
La Cidade da Cultura y la compañía teatral alemana Rimini Protokoll seleccionan las once viviendas en Santiago de Compostela en las que tendrá lugar esta experiencia. Los interesados en abrir su casa a Europa pueden enviar un mail la [email protected].
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
A Cidade da Cultura aposta por levar o teatro contemporáneo a casas particulares a través da performance Europa na Casa da premiada compañía alemá Rimini Protokoll, unha das propostas estrela que se presentará na próxima edición de Escenas do Cambio, que comeza o 28 de xaneiro no Gaiás.
Co proxecto Europa na Casa, Rimini Protokoll avanza na súa idea do teatro-realidade e desta volta converte en escenario os salóns de domicilios particulares, nunha peza que vén representando por diferentes capitais europeas e na que se busca traducir a idea abstracta de Europa a escala individual, reflexionando sobre os efectos e consecuencias que este espazo político ten na vida de cada quen.
Para facelo, Rimini Protokoll está a seleccionar once casas particulares en Santiago, domicilios onde se levarán a cabo as funcións previstas no programa. Quince persoas se sentarán ao redor dun mesa sobre a que se despregará un mapa de Europa. Unha máquina formulará preguntas e retos que mudarán a relación dos asistentes con Europa. Todo acontecerá mentres un pastel se prepara no forno.
Os interesados en converterse en anfitrións ofrecendo a súa casa poderán facelo enviando un correo a [email protected]. Os que prefiran vivir esta experiencia como público poden mercar xa as entradas en www.escenasdocambio.org e o mesmo día da función recibirán un whatsapp e un mail no que se lles informará do punto exacto no que deben presentarse para participar. O aforo máximo por sesión é de 15 persoas.
Rimini Protokoll, liderada por Helgard Haug, Stefan Kaegi e Daniel Wetzel, leva traballando como un equipo dende o ano 2000. No foco do seu traballo está o desenvolvemento continuo das ferramentas do teatro para permitir perspectivas non usuais da nosa realidade. Europa na casa presenta unha serie de cuestións básicas sobre a participación, a autoría, a ocupación do espazo privado, e tamén sobre a hospitalidade e acollida como xesto humano fronte á barbarie. Unha lección de vida para estes tempos de migracións.
Fotografía: http://www.rimini-protokoll.de/website/de/project_6692.html#
Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.