Noticias

La USC reduce de 76 a 50 el número de departamentos en sus facultades

Dentro del plan de reestructuración de la USC, el Consello de Goberno de la institución aprobó la reducción de los departamentos operativos de 76 a 50. El acuerdo se adoptó en una reunión en torno a la que se concentraron dos protestas: la de los catedráticos acreditados que piden plaza y la de los alumnos de Magisterio, Filosofía y Educación Social.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de la USC:

O Consello de Goberno da USC aprobou en sesión extraordinaria a reorganización da súa estrutura departamental na busca dunha maior optimización dos recursos para incrementar a eficacia na xestión administrativa. Deste xeito, dos 76 departamentos cos que contaba a USC pásase a 50, o que significa unha redución do 35% e do capítulo de gastos dos orzamentos da USC nuns 200.000 euros. Esta reestruturación non supón redución do actual cadro de persoal, nin docente nin de administración e servizos.

A decisión do Consello de Goberno pon fin a un proceso de traballo iniciado a finais do pasado ano que dá continuidade a un acordo previo do Claustro que xa acordara no mes de xuño elevar a 20 o número mínimo de docentes necesarios para configurar un departamento. Aquel acordo, non obstante, consideraba a posibilidade de excepcionalidades que atenderían á agrupación coherente de áreas ou outras circunstancias académicas que poidan concorrer.

O reitor valorou positivamente a decisión do Consello de Goberno por ser un paso máis na consecución dunha administración universitaria “máis áxil e eficaz á vez que se optimizan ao máximo os recursos dos que dispoñemos”.

Os departamentos que se suprimen son os de Álxebra; Xeometría e Topoloxía; Análise Matemática; Estatística e Investigación Operativa; Anatomía e Produción Animal; Ciencias Clínicas Veterinarias; Ciencia Política e da Administración; Socioloxía; Psicoloxía Organizacional, Xurídico-Forense e Metodoloxía das Ciencias do Comportamento; Didáctica da Expresión Musical, Plástica e Corporal; Didáctica das Ciencias Experimentais; Didáctica da Lingua e a Literatura e das Ciencias Sociais; Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica; Farmacoloxía; Fisioloxía Vexetal; Bioloxía Celular e Ecoloxía; Filoloxía Francesa e Italiana; Latín e Grego; Lóxica e Filosofía Moral; Filosofía e Antropoloxía Social; Xenética; Zooloxía e Antropoloxía Física; Anatomía Patolóxica e Ciencias Forenses; Obstetricia e Xinecoloxía; Pediatría; Cirurxía; Dermatoloxía e Otorrinolaringoloxía; Estomatoloxía; Didáctica e Organización Escolar; Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación; Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social; Historia Contemporánea e de América; Historia I; Historia Medieval e Moderna; Dereito Mercantil e do Traballo; Lingua Española; Historia e Institucións Económicas; Física da Materia Condensada; Enfermaría; e Medicina.

Os que se crean son os de Matemáticas; Análise Matemática, Estatística e Optimización; Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias; Ciencia Política e Socioloxía; Didácticas Aplicadas; Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica; Bioloxía Funcional; Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana; Filosofía e Antropoloxía; Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física; Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica, Xinecoloxía e Obstetricia e Pediatría; Especialidades Médico-Cirúrxicas; Pedagoxía e Didáctica; e Historia.

A xuntanza do Consello de Goberno interrompeuse pola intervención dunha representación de profesorado acreditado a cátedra, en nome de quen interveu Carlos Pereira Menaut para esixir da Reitoría a convocatoria dun mínimo de 50 prazas “mantendo o número en sucesivos anos ata que se normalice a situación” dos máis de 150 docentes que na USC teñen acadado a necesaria acreditación.

Fotografía: http://xornal.usc.es/export/sites/default/xornal/acontece/imaxes/2016_03/D5BZ3718X.jpg

R., 2016-03-01

Actualidad

Foto del resto de noticias (cgac-2021.jpg) Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée d’Art Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
Foto de la tercera plana (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.

Notas

Desde o ano 2022 e financiado polo International Space Science Institute, un equipo internacional liderado polo físico da UVigo Juan Antonio Añel estuda os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. O equipo acaba de realizar unha xuntanza na sede do ISSI en Berna (Suíza).
As chuvias que recibimos no oeste da Península Ibérica dependen en boa medida do que sucede no Atlántico Norte. Un novo estudo liderado pola investigadora do CICA da UDC Uxía Fernández-Pérez reconstrúe como cambiaron as precipitacións nesta rexión durante os últimos 11.000 anos e permite comprender mellor os mecanismos oceánicos e atmosféricos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES