Constituída DIME-Lab, a primeira spin-off de Ciencias da Educación na USC
O grupo de investigación Stellae lidera unha nova empresa de desenvolvemento e análise de medio educativos a través da constitución da spin-off DIMElab. Parte da experiencia do grupo ao longo de máis de 20 anos de experiencia en formación e desenvolvemento profesional, organización educativa, inclusión socioeducativa, materiais didácticos e tecnoloxía educativa.
DIMElab ofrecerá servizos de asesoramento pedagóxico a institucións educativas e empresas de tecnoloxía, e desenvolve todo tipo de recursos didácticos entre os que se inclúen os denominados serious games (xogos serios para educación e formación). Tamén destaca a realización de probas ou análises de produtos didácticos para tentar garantir que os materiais deseñados para a educación sigan certos estándares de calidade pedagóxica.
O obxecto desta nova spin-off xorde tras o traballo de Stellae coa Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento da USC (AVTE) que axudou a transferir os resultados de investigación do grupo ao mercado e ante as necesidades sociais detectadas na actualidade. Neste senso, o grupo considera que o sector educativo e profesional está inmerso nun proceso de transformación onde é necesario o desenvolvemento de novos medios educativos, ademais da necesaria formación en competencias dixitais da sociedade en xeral ou a necesaria actualización do profesorado en metodoloxías activas superando ou complementando ás tradicionais e a crecente demanda de serious games para centros educativos, institucións e empresas.
A empresa, con sede no edificio Emprendia en Campus Vida, constitúena na actualidade preto de dez persoas, entre socios/as, xerencia e persoal con demostrada experiencia profesional no sector da educación e da tecnoloxía.
Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC), 2018-01-30
Actualidad
O equipo, eminentemente galego e cunha moi alta porcentaxe feminina, está a filmar en distintas localizacións das provincias da Coruña e Lugo, a través das que se reconstrúe o nacemento e a evolución da mítica fábrica de cerámica, que se deu en chamar a Bauhaus galega polas cores, formas e deseños vangardistas das súas creacións. Ao tempo, contarase tamén a historia de Galicia a través do seu deseño, cos seus elementos diferenciais e de calidade no centro do discurso. Outros dos escenarios polos que discorrerá Hoxe e o resto do mundo son Cervo (Lugo), onde comeza esta historia a primeiros do século XIX, Sada (A Coruña) e Santiago de Compostela, ademais doutros espazos da cidade herculina.
O CDG celebra os 40 anos da súa fundación desenvolvendo unha intensa programación que estende a súa actividade á produción e participación en 15 espectáculos e proxectos escénicos, a máis de 100 concellos de toda a Comunidade e á colaboración con entidades dunha decena de países en Europa e América. En palabras de Román Rodríguez, conselleiro de Cultura, a unidade teatral continuará avanzando nunhas liñas mestras que, desde o respecto ao pasado, poñen o foco en novas vías de encontro coa cidadanía, na accesibilidade, na proxección exterior ou na creación galega.
Notas
A Facultade de Química será entre os días 3 e 6 de setembro a sede do XI Congreso Internacional de Nanociencia e Nanotecnoloxía Analítica (XI NyNA 2024). O encontro está organizado polo grupo de investigación de Elementos Traza, Espectroscopía e Especiación (GETEE) e o Instituto de Materiais (iMATUS) da USC coa colaboración do Grupo Especializado en Ciencia e Tecnoloxías (Bio) Analíticas da Real Sociedade Española de Química (RSEQ).
Os vindeiros 9, 10 e 11 de abril celébrase na Universidade da Coruña o primeiro congreso IA & Hospitality, un espazo onde se analizará a relación presente e futura entre a Intelixencia Artificial e o turismo, un dos principais motores económicos do noso país. O programa do congreso, que terá lugar no Paraninfo da UDC, inclúe oito mesas de debate nas que se tratará dende a experiencia do cliente ata a ciberseguridade e os destinos e a IA.