Noticias

El catálogo Films from Galicia 2016 ofrece una panorámica del audiovisual gallego con 57 títulos

El catálogo Films from Galicia es la publicación con la que se promoverá la producción cinematográfica y televisiva gallega en los principales mercados profesionales a nivel mundial. El volumen, con edición física y digital, se acompaña de un venidlo promocional a través del que también se busca difundir Galicia como escenario de rodaje, así como la calidad artística y técnica de nuestro sector audiovisual.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O XX Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF) foi o escenario da presentación do novo catálogo 'Films from Galicia' 2016, editado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria –a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic)– co obxectivo de promover a produción cinematográfica e televisiva galega nos principais mercados internacionais do sector.

Participaron nesta presentación o director da Agadic, Jacobo Sutil; a concelleira de Cultura de Ourense, Belén Iglesias, e a directora do OUFF, Nora Sola. Jacobo Sutil foi o encargado de debullar as principais características desta publicación, que reúne información dun total de 57 títulos de cinema e televisión e para a que se conta coa colaboración do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) a través do programa de promoción internacional do audiovisual galego que manteñen ambas as entidades.

'Films from Galicia' é precisamente a marca conxunta coa que a industria audiovisual galega se presenta cada ano en feiras tan relevantes como o MIPCOM, MIPTV e Marché du Filme de Cannes (Francia), o European Film Market da Berlinale ou Ventana Sur de Bos Aires. Como explicou o director da Agadic, en todos estes mercados distribúese o catálogo coas últimas producións galegas, de xeito que se reflicte unha “imaxe común orixinal, competitva e moderna”, ao tempo que se deixa testemuño da gran variedade da oferta galega tanto a nivel de temáticas como de xéneros ou de formatos. Búscase tamén difundir Galicia como escenario de rodaxe cun gran potencial paixasístico e patrimonial, así como dar conta da gran calidade artística e técnica dos profesionais que conforman o noso sector.

Na súa edición de 2016, 'Films from Galicia' mantén a súa estrutura orixinal en catro grandes bloques: 'Pics' para longametraxes de ficción, 'Toons' para diferentes formatos de animación, 'Docs' para os documentais e 'TV' para series, telefilmes e programas televisivos. Os títulos aquí recollidos son os achegados polas propias empresas produtoras tras a convocatoria pública posta en marcha pola Agadic e dirixida a todas as compañías do sector en Galicia.

Así, 'Pics' recolle 19 longas cinematográficas de ficción, entre as que atopamos filmes xa estreados como 'Lobos sucios', película inaugural deste OUFF; 'Pozoamargo', coprodución galego-mexicana que acaba de gañar o premio á mellor película na sección 'Nuevas Olas' do Festival de Cine Europeo de Sevilla; 'O descoñecido' ou 'A praia dos afogados', xunto con outras fitas xa rematadas e a piques de chegar ás pantallas, como 'Migas de pan', 'María e os demais' ou 'As mimosas', e outras cinco en diferentes fases dos procesos de preprodución e produción ('Toro', 'Semana grande', 'A visitante', 'Sicixia' e 'A estación'). Todos os títulos acompáñanse da súa correspondente ficha informativa, reunindo destacados nomes do noso audiovisual non só a nivel de dirección (Simón Casal, Dani de la Torre, Anxos Fazáns, Oliver Laxe, Álex Sampayo, Ángel Santos, Carlos Sedes, Ignacio Vilar e Alfonso Zarauza), senón tamén nos apartados de produción e interpretación, entre outros.

Pola súa banda, a sección de animación está integrada por sete fitas e proxectos: 'Meigallos', que se presentará o día 20 no festival ourensán; 'Psiconautas', 'Maimiño', 'Cocorico', 'Día de mortos', 'Memorias dun home en pixama' e 'Tutu!'. No caso dos documentais, 'Films from Galicia' recompila 19 producións e proxectos, entre os que atopamos propostas de moi diversas temáticas e facturas como 'Cociñando na fin do mundo', 'O tesouro de Corcoesto', 'Os días afogados', 'Unitarias' ou 'A viaxe de Leslie'.

Por último, nos produtos televisivos relaciónanse series e programas tan coñecidos do gran público como 'Serramoura', 'Luci', 'Padre Casares', 'Hospital Real', 'O códice' ou 'Casamos' xunto con outros que están a piques de iniciar a súa emisión ('Urxencia cero') e dous proxectos ('Os fillos do sol' e 'Hierro'), ata completar 12 títulos.

A edición deste 'Films from Galicia', en inglés e tanto en formato físico como en liña no web da Agadic, refórzase cun vídeo promocional baixo a mesma marca, a través do que tamén se ofrece a imaxe dunha industria puxante e aberta ao mundo, pero sen renunciar –tal e como expresou o director da Agadic– ao compromiso de difusión da nosa cultura. Esta visión conxunta do sector audiovisual galego complementarase coa publicación do catálogo 'Shorts from Galicia' 2016, dedicado especificamente a promover as curtametraxes e para o que a Agadic abrirá proximamente a convocatoria de recepción de novos traballos.

Catálogo en liña: http://www.agadic.info/temas/agadic/gfx/publicacion/FFG16.pdf
Vídeo en YouTube: https://www.youtube.com/watch?v=B0ic1ptEn7w

Fotografía: Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia

R., 2015-11-17

Actualidad

Foto del resto de noticias (museo_do_pobo_galego_2.jpg) Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Foto de la tercera plana (cdc-00.jpg) Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.

Notas

O concerto de Sofía Ros na Casa do Saber do Campus de Lugo este luns, 26 de outubro, ás 20.15 horas, abre unha nova semana ateigada de citas culturais na USC. Música, diversos faladoiros, así como proxeccións audiovisuais integrarán os vindeiros eventos do Outono Cultural. Ese mesmo 26 de outubr,o no Pazo de Montenegro, a partir das 17.30 horas, desenvolverase o primeiro dos encontros 'Memoria democrática'. María Valcárcel, profesora da USC e periodista cultural, é a persoa coidadora deste proxecto. O acceso require inscrición previa.
A música folk será neste 2026 a gran protagonista do ciclo Música para reCREAr, que a Vicerreitoría do campus promove coa colaboración do Concello de Pontevedra, ao abeiro dun convenio de colaboración. Esta programación botará a andar este xoves 29 de outubro, ás 20.30 horas, no Pazo da Cultura, cunha actuación do grupo Caldo, mentres que o 12 de novembro, á mesma hora, poderá coñecerse o proxecto musical do dúo Abril.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES