Noticias

La Plataforma de Víctimas del tren Alvia accidentado en Compostela acude a Bruselas para presentar sus reclamaciones

Víctimas del accidente del tren Alvia que descarriló en Santiago de Compostela en julio de 2013 exponen sus denuncias ante la Comisión Europea (CE). La agenda de encuentros celebrados en Bruselas, por iniciativa del BNG, incluyó una tensa reunión con el que fue ministro de Fomento, el socialista José Blanco, que aseguró desconocer la falta de ERTMS antes del accidente ferroviario.

La Asociación Plataforma Víctimas del Alvia 04155, que agrupa a familiares y damnificados del accidente de ese tren en 2013 en Santiago de Compostela, se reunió con responsables de la Comisión Europea (CE) para exponerles sus denuncias y tratar de "agilizarlas". "Estamos aquí por la falta de independencia y de rigor del ministerio de Fomento español y de Renfe-Adif, que han actuado como juez y parte, con lo que el Estado español ha hecho el ridículo ante las instituciones europeas", opinó el presidente de la plataforma, Jesús Domínguez, en declaraciones a la prensa.

Responsables en seguridad ferroviaria de la Unión Europea (UE) estudiarán el accidente de Angrois, según confirmó la Comisión de Transportes tras una reunión con representantes de las víctimas.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación del BNG:

A responsábel do BNG en Bruxelas, Ana Miranda, manifestou “a nosa satisfación polos resultados da ronda de traballo que estamos a manter en Bruxelas, xunto coas vítimas do Alvia representadas na Plataforma “Víctimas del Alvia 04155”, ao máis alto nivel en materia de Transporte e Seguridade Ferroviaria”.

Miranda destaca o feito de que “fosen recibidos polas máis altas instancias de Comisión Europea en materia ferroviaria e de seguridade. Tiveron a oportunidade de expór o sinistro do Alvia, as deficiencias e as carencias en seguranza ferroviaria, e de entregar documentación tanto a Olivier Onidi, Director Xeral de Seguridade Ferroviaria da Comisión Europea, como logo ao Presidente da Comisión de Transportes da Eurocámara”.

A responsábel do BNG en Bruxelas anunciou que a Comisión Europea comprometeuse a “estudar e analizar toda a documentación relativa ao sinistro e á cuestión dos fallos de seguridade e a continuar coa ronda traballo a primeiros do ano vindeiro, o 2016, co propósito de seguer a examinar todos os feitos”. Ana Miranda subliñou que se tratou dunha xunta “longa, de moitas horas, e onde predominaron as cuestións sobre unha das maiores catástrofes ferroviarias do estado español”.

O cal, remarcou Miranda, “contrasta vivamente coa lamentábel actitude do Goberno español que se negou a recibilos e a escoitalos, nunca lles deu a oportunidade dunha xunta oficial para abordar o accidente”. Neste sentido, lembra a negativa de PP e de PSOE á necesaria Comisión de Investigación, que “sempre bloquearon” e os obstáculos do Ministerio de Fomento para que se puidese “coñecer a verdade”.

Ana Miranda e representación da Asociación Víctimas del Alvia 04155, manterán unha reución co Secretariado da Comisión de Peticións do Parlamento Europeo, “a quen lle pediremos que se axilicen as denuncias presentadas hai un ano. Logo entrevistarémonos co Presidente da Comisión de Transporte da Eurocámara, unha cita moi importante porque pode promover que se investigue o sinistro”.

Ana Miranda puxo de manifestó nestes encontros “a circunstancia de que actualmente continuamos desprotexidos en seguranza ferroviaria. Viaxamos en Alvia entre Ourense e Santiago sen o dispositivo de seguridade máis avanzado, o ERTMS. De igual xeito que o Eixo Atlántico se puxo en funcionamento este ano sen contar con este sistema. Co cal a seguridade en materia ferroviaria en Galiza segue a ser cuestionábel cando o obxectivo debería ser reforzala a fin de evitar máis accidentes deste estilo”. Con esta ronda de contactos, salientou, “temos por obxectivo que se saiba a verdade, que se esclarezan os feitos e se depuren responsabilidades”.

Fotografía: https://www.facebook.com/plataformaafectadosalvia01455santiagodecompostela

R., 2015-11-17

Actualidad

Foto del resto de noticias (cgac-2021.jpg) Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée d’Art Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
Foto de la tercera plana (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.

Notas

Desde o ano 2022 e financiado polo International Space Science Institute, un equipo internacional liderado polo físico da UVigo Juan Antonio Añel estuda os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. O equipo acaba de realizar unha xuntanza na sede do ISSI en Berna (Suíza).
As chuvias que recibimos no oeste da Península Ibérica dependen en boa medida do que sucede no Atlántico Norte. Un novo estudo liderado pola investigadora do CICA da UDC Uxía Fernández-Pérez reconstrúe como cambiaron as precipitacións nesta rexión durante os últimos 11.000 anos e permite comprender mellor os mecanismos oceánicos e atmosféricos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES