Noticias

Cineuropa propone entre el 6 y el 29 de noviembre 300 películas en la capital de Galicia

Con un 60% menos de los fondos habituales, el director del 29ª Cineuropa, José Luis Losa, reconocía la dificultad de la organización de este evento cinematográfico en la capital gallega en la que se pondrán a disposición del público 300 filmes. El festival homenajea al director mexicano Arturo Ripstein y a un valor de la vanguardia del cine portugués y europeo, Miguel Gomes.

Nota de prensa del Gabinete del Concello de Santiago de Compostela:

O alcalde da cidade, Martiño Noriega, e o director de Cineuropa, José Luis Losa, presentaron a XXIX edición do festival, que se celebra do 6 ao 29 de novembro en cinco salas da cidade (Teatro Principal, Salón Teatro, CGAC, Sede Afundación e Auditorio de Galicia). Poderemos ver 158 películas na sección máis oficial, ás que hai que sumar 143 que se enmarcan no que denominamos como OFF-Cineuropa, para sumar 301 filmes.

Na sesión inaugural, do venres 6 de novembro ás 20:30 horas no Teatro Principal, poderemos ver a comedia francesa Le Nouveau, que se fixo co premio Novos Realizadores no Festival de Cine de San Sebastián. Pode consultarse toda a programación na nova web do festival: cineuropa.gal.

Cineuropa premia este ano ao director mexicano Arturo Ripstein, que conta con máis de medio século de traxectoria internacional, e ao portugués Miguel Gomes, un dos máis recoñecidos valores de vangarda do cinema portugués e europeo. Ademais, é de destacar tamén nesta edición a proxección o día 11 do filme Mediterranea, que se fará de forma simultánea en París, Bruxelas, Sevilla, Bucarest, Bratislava, Lisboa e Cork, ademais de en Compostela dentro dos Premios LUX do Parlamento Europeo e que confirman a dimensión internacional do festival.

Tamén é de relevancia a complicidade este ano coa asociación Hostalería Compostela, coa que Cineuropa se une para propoñer escapadas gastroculturais xuntando Cineuropa con Santiago(é)Tapas e que consistirá en descontos nas viaxes en Renfe e actividades de promoción conxuntas coa presentación dos dous eventos o vindeiro día 10 en Madrid no tren que sae cara Compostela como atractivo para o turismo cultural e gastronómico á nosa cidade.

En total serán 101 películas organizadas en Sección Oficial, Panorama Internacional, Maiores con Reparos, Docs-Cineuropa, Fantastique Compostela, Arturo Ripstein: Tributo e Retrospectiva, Retrospectiva Artur Brauner, Especial Dominik Graf, Lembranzas, Panorama Audiovisual Galego, Disidencias, Proxeccións Especiais e o Maratón. E a isto engadímoslle 145 filmes máis no apartado que denominamos OFF-Cineuropa, dentro do cal teremos as seccións Roxos e Marcianos: a Caza de Bruxas en Hollywood, Maratón Roxos e Marcianos, Arthur Miller Centenario, Ciclo Amos Kollek, Filmadas en 1965, Cineuropa recomenda-Cine de Culto e Docs Music.

Cineuropa brindará esta edición tres lembranzas: as dúas primeiras serán aos premios Cineuropa falecidos este ano, Manuel de Oliveira e Vicente Aranda, e a terceira aos multifacéticos creadores galegos Chichi Campos e Toñito Blanco, tan unidos a Compostela. Ademais, este ano teremos dous maratóns, un centrado no cinema norteamericano de ciencia ficción de serie B, onde os marcianos eran alter ego dos comunistas; e o xa tradicional maratón transgresor da última fin de semana, de preto de 12 horas, unha celebración profana do cinema que non ten equivalente en ningún outro festival internacional.

Trinta e cinco filmes europeos competirán polo Premio do Público, que decidirán os espectadores coas súas votacións, nunha edición na que o Panorama Internacional está dominado polo emerxente cinema latinoamericano e polos grandes mestres do cinema oriental. Poderemos ver as películas da temporada, de entre as que compre destacar do festival de Cannes Son of Saul, A lagosta, Mustang, Mia Madre, The assasin ou Chronic; do festival de Venecia teremos o León de Ouro Desde alá, ademais de Francofonía, Rabin, the last day ou La calle de la Amargura, do noso premiado deste ano, Arturo Ripstein. O Oso de Ouro de Berlín, Taxi Teheran, tamén está na programación, que deste festival trae así mesmo 45 years, El botón de Nácar, Victoria, Ixcanul, El Club e Eiseinstein en Guanajuato. Poderemos ver tamén o Leopardo de Ouro de Locarno, Right Now, Wrong Them, así como Cosmos e La academia de las musas, que tamén estiveron neste festival. Despois de pasar polo festival de Sitges chegan The Invitation, The Final Girls, Demon e The Gift, e de San Sebastián teremos a gañadora da Concha de Ouro, Sparrows, ademais de Sunset Songs.

Entre os directores europeos cuxa obra se verá este ano destacan Alexandr Sokurov, Nanni Moretti, Terence Davies, Arnaud Desplechin, Robert Guediguian, Matteo Garrone, Peter Greenaway, Joao Nicolau ou Andrezi Zulawski. Do cinema asiático poderemos ver o novo de Naomi Kawase, Hou-Hsiao-Hsien, Jia-Zhang-Ke, Apichapong Wheerasetakull, Kore-Eda ou Hong-Sang-Soo. E a puxanza latinoamericana, ademais da estrea do último de Ripstein e a súa presenza na cidade, estará exposta nas películas de Patricio Guzmán, Pablo Larrain, Michel Franco, Santiago Mitre, Jayro Bustamante e Lorenzo Vigas.

Únense a isto estreas absolutas en España de filmes chegados de México, Corea do Sur, Irán, Panamá, Portugal ou Estados Unidos. E teremos tamén cineastas que nos acompañarán presentando as súas películas, como José Luis Guerín (premio Cineuropa 2007) e Fernando Colomo, que presentarán os seus filmes La academia de las musas e Isla Bonita. Tamén terá unha presenza potente o audiovisual galego, como sucede cada ano. A liña de programación do festival, tan unida ao Novo Cinema Galego desde o seu nacemento reflíctese nesta edición nos novos traballos de Lois Patiño, Xacio Baño, Xurxo Chirro, Jaione Camborda ou Diana Toucedo.

NoticiaO cinema máis palpitante achega a denuncia na estrea en Galicia do documental Frankenstein-04155, sobre o accidente do Alvia, ou de filmes que se centran na traxedia dos refuxiados, coma Mediterranea ou Flotel Europa. Ademais, algunhas das máis grandes e laureadas películas da temporada son poderosas denuncias da violencia de xénero ou da opresión da muller como Paulina, Nahid, O incendio ou Mustang. Tamén hai forte presenza da memoria do pasado recente con exemplos como Invasión (do bombardeo norteamericano en Panamá); Rabin the last day (sobre a ruptura definitiva por Israel do diálogo con Palestina fai agora 20 anos); Unha xuventude alemá (que fala da insurxencia armada nos convulsos anos setenta, arredor da Baader-Meinhoff); da guerra iniciada en Afganistán en Tell Spring not to come last year; da situación marxinal dos últimos indios nativos nos Estados Unidos en Song my brother caught me ou o pase especial de Caudillo, de Basilio Martín Patino, o 20-N nos corenta anos da morte do ditador Franco.

As entradas mantéñense a un prezo de 4 euros que quedan en 3 se se merca o abono que ten un prezo de 30 euros e é válido para 10 películas. Ademais, co abono agasállase o catálogo do festival que se se merca solto ten un prezo de 2 euros. Poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal (aberto todos os días de 15:30 a 22:00 h en venda anticipada e ata 5 minutos antes de cada sesión na venta inmediata) ou en entradas.abanca.com, ademais de no 902 434 443. Só serán de pago uns 100 filmes, os das seccións Oficial, Panorama Internacional, Maiores con reparos, Docs-Cineuropa, Fantastique Compostela e Arturo Ripstein: Tributo e Retrospectiva. Para todas as demais seccións, unhas 200 películas, a entrada será libre ou de balde previa retirada de invitación.

Fotografía 1: Facebook
Fotografía 2: Gabinete del Concello de Santiago de Compostela

R., 2015-11-04

Actualidad

Foto del resto de noticias (festival.jpg) O festival desenvolverase no adro da sede da SGAE no parque de Vista Alegre, en Santiago de Compostela. O primeiro en ocupar o escenario será o rimador de Muros 9Louro, talento emerxente que segue a pegada doutros coñecidos grupos muradáns, como The Rapants ou Capital Voskov. Este mesmo ano lanzou o seu primeiro traballo discográfico, Nove noves, cunha variada mestura de funk, bachata, reguetón, trap e pop. A continuación, será a quenda da viguesa de ascendencia brasileira Lua de Santana. O dúo compostelán Boyanka Kostova pechará o festival Acento 2025 coa súa proposta retranqueira, na que o urbano e os sons máis contemporáneos conviven co tradicional.
Foto de la tercera plana (union-europea.jpg) O secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, Nicolás Vázquez, interveu na Conferencia da Alianza de Rexións Europeas con Industria da Automoción, onde defendeu a necesidade de que os fondos europeos que permiten apoiar os sectores industriais sigan sendo xestionados polas rexións. No encontro, celebrado no marco dos traballos para avanzar no Plan de Acción para o sector do automóbil que presentou a Comisión Europea en marzo, Nicolás Vázquez remarcou que Galicia é partidaria de que se manteña a descentralización dos fondos de cohesión.

Notas

Entre os anos 2016 e 2018, o experimento ANITA (Antarctic Impulsive Transient Antenna), unha rede de antenas montada en globo sobre a estratosfera da Antártida, detectou dous misteriosos sinais de emisión de radio que espertaron un grande interese na comunidade científica. Parecían proceder do interior da Terra, coma se a partícula que as producise tivese atravesado miles de quilómetros do subsolo sen interactuar con ningunha outra partícula.
O International Space Science Institute-ISSI acaba de prolongar dous anos máis o proxecto que desde o ano 2022 desenvolve un equipo internacional liderado polo físico da Universidade de Vigo Juan Antonio Añel que estuda os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES