Noticias

El Museo de la Cidade da Cultura muestra la obra del fotógrafo José Suárez

Un total de 200 instantáneas, algunas de ellas inéditas, profundizan en la singular visión del hombre y su huella que plasma el fotógrafo José Suárez en sus instantáneas. La muestra fotográfica que se exhibe en el Museo Gaiás de la Cidade da Cultura se completa con 150 objetos de la vida y obra de uno de los fotógrafos más importantes del siglo XX.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convida a descubrir a figura do fotógrafo galego José Suárez a través da nova exposición da Cidade da Cultura, que abriu as súas portas no Museo Centro Gaiás. ‘José Suárez. Uns ollos vivos que pensan’ preséntase como a maior exposición realizada ata o momento sobre o fotógrafo de Allariz, considerado un dos grandes nomes da fotografía do século XX.

A mostra, que pode visitarse de balde ata o 27 de marzo, reúne desde as súas imaxes máis icónicas ata series nunca antes expostas co obxectivo de resituar ao fotógrafo de Allariz no punto que lle corresponde na historia da fotografía de Galicia e España, así como estender ao gran público o amplo recoñecemento que obtivo en vida por parte de intelectuais como Miguel Unamuno, Rafael Alberti, Francisco Ayala, Luís Seoane ou Eduardo Blanco Amor.

‘José Suárez. Uns ollos vivos que pensan’ abriu as portas coa presenza dos comisarios, Xosé Luis Suárez Canal e Manuel Sendón, dous nomes de referencia no estudo e divulgación da fotografía galega; así como o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez; a directora-xerente da Fundación Cidade da Cultura, Beatriz González Loroño; e a directora de Acción Cultural, María Pereira.

Fotógrafo singular “José Suárez é un fotógrafo absolutamente singular dentro da fotografía histórica galega. As súas imaxes teñen unhas características moi definidas, que se manteñen durante toda a súa longa traxectoria fotográfica, produto dunha visión reflexiva, moi persoal, determinada por unha rica formación cultural, que lle dá un claro carácter de autor do que carecen xeralmente os fotógrafos profesionais históricos”.

Así definiu Xosé Luis Suárez Canal ao fotógrafo de Allariz, de quen destacou a introdución da vangardas na fotografía. Un aspecto no que incidiu Manuel Sendón, quen destacou como José Suárez se converte no primeiro fotógrafo consciente da súa autoría, que concibe a fotografía como arte. “Nunha época na que predominaban os fotógrafos por encarga e unha visión costumista da sociedade galega, Suárez revélase como un artista”, asegurou na presentación. Vida e obra ‘José Suárez. Uns ollos vivos que pensan’ conta cun total de 206 fotografías e, a diferenza doutras exposicións realizadas antes, exhibe tamén 150 obxectos persoais. Deste xeito, o visitante poderá comprender mellor a evolución creativa de José Suárez, achegándose á apaixonante biografía deste fotógrafo no seus viaxes por Arxentina, Uruguai, Chile ou Xapón e aos seus encontros con personaxes tan relevantes, como o cineasta Kurosawa.

A montaxe da exposición aumenta o seu atractivo xa que o deseño de Alfonso Penela, referencia da arquitectura galega contemporánea, emprega todos os recursos do Museo Centro Gaiás para potenciar a expresividade das imaxes en branco e negro de José Suárez. Así, un gran telón de 18 metros de altura serve de lenzo no que xorden as fotografías, como se dun positivado se tratase, acompañado dunha arquitectura efémera de cristal co que achegarse á parte máis privada do fotógrafo de Allariz. Patrocinio privado A mostra permanecerá aberta ata o 27 de marzo, de martes a domingo de 10 a 20 horas. A súa entrada é de balde e, como todas as actividades do programa cultural do Gaiás, estará financiada con cargo ás aportacións das empresas que formaban parte da Fundación privada Gaiás.

Co obxectivo de estender o coñecemento da obra de José Suárez fóra de Galicia, precisamente naquelas países onde viviu, a exposición ten prevista a súa itinerancia. O primeiro destino será Arxentina, con motivo da Feira do Libro de Bos Aires, dedicada a cidade de Santiago de Compostela na edición de 2016. Un artista no mundo da fotografía José Suárez (Allariz, 1902 – A Guarda, 1974) é unha das figuras máis interesantes e destacadas da fotografía galega do século XX. Nunha época na que predominaban os fotógrafos por encarga e unha visión costumista da sociedade galega, José Suárez revélase como un artista consciente da súa autoría. A súa obra reflexa unha gran preocupación humanista, incorporando novidades formais propias dos movementos de vangarda europeos como a Nova Visión ou a Nova Obxectividade. Na exposición do Museo Centro Gaiás, o visitante poderá contemplar series tan coñecidas e importantes como ‘Mariñeiros’, realizada a mediados dos anos 30 e que chegou a ser exposta en París ou Madrid; pero tamén as tomadas durante as súas viaxes a Xapón –unha primeira no 53 e unha posterior, aínda que menos destacada, nos anos 60-, ou das últimas que realizou na súa vida como ‘A Mancha’ (1965).

Visitas diarias e para escolares ‘José Suárez. Uns ollos vivos que pensan’ conta con visitas guiadas de balde: de martes a venres ás 18:30 horas e sábados e domingos ás 12:30 e ás 18:30 horas. Ademais, a Cidade da Cultura ten preparadas unhas visitas didácticas para escolares, nas que alumnos de todos os ciclos –desde Infantil a Bacharelato- poderán descubrir a figura de José Suárez, así como o inicio e a evolución da fotografía. Para facer máis atractiva a visita, o Museo Centro Gaiás contará cun laboratório fotográfico no que poder experimentar, así como diferentes obradoiros e actividades pedagóxicos. As visitas didácticas son de balde e participar só hai que contactar previamente a través do telefono 881 99 51 72 ou no mail visitasdidacticas@cidadedacultura.org.

Fotografía: Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia

R., 2015-11-13

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-cuantica.jpg) CiberLabFP configúrase como un espazo de aprendizaxe, experimentación e desenvolvemento de competencias en contornos reais que integran tecnoloxías da información (IT) e de operación (OT) para así adaptar a Formación Profesional aos novos escenarios de transformación dixital. Entre as súas funcionalidades destacan a formación especializada do profesorado, a simulación de ciberataques e defensa en contornos virtuais, a análise forense industrial ou a validación de sistemas. Ademais, contará cunha estación móbil que permitirá levar a tecnoloxía a centros educativos e realizar demostracións en empresas e feiras.
Foto de la tercera plana (costa-litoral-illas-cies.jpg) Celebrouse hoxe a sesión constitutiva do Foro do Litoral de Galicia, que será o máximo órgano colexiado de consulta e participación do conxunto da sociedade co fin de optimizar a xestión e ordenación da costa galega. Nel están representadas a Administración autonómica e as locais así como os sectores social, científico, económico e medioambiental e as entidades implicadas na protección do patrimonio natural co fin último de garantir unha gobernanza que permita unha participación suficiente de todos os sectores da sociedade interesados no litoral. A constitución do foro facilitará a partir de agora facer un seguimento das normas, políticas e instrumentos do litoral.

Notas

Baixo o lema A inclusión no centro: perspectivas internacionais para o cambio institucional desenvolverase entre os días 4 e 8 de maio a International Staff Week 2026, unha iniciativa coa que a Vicerreitoría de Internacionalización persegue un triplo obxectivo: fortalecer as relacións internacionais da UVigo: explorar novas oportunidades de colaboración académica; e compartir boas prácticas en materia de mobilidade internacional.
Un estudo realizado por persoal investigador do grupo de Neurobioloxía Celular e Molecular da Enfermidade de Parkinson do Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da USC (CiMUS) e da Universidade de Cambridge, coa colaboración doutras institucións europeas como o Instituto Karolinska, propón unha nova forma de entender como se dana e se repara o cerebro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES