Noticias

El Festival Escenas do Cambio pone la mirada en África y Brasil desde la Cidade da Cultura

Escenas del Cambio. Festival de Invierno de Teatro, Danza y Arte en Acción encara su segunda semana en el Gaiás centrado en África y Brasil, con creadores que proponen nuevos lenguajes. Faustin Linyekula, Bouchra Ouizguen, Radouan Mriziga o Lucía Russo y Marcela Levi ofrecen arte en acción, danza contemporánea y memoria. Incluye el estreno de la producción gallega "Insulto ao público".

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

Escenas do Cambio contará cunha nova estrea galega: ‘Insulto ao público’ o clásico de Peter Handke que Uxía Vaello e Borja Fernández poñen en mans de adolescentes.

O programa arranca con ‘Um Museu Vivo de Memórias Pequenas e Esquecidas’, unha obra de catro horas de duración e con cea incluída na que Joana Craveiro fai un repaso polos anos da dictadura portuguesa e a posterior Revolución, compoñendo un relato histórico a través das pequenas historias da xente do común.

Esta segunda semana de ‘Escenas do Cambio’ ofrece tamén o traballo que Gabino Rodríguez, da compañía Lagartijas tiradas al sol, realizou con catro actores galegos: Areta Bolado, Carolina Fernández, Diana Mera e Tito Asorey. Baixo o título ‘¿De qué otra cosa podríamos hablar?, os catro ofrecerán este xoves e venres unha conferencia-performántica na que sacar ese proxecto que levaban dentro.

A presenza galega será total este xoves, 4 de febreiro, xa que o Museo Centro Gaiás acollerá a estrea de ‘Ensaio amor’, da bailarina Nuria Sotelo; e ‘Insulto ao público’, de Uxía Fernández e Uxía Vaello. O clásico de Handke, que cumpre 50 anos, é depositado nas mans de rapaces de entre 14 e 18 anos, xa iniciados no teatro, para que se apropien del da maneira que queiran.

A danza máis contemporánea terá o seu oco este venres, con ‘Barrunto’ de Patricia Caballero; e ‘Mordedores’ de Marcela Levi, reflexión sobre o erotismo e a violencia, na que bailaríns brasileiros danzan mordéndose.

A presenza de África virá da man de Radouan Mriziga e a súa primeira creación: ‘55’, ‘Le Cargo’ de Faustin Liyenkula, na que mira a súa historia persoal á luz da historia rica e tumultuosa do seu Congo Natal; e a marroquí Bouchran Ouizguen que, no seu Ottof, cinco mulleres exploran sobre o escenario coas súas palabras e o seus corpos a cotidianidade que ten que ver cos seus dereitos.´

A segunda semana de ‘Escenas do Cambio’ péchase o domingo coa peza ‘Ler e Bailar. Os Eidos’, na que Idoia Zabaleta e un grupo de bailaríns voluntarios subirán as sendas do Bosque de Galicia coreografiando pasaxes da obra de Uxío Novoneyra.

As entradas para Escenas do Cambio están xa a venda e poden adquirirse no Museo Centro Gaiás, nos puntos físicos de Ataquilla ou na páxina web www.ataquilla.com (+gastos de xestión). Toda a información sobre o festival e as entradas poden atoparse en www.cidadedacultura.gal ou www.escenasdocambio.org

R., 2016-02-03

Actualidad

Foto del resto de noticias (museo_do_pobo_galego_2.jpg) Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Foto de la tercera plana (cdc-00.jpg) Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.

Notas

O concerto de Sofía Ros na Casa do Saber do Campus de Lugo este luns, 26 de outubro, ás 20.15 horas, abre unha nova semana ateigada de citas culturais na USC. Música, diversos faladoiros, así como proxeccións audiovisuais integrarán os vindeiros eventos do Outono Cultural. Ese mesmo 26 de outubr,o no Pazo de Montenegro, a partir das 17.30 horas, desenvolverase o primeiro dos encontros 'Memoria democrática'. María Valcárcel, profesora da USC e periodista cultural, é a persoa coidadora deste proxecto. O acceso require inscrición previa.
A música folk será neste 2026 a gran protagonista do ciclo Música para reCREAr, que a Vicerreitoría do campus promove coa colaboración do Concello de Pontevedra, ao abeiro dun convenio de colaboración. Esta programación botará a andar este xoves 29 de outubro, ás 20.30 horas, no Pazo da Cultura, cunha actuación do grupo Caldo, mentres que o 12 de novembro, á mesma hora, poderá coñecerse o proxecto musical do dúo Abril.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES