Noticias

Pontevedra se prepara para acoger a principios de diciembre el 8º Culturgal

La Feria de las Industrias Culturales de Galicia, Culturgal 2015, se celebra en Pontevedra entre el 4 y el 6 de diciembre, según el calendario presentado por el responsable de Agadic. Una programación que incluye la instalación de un stand promocional de eventos del sector en Galicia como programas audiovisuales y escénicos, campañas de animación a la lectura o musicales como Womex 2016.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e o director da Agadic, Jacobo Sutil, participaron no acto de presentación da oitava edición de Culturgal, a Feira das Industrias Culturais de Galicia que se celebrará en Pontevedra os vindeiros 4, 5 e 6 de decembro co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. O representante do departamento de Cultura da Xunta –que estivo acompañado polo presidente de Culturgal, Manuel Bragado; polo director da Feira, Xosé Aldea; polo deputado provincial de Cultura, Xosé Leal; e pola concelleira de Cultura de Pontevedra, Anxos Riveiro– definiu esta feira como “un auténtico motor cultural” que se consolida ano tras ano, así como “un escaparate da nosa identidade”.

Neste sentido, salientou o “apoio decidido” e o compromiso da Consellería –a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic)– con este evento porque favorece o intercambio profesional, fomenta a participación de todos os públicos (con especial relevancia o infantil) e promove a dinamización creativa e económica arredor do sector cultural galego, un eido “que presenta grandes potencialidades para medrar no futuro”, segundo destacou o secretario xeral.

Co obxectivo de promover algúns proxectos postos en marcha dende a Consellería para dinamizar o sector das industrias culturais, o stand do departamento que dirixe Román Rodríguez achegará información sobre o programa Cinemas de Galicia, o mercado Galicia Escena Pro –que vén de celebrarse recentemente en Santiago–, as campañas de animación á lectura ou os traballos de dinamización lingüística que percorren gran parte dos concellos de Galicia.

Ademais, os visitantes atoparán información sobre a feira Womex 2016, que se volverá celebrar o ano que vén en Santiago tralo éxito acadado na edición de 2014, e tamén poderán descargar no stand a app da Axenda de Cultura de Galicia, unha aplicación móbil promovida pola Secretaría Xeral de Cultura, coa colaboración da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, que estará dispoñible nos próximos días.

Aínda que Culturgal está pensado para todos os públicos, o colectivo profesional conta cunha programación propia na que estará presente tamén a Consellería. Tal e como explicou Anxo Lorenzo durante a presentación, o seu departamento colabora nas xornadas organizadas pola asociación Escena Galega, así como en ‘Firma e Filme’, que se enmarca no programa que puxo en marcha a Consellería xunto coa Agapi (Asociación Galega de Produtoras Independentes) para fomentar as versións cinematográficas de obras da literatura galega.

Trátase dun encontro, en palabras do secretario xeral, “do maior calibre cultural”, onde se dan cita todo tipo de expresións artísticas, desde a música ou o cine ata o patrimonio arqueolóxico, a ciencia-ficción ou a gastronomía.

Fotografía: Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia

R., 2015-11-18

Actualidad

Foto del resto de noticias (museo_do_pobo_galego_2.jpg) Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Foto de la tercera plana (cdc-00.jpg) Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.

Notas

O concerto de Sofía Ros na Casa do Saber do Campus de Lugo este luns, 26 de outubro, ás 20.15 horas, abre unha nova semana ateigada de citas culturais na USC. Música, diversos faladoiros, así como proxeccións audiovisuais integrarán os vindeiros eventos do Outono Cultural. Ese mesmo 26 de outubr,o no Pazo de Montenegro, a partir das 17.30 horas, desenvolverase o primeiro dos encontros 'Memoria democrática'. María Valcárcel, profesora da USC e periodista cultural, é a persoa coidadora deste proxecto. O acceso require inscrición previa.
A música folk será neste 2026 a gran protagonista do ciclo Música para reCREAr, que a Vicerreitoría do campus promove coa colaboración do Concello de Pontevedra, ao abeiro dun convenio de colaboración. Esta programación botará a andar este xoves 29 de outubro, ás 20.30 horas, no Pazo da Cultura, cunha actuación do grupo Caldo, mentres que o 12 de novembro, á mesma hora, poderá coñecerse o proxecto musical do dúo Abril.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES