Noticias

El festival Escenas do Cambio cruzará relatos del mundo y de Galicia con teatro, danza y arte

La capital de Galicia, Santiago de Compostela, recibe entre el 28 de enero y el 13 de febrero la segunda edición del festival Escenas do Cambio como un relato del mundo que pretende cruzarse con el relato propio de Galicia y la creación cultural gallega. 18 compañías de 10 países exhibirán mayoritariamente en la Cidade da Cultura una serie de espectáculos que tendrán como punto central del programa: Europa en casa.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria anunciou a segunda edición de ‘Escenas do Cambio. Festival de Inverno de Teatro, Danza e Arte en Acción’ que se celebrará na Cidade da Cultura do 28 de xaneiro ao 13 de febreiro e que traerá 18 compañías de 10 países, cunha presenza destacada de novos creadores galegos e unha ollada a África e América Latina.

Seguindo un dos eixes desta edición, o traballo coa comunidade; o festival presentouse nunha vivenda familiar de Santiago, nunha chiscadela ao que será un dos proxectos estrela do programa: ‘Europa en casa’ da compañía alemá Rimini Protokoll, que levará representacións a 11 casas de Santiago. A presentación contou co director artístico do festival, Pablo Fidalgo Lareo, acompañado pola directora-xerente da Fundación Cidade da Cultura, Beatriz González Loroño, e a directora de Acción Cultural, María Pereira Otero.

María Pereira anunciou que ‘Escenas do Cambio’ busca converterse nunha plataforma para dar a coñecer as artes escénicas galegas e establecer redes de colaboración con outros festivais de Europa. Así, avanzou que este ano achegaranse a Santiago programadores de oito países e fixo fincapé nas colaboracións co Festival Alkantara de Lisboa, o espazo de creación Azala ou o Festival BAD de Bilbao.

Co obxectivo de que ‘Escenas do Cambio’ sexa algo máis que un espazo para a exhibición, anunciou tamén que o programa inclúe tres coproducións da Cidade da Cultura e outros tres montaxes producidos especificamente para este festival. María Pereira agradeceu o apoio dos patrocinadores, lembrando que o cento por cento do custo do festival será sufragado coas aportacións das empresas que formaban parte da Fundación privada Gaiás.

En relación coas novidades, Pablo Fidalgo chamou a atención sobre o feito de que todas as pezas internacionais, agás ‘Cedric Andrieux’ de Jêrome Bel, serán estreas en España e haberá unha estrea mundial: ‘Tijuana (La democracia en México 1965-2015)’ de Lagartijas tiradas al sol, unha das compañías máis relevantes da escena mexicana.

Fidalgo avanzou que, entre as tres producións site specific, estará a de Uxía Vaello e Borja Fernández con ‘Insultos ao público’ de Peter Handke, un dos grandes dramaturgos europeos, reiteradamente proposto ao Nobel. Nesta peza, da que se cumpren 50 anos, traballarase cun grupo de adolescentes, avanzando na liña de traballo coa comunidade.

Outra das producións específicas será o paseo-lectura de Idoia Zabaleta de ‘Os Eidos’ de Uxío Novoneyra, que convidará a subir desde Santiago ao Gaiás bailando e recitando versos do poeta do Courel. O terceiro traballo site specific será o de Voadora, que estreará en España o seu ‘Don Juan’, un traballo no que se subirá ao escenario maiores sen experiencia.

O festival contará con tres coproducións: ‘Ensaio amor’ da galega Nuria Sotelo; ‘Barrunto’ de Patricia Caballero e ‘Si pudiera hablar de esto no haría esto’ da bailarina galega Janet Novás. Fidalgo chamou a atención sobre Novás, bailarina que traballa para os mellores coreógrafos en España, sempre vinculada á Galicia e que terá un especial protagonismo no festival de 2016.

Outro dos grandes nomes no ámbito da danza será Rocío Molina, unha das bailaoras que está a levar a cabo o flamenco máis experimental. A presenza de África virá da man de Bouchran Ouizguen, Radouan Mriziga, Faustin Liyenkula, Marlene Monteiro, Cecilia Bengolea o François Chaignaud. Fidalgo adiantou a peza ‘Mordedores’ de Marcela Levi, reflexión sobre o erotismo e a violencia, na que bailaríns brasileiros danzan mordéndose.

A escena internacional complétase con traballos ligados á memoria, como o da Joana Craveiro sobre a historia de Portugal, obra de longa duración na que se servirá a cea ao público. O coreógrafo e bailarín de Israel Arkadi Zaides presentará ‘Archive’, unha reflexión sobre os dereitos humanos no conflito entre Israel e Palestina.

O festival ofrecerá espazos para a reflexión, o debate e a formación, con figuras como a politóloga belga Chantal Mouffe, unha das pensadoras que mellor están a analizar os cambios sociais que están a acontecer en Europa. Xunta a ela, Oliver Laxe, Isabel de Naverán, Stefan Kaegi ou Luisa Pardo completarán as conferencias-obradoiro.

‘Escenas do Cambio’ iniciará en 2016 a súa andaina internacional na Feira do Libro de Bos Aires, que o próximo ano se dedicará á cidade de Santiago de Compostela e que, na súa programación cultural, contará con catro espectáculo deste festival.

As entradas para Escenas do Cambio están xa a venda e poden adquirirse no Museo Centro Gaiás, nos puntos físicos de Ataquilla ou na páxina web www.ataquilla.com. Toda a información sobre o festival e as entradas pode atoparse en en www.cidadedacultura.gal.

R., 2015-12-11

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-cuantica.jpg) CiberLabFP configúrase como un espazo de aprendizaxe, experimentación e desenvolvemento de competencias en contornos reais que integran tecnoloxías da información (IT) e de operación (OT) para así adaptar a Formación Profesional aos novos escenarios de transformación dixital. Entre as súas funcionalidades destacan a formación especializada do profesorado, a simulación de ciberataques e defensa en contornos virtuais, a análise forense industrial ou a validación de sistemas. Ademais, contará cunha estación móbil que permitirá levar a tecnoloxía a centros educativos e realizar demostracións en empresas e feiras.
Foto de la tercera plana (costa-litoral-illas-cies.jpg) Celebrouse hoxe a sesión constitutiva do Foro do Litoral de Galicia, que será o máximo órgano colexiado de consulta e participación do conxunto da sociedade co fin de optimizar a xestión e ordenación da costa galega. Nel están representadas a Administración autonómica e as locais así como os sectores social, científico, económico e medioambiental e as entidades implicadas na protección do patrimonio natural co fin último de garantir unha gobernanza que permita unha participación suficiente de todos os sectores da sociedade interesados no litoral. A constitución do foro facilitará a partir de agora facer un seguimento das normas, políticas e instrumentos do litoral.

Notas

Baixo o lema A inclusión no centro: perspectivas internacionais para o cambio institucional desenvolverase entre os días 4 e 8 de maio a International Staff Week 2026, unha iniciativa coa que a Vicerreitoría de Internacionalización persegue un triplo obxectivo: fortalecer as relacións internacionais da UVigo: explorar novas oportunidades de colaboración académica; e compartir boas prácticas en materia de mobilidade internacional.
Un estudo realizado por persoal investigador do grupo de Neurobioloxía Celular e Molecular da Enfermidade de Parkinson do Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da USC (CiMUS) e da Universidade de Cambridge, coa colaboración doutras institucións europeas como o Instituto Karolinska, propón unha nova forma de entender como se dana e se repara o cerebro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES