
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
A Cidade da Cultura convida a maiores de 65 anos que o desexen a participar no Don Juan da compañía Voadora, unha das grandes propostas galegas que se estrearán para toda España na próxima edición do festival Escenas do Cambio que terá lugar a finais de xaneiro no Museo Centro Gaiás en Santiago de Compostela.
Voadora, unha das compañías galegas que está a obter maior recoñecemento da crítica en Galicia, no resto de España e en Portugal, presentará o seu Don Juan o 29 de xaneiro. Para protagonizar esta montaxe, a compañía de Marta Pazos, Hugo Torres e José Díaz busca estes días a persoas maiores de 65 años, que non precisan ter experiencia escénica, e que se atrevan a traballar nesta emotiva aventura, un proxecto que avanza na liña de traballo en comunidade e onde Voadora rompe de novos os códigos habituais do teatro.
Despois do éxito de súa versión contemporánea de A Tempestade de Shakespeare, Voadora toma como punto de inspiración para esta peza o Don Juan de Molière, personaxe símbolo do hedonismo e da paixón por vivir. A partir desta figura, preséntase unha obra en torno ao tempo e ao amor, que busca cuestionar os tópicos que rodean a Terceira Idade, presentándoa como un tempo improdutivo para o retiro.
Voadora, Premio da Crítica en Galicia no eido das Artes Escénicas no 2013, constrúe sobre un relato verdadeiro, emotivo e fermoso no que se compromete co principio de que nunca é tarde e nunca é cedo: sempre é o momento oportuno. Vivimos no occidente, un lugar onde se valora o novo, o rápido, a xuventude e a beleza. É deste xeito como se vive o amor no occidente, como se fósemos un restaurante de fast-food. Tal vez sexa hora de gozar dunha dose de slow food, asegura a compañía no texto de presentación deste espectáculo.
Os interesados poden enviar un correo electrónico ao enderezo [email protected] ou telefonear ao 653.278.678, onde recibirán toda a información necesaria.
Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.