
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación del Concello de Santiago de Compostela:
A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra; o director de Agadic, Jacobo Sutil, e Amparo Pérez, vicepresidenta de Cantigas e Agarimos, presentaron na Casa do Concello Balbino, o novo espectáculo da Agrupación Folclórica que se estrea no Auditorio de Galicia. Cantigas e Agarimos, grupo histórico dedicado á recuperación da cultura tradicional de Galicia, presenta este espectáculo dentro do circuíto DANZA3 do AGADIC e coa colaboración do Concello de Santiago de Compostela. Na recreación do escenario físico e cronolóxico participan importantes institucións artísticas de Compostela, como a EASD Mestre Mateo (en concreto o Departamento de Arquitectura Efémera) e a compañía de teatro Ditea.
As entradas teñen un prezo de 5 euros e poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal (que abre de martes a sábado de 18:00 a 21:00 horas), en entradas.abanca.com ou no 902 434 443 e tamén o propio día do espectáculo no despacho de billetes do Auditorio de Galicia.
Balbino conxuga baile e música como recursos obvios, así como outros non tan previsibles pero enormemente relevantes, que acompañan a un reparto de máis de 90 artistas para situar ao público no escenario vital dun neno de aldea, pero dende un punto de vista orixinal. A novela Memorias dun neno labrego, do recentemente finado Xosé Neira Vilas, serve como punto de partida para crear unha proposta multidisciplinar que medra ao longo das diferentes escenas que reflicten a sociedade galega de mediados do século XX: as clases sociais, o éxodo, os costumes ou a rebelión reprimida.
Coidado ao máximo nos detalles, cheo de contido e de sorpresas, Balbino emprega todas as expresións da identidade galega ao seu alcance para lanzar unha mensaxe sinxela pero moi poderosa sobre quen somos e cal é o noso patrimonio.
A Agrupación Folclórica "Cantigas e Agarimos" fundouse en Santiago de Compostela no ano 1921 por iniciativa de Bernardo del Río Parada, Salvador Cabeza de León, Enrique Sánchez Guerra e Camilo Díaz Baliño, sendo unha das agrupacións máis antigas dedicadas ao folclore galego. Dende a súa fundación, Cantigas e Agarimos estivo dedicada á recuperación, conservación e transmisión da cultura tradicional galega, traballando activamente na consolidación da identidade cultural de Galicia.
Na actualidade está composta por máis de 80 membros, distribuídos nas seguintes seccións: Coro, Baile, Pandeireta e Instrumental. Cantigas e Agarimos busca achegar ao público toda a bagaxe das tradicións que configuran o sentir do noso pobo, articulando un espectáculo de calidade, no que tenta trasladar no tempo ao espectador, levándoo nunha viaxe imaxinaria polas nosas raizames.
Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.