural LGTBIQ+ do panorama galego, nacional e internacional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES