Noticias

El 20º Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF) incorpora un foro de coproducción audiovisual con Portugal

La Consellería de Cultura y Educación apoya el evento con un convenio firmado a través de la Agadic y mediante la participación en el programa con los avances para 2016 de "Cines de Galicia" y "Films from Galicia". El encuentro, que se inaugura el 14 de noviembre con el estreno de "Lobos sucios", de Simón Casal, comprende nueve títulos en competición oficial y un apartado dedicado al audiovisual gallego.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria apoia a vixésima edición do Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF), que proxectará máis de 30 películas do 14 ao 22 de novembro en catro espazos da cidade e incorpora, entre outras novidades, un encontro de coprodución entre Galicia e Portugal organizado pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic).

Promovido polo Concello de Ourense co obxectivo de contribuír á difusión en Galicia do cinema actual de todas as nacionalidades e de dar visibilidade á produción audiovisual galega, o OUFF 2015 combina o labor de estímulo para a creación cinematográfica a través dunha competición oficial á que este ano concorren nove películas (‘Dark Horse’, ‘Teito e comida’, The Sinking of Sozopol’, ‘Brindgend’, ‘A vida despois’, ‘A noiva’, ‘Bambanti’, ‘O comezo do tempo’ e ‘A decisión de Julia’), con outras seccións paralelas destinadas ao recoñecemento do cinema galego, á presentación de filmes inéditos na nosa Comunidade ou á exhibición de documentais.

A programación, resultado da selección realizada entre máis de 400 propostas procedentes de 60 países, desenvolverase durante os nove días do festival nas dúas salas do Auditorio Municipal, no Teatro Principal, no Centro Cultural Marcos Valcárcel e na Sala José Ángel Valente.

O cinema galego tamén terá será protagonista no OUFF, con proxeccións de fitas como ‘Unitarias’, ‘A viaxe de Leslie’, ‘Meigallos‘ ou ‘Os días afogados’, ademais da estrea en Galicia de ‘Lobos sucios’. A película do realizador coruñés Simón Casal, que conta con subvención da Agadic, presentarase na gala de apertura do Festival de Cine de Ourense despois do seu paso polo prestixioso Festival Internacional de Mill Valley (California).

Dentro do apartado específico ‘Panorama Galicia’ proxectaranse outros nove títulos de produción galega ou relacionados con Galicia: ‘Sons do Entroido II’, ‘Fíos fóra’, ‘Buscando a Bill Viola’, ‘A Festa dos Maios’, ‘Chocolates Candelas’, ‘Homenaxe a José Luis Campos: Bemposta-Colombia’, ‘Level Up’, ‘Francisco Luis Bernández: un discurso porteño encol do idioma galego’ e ‘Zamarras negras‘.

A carteleira completa do festival foi presentada hoxe en Ourense nun acto que contou coa presenza do alcalde Jesús Vázquez Abad, da concelleira de Cultura Belén Iglesias, da directora do OUFF 2015, Nora Sola; e doutros organizadores e patrocinadores. Por parte da Consellería de Cultura e Educación interveu Jacobo Sutil, director da Agadic, entidade que presta apoio económico ao OUFF a través da sinatura dun convenio de colaboración.

O director da Agadic, que se referiu á cita cinematográfica ourensá como un evento de referencia no mapa galego de festivais audiovisuais, salientou que na presente edición de 2015, a liña de traballo emprendida co OUFF deu como resultado tres actividades concretas para a promoción audiovisual no marco deste evento. Así, o 20 de novembro terá lugar o I Encontro de Coprodución Audiovisual Portugal Galicia, organizado pola Agadic e o Instituto do Cinema e do Audiovisual de Portugal, no que participarán vinte de empresas produtoras e distribuidoras e canles televisións das dúas beiras do Miño na procura de futuros proxectos comúns.

O día 17 está previsto tamén dentro do OUFF o lanzamento do novo catálogo ‘Films from Galicia’, unha publicación con versións impresa e ‘online’ interactiva que recolle referencias das últimas longametraxes producidas en Galicia e que se utilizará como material de difusión nas principais feiras internacionais do sector ao longo do ano que vén.

A terceira das accións conxuntas entre a Agadic e o OUFF é a presentación dun avance de ‘Cinemas de Galicia’ para o 2016, o programa que a Xunta de Galicia organiza con varios concellos galegos para posibilitar a visión de películas en pantalla grande en localidades que non contan con salas comerciais. No marco desta colaboración proxectaranse o filme de animación ‘Meigallos’ e o documental ‘Os días afogados’ como avance da carteleira que conformará ‘Cinemas de Galicia’ para 2016.

Más información en: http://www.ouff.org/es/

R., 2015-11-09

Actualidad

Foto del resto de noticias (museo_do_pobo_galego_2.jpg) Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Foto de la tercera plana (cdc-00.jpg) Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.

Notas

O concerto de Sofía Ros na Casa do Saber do Campus de Lugo este luns, 26 de outubro, ás 20.15 horas, abre unha nova semana ateigada de citas culturais na USC. Música, diversos faladoiros, así como proxeccións audiovisuais integrarán os vindeiros eventos do Outono Cultural. Ese mesmo 26 de outubr,o no Pazo de Montenegro, a partir das 17.30 horas, desenvolverase o primeiro dos encontros 'Memoria democrática'. María Valcárcel, profesora da USC e periodista cultural, é a persoa coidadora deste proxecto. O acceso require inscrición previa.
A música folk será neste 2026 a gran protagonista do ciclo Música para reCREAr, que a Vicerreitoría do campus promove coa colaboración do Concello de Pontevedra, ao abeiro dun convenio de colaboración. Esta programación botará a andar este xoves 29 de outubro, ás 20.30 horas, no Pazo da Cultura, cunha actuación do grupo Caldo, mentres que o 12 de novembro, á mesma hora, poderá coñecerse o proxecto musical do dúo Abril.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES