
O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, participou hoxe no Parque de Ravella na presentación desta nova edición do Festaclown, do que salientou que consegue achegar as artes escénicas ao conxunto da cidadanía sacándoas dos espazos convencionais, ao tempo que combina creación galega con propostas chegadas doutros territorios e culturas.
Neste senso, o representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude puxo en valor unha programación capaz de reunir diferentes xeracións arredor do circo contemporáneo e de facer do espazo público un lugar de encontro entre artistas e espectadores. Ademais, destacou igualmente a capacidade do festival para conciliar calidade artística, vocación popular e compromiso social, incorporando a diversidade e a inclusión non como elementos paralelos á programación, senón como parte da propia proposta artística.
Na súa intervención, Sutil lembrou que Festaclown é unha das máis de 3.600 propostas impulsadas pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude dentro da campaña de verán Para gustos, cultura, que leva actividades de música, artes escénicas e exposicións a máis de 200 localidades galegas.
Incremento na dotación aos festivais escénicos
O Festaclown é un dos 13 festivais profesionais de artes escénicas incluídos este ano nas subvencións da convocatoria da Xunta, que distribúe 290.000 euros entre encontros das catro provincias. En concreto, a cita vilagarcía recibe 13.875 euros nesta liña de apoio da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.
A dotación global desta convocatoria medrou un 3,5 % respecto de 2025, co obxectivo de contribuír á continuidade de festivais considerados estratéxicos tanto pola súa capacidade para dinamizar cultural e economicamente as súas contornas como pola súa contribución á proxección social das artes escénicas e, especificamente, da produción galega. Precisamente, Sutil enmarcou neste contexto a colaboración co Festaclown, destacando a importancia dunha rede de festivais profesionais que leva as artes escénicas a públicos e territorios diversos e amplía as oportunidades de exhibición para as compañías, ao tempo que xera actividade cultural e económica arredor das localidades nas que se desenvolve.
Circo desde Colombia, Arxentina e Australia
Un dos principais sinais de identidade da edición de 2026 será a súa apertura internacional. A programación arrancará o luns 17 de agosto ás 19.30 horas coa Fundación Tchyminigagua, chegada desde Bogotá, que percorrerá as rúas da cidade ata a Praza de Galicia con Acrocircus. A compañía colombiana conta con máis de catro décadas de traxectoria na construción dunha linguaxe teatral propia vinculada á transformación social e presentará unha proposta que combina teatro, acrobacia, clown, zancos, malabares e música en directo.
A presenza internacional continuará con Trotamundos, compañía arxentina asentada en Bilbao, que presentará Finito Infinito; a tamén arxentina Valeria Altmark, con Miss Elastic, e a australiana Maple Staplegun, quen levará ao festival Breaking Broken Dreams, unha proposta na que o hula hoop se transforma nunha ferramenta de comedia física e virtuosismo circense.
Xunto a elas, a programación incorpora propostas de diferentes puntos do Estado, entre as que se atopan Bot Project, coa súa proposta de trampolín acrobático Collage; Spinish Circo, coa barra rusa de Fins al cel; as acrobacias aéreas de Sue Moreno en 5.0; ou as propostas de Rojo Telón, Las Cossas Nostra, Mr. Vita, Adrián Conde e Z Teatro.
O certame consolídase como un espazo de exhibición para o sector profesional galego e de achegamento da cidadanía ás novas linguaxes escénicas. Teatro de Ningures abrirá a programación o xoves 15 no Teatro Principal coa estrea absoluta de Thelma e Lola. Tamén presentará por primeira vez a súa nova proposta Arun Run, que levará Inorganic ás rúas de Ourense os días 17, 18, 23, 24 e 25. Pola súa banda, a iniciativa 67 Graos Ourense Fervescénica dará a coñecer novas creacións o mércores 21 na Sala Emilia Pardo Bazán do Campus de Ourense. No apartado internacional, a compañía arxentina El Rayo Misterioso regresará ao festival con Todo terminará por Navidad.
Galicia comparte coas comunidades autónomas a súa Lei de Educación Dixital, unha normativa pioneira a nivel estatal que regulará por primeira vez o uso da IA no ensino. Faino no I foro europeo EducaIA que se celebrou en Santiago de Compostela coa participación de responsables educativos de dez comunidades autónomas, xunto con docentes e expertos na materia e a intervención por videoconferencia do director de Educación da OCDE, Andreas Schleicher.