Noticias

Arranca la programación anual de Cinemas de Galicia con proyecciones en O Carballiño, Ortigueira y Allariz

La nueva cartelera arranca con la exhibición de los filmes Techo y comida, El clube de los incomprendidos y Nuestro último verano en Escocia. Agadic promueve este circuito de exhibición cinematográfica, junto con los ayuntamientos de las Pontes de García Rodríguez, Cariño, Celanova, Cedeira, Foz, O Grove y Verín.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

A actividade de Cinemas de Galicia, o circuíto galego de exhibición cinematográfica promovido pola Consellería de Cultura e Educación a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), regresa para iniciar o seu primeiro período anual de programación no Carballiño, Ortigueira e Allariz.

A primeira proxección da nova carteleira empeza o venres 4 de marzo ás 22.30 horas no Auditorio Municipal do Carballiño con ‘Teito e comida’, o drama social de Juan Miguel del Castillo protagonizado por Natalia de Molina, actriz que obtivo un Goya pola esta interpretación na pasada edición destes premios. O sábado día 5, Cinemas de Galicia trasladarase ao Teatro da Beneficencia de Ortigueira para proxectar ás 19.30 horas ‘O clube dos incomprendidos’, película da produtora galega Bambú especialmente dirixida ao público xuvenil, que contou para a súa realización cunha subvención da Agadic. Pola súa banda, a Casa da Cultura de Allariz acollerá o domingo 6 de marzo a comedia dramática ‘O noso último verán en Escocia’, premio do público na Seminci de Valladolid de 2014, coprodución británica para a que a Agadic chegou a un acordo coa súa distribuidora en España para contribuír á súa dobraxe ao galego.

A programación continuará nas seguintes xornadas coa proxección de ‘A praia dos afogados’, o thriller de Gerardo Herrero baseado na novela de Domingo Villar con Carmelo Gómez e Antonio Garrido nos papeis principais, o día 10 ás 20.00 horas no Auditorio Municipal Ilduara de Celanova, o día 11 ás 21.00 horas no Cine Alovi das Pontes de García Rodríguez e o día 12 ás 20 horas no Auditorio Municipal de Cariño.

Estas serán as primeiras citas do calendario de 2016 de Cinemas de Galicia, que se prolongará ata finais de xuño e retomará a súa actividade despois do verán para ofrecer unha segunda quenda de proxeccións ata o mes de decembro.

Nesta terceira edición, Cinemas de Galicia mantén o mesmo dobre obxectivo co que botou a andar como experiencia piloto en 2014: incrementar o número de salas cinematográficas da Comunidade e ofrecerlles novas posibilidades de distribución aos filmes galegos que se atopan en fase de explotación comercial. Ao tempo, o circuíto contribúe a fomentar o hábito de ver cinema en pantalla grande, funcionando como complemento á actual oferta das salas comerciais, así como ao labor de difusión e de creación de públicos que tamén desenvolven os diferentes cineclubes galegos.

Neste sentido, os programadores dos 10 municipios participantes son quen compoñen cada programación local, a partir dunha nova versión do catálogo de películas dispoñibles confeccionado pola Agadic e coa condición de dedicarlle ao cinema galego cando menos a metade da súa selección. A oferta deste ano conta cun total de 37 títulos: 29 producións con participación galega e oito destacados filmes do actual panorama cinematográfico español e europeo.

As películas galegas desta escolma son: '9 ondas', 'A árbore magnética', 'A arca de Noé', 'A cicatriz blanca', 'A praia dos afogados', 'A Tropa de Trapo na selva do arco da vella', 'A viaxe de Leslie', 'A viaxe dos Chévere', 'Arraianos', 'As altas presións', 'Costa da Morte', 'En todas as mans', 'Encallados', 'Funes, o inventor da Lúa', 'Inevitable', 'Lobos sucios', 'Maimiño e o espello máxico', 'Meigallos', 'Noite ¿de paz?. Holy Night!', 'O clube dos incomprendidos', 'O instante eterno', 'O ouro do tempo', 'O raio', 'Os días afogados', 'Os fenómenos', 'Os incribles', 'Piedad', 'Schimbare' e 'Torre de Breoghán'.

O cinema español e europeo está representado neste catálogo polas longametraxes 'Diplomacia', 'Loreak', 'Macbeth', 'O mundo segue', 'O noso último verán en Escocia', 'Phoenix', 'Rams (o val dos carneiros)' e 'Teito e comida'.

A programación actualizada, o catálogo de 2016 e as fichas das películas están dispoñibles para a súa consulta no web: www.agadic.info/cinemasdegalicia

R., 2016-03-03

Actualidad

Foto del resto de noticias (museo_do_pobo_galego_2.jpg) Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Foto de la tercera plana (cdc-00.jpg) Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.

Notas

O concerto de Sofía Ros na Casa do Saber do Campus de Lugo este luns, 26 de outubro, ás 20.15 horas, abre unha nova semana ateigada de citas culturais na USC. Música, diversos faladoiros, así como proxeccións audiovisuais integrarán os vindeiros eventos do Outono Cultural. Ese mesmo 26 de outubr,o no Pazo de Montenegro, a partir das 17.30 horas, desenvolverase o primeiro dos encontros 'Memoria democrática'. María Valcárcel, profesora da USC e periodista cultural, é a persoa coidadora deste proxecto. O acceso require inscrición previa.
A música folk será neste 2026 a gran protagonista do ciclo Música para reCREAr, que a Vicerreitoría do campus promove coa colaboración do Concello de Pontevedra, ao abeiro dun convenio de colaboración. Esta programación botará a andar este xoves 29 de outubro, ás 20.30 horas, no Pazo da Cultura, cunha actuación do grupo Caldo, mentres que o 12 de novembro, á mesma hora, poderá coñecerse o proxecto musical do dúo Abril.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES