
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del Concello de Santiago de Compostela:
O alcalde de Santiago volveu expresar o seu respaldo e o do Goberno compostelán ás mobilizacións dos gandeiros galegos, que poñen en marcha unha nova campaña para reivindicar un prezo xusto para o leite. Por iso, Martiño Noriega acompañou hoxe nunha rolda de prensa no Pazo de Raxoi aos representantes da Plataforma en Defensa do Sector Lácteo Galego. Óscar Pose (Unións Agrarias), Anxo Escariz (Organización de Produtores de Leite) e Tomás Díaz (Organización Rural Galega) deron conta do calendario de mobilizacións que van levar a cabo nas próximas xornadas.
A Plataforma en Defensa do Sector Lácteo quere que os consumidores coñezan cal é a situación real que atravesa o sector. Por iso, hoxe estivo repartindo folletos informativos diante do Centro Comercial As Cancelas, no que se sinala que os gandeiros seguen percibindo unha media de 28 céntimos de euro por litro de leite, unha cifra que se sitúa por debaixo dos custos de produción. Iso é así, explican dende a Plataforma, "malia o acordo asinado hai dous meses en Madrid, e malia a que os consumidores están pagando algúns céntimos máis polo leite que compran, unha suba que non se lle trasladou aos produtores".
Os representantes da Plataforma confían en que as administracións directamente implicadas no conflito do leite teñan en conta as súas reivindicacións. De non ser así, non descartan novas mobilizacións, que irían dende boicots ás distribuidoras que seguen mantendo as súas condicións abusivas para os gandeiros ata novas tractoradas.
Ademáis de en Santiago, a Plataforma en Defensa do Sector Lácteo prevé presentar as súas accións reivindicativas nos concellos da Coruña, Ferrol, Pontevedra, Vigo e Lugo.
Fotografía: archivo.
O Festaclown volve a converter Vilagarcía de Arousa nun dos puntos de referencia do circo e das artes de rúa en Galicia, entre o 17 ao 22 de agosto, cunha programación que nesta edición reforza especialmente a súa dimensión internacional e o seu compromiso coa inclusión. Compañías e artistas procedentes de Colombia, Arxentina e Australia compartirán cartel con destacadas formacións galegas e do resto do Estado nun programa para todos os públicos que se desenvolverá fundamentalmente ao aire libre en rúas, parques e prazas da cidade.