
Nota de prensa del Gabinete de En Marea:
Tralo compromiso asinado por todos os grupos da oposición no Parlamento de Galicia a favor da derrogación da LOMCE (Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa) e pola paralización dos recortes no ensino público, os deputadas e deputados de En Marea adhírense a estes reivindicacións da Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia e comprométense a traballar nesta dirección dende o Congreso dos Deputados. En Marea solicitará a derrogación da LOMCE e promoverá a apertura dun debate no que participen toda a comunidade educativa e que dea lugar a unha nova Lei de Educación de consenso que recupere o espazo e o financiamento roubados ao ensino público en favor das privatizacións e dos recortes.
Para En Marea é preciso un novo modelo educativo que, ademais de blindar o ensino público, garanta un ensino laico e de calidade, que sexa igualitario e que implique tamén ás nais e aos pais do alumnado. Tal e como recollía o programa electoral o ensino é a máis grande das inversión que pode facer a nosa sociedade e queremos protexelo. Para iso cómpre un financiamento público garantido por lei que asegure un sistema de bolsas e acceso a materiais didáticos para que ninguén quede excluído do sistema educativo en función da súa renda familiar.
O rexeitamento abrangue tamén o decreto 3+2, que pretende expulsar da Universidade aos fillos da clase traballadora e poñer fin a un dos maiores avances sociais das últimas décadas, a democratización no acceso a estudos superiores. En Marea reclamará tamén a retirada deste decreto que vende os títulos que demanda o mercado laboral a prezos inasumibles para as maiorías.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.