
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del Concello de Santiago:
A adaptación feita por Josema Yuste e Alberto Papa-Fragomén da obra de Ray Cooney, Taxi, chegará a Compostela o venres 30 de outubro dentro da programación Teatro 2015 da Concellaría de Acción Cultural. As entradas teñen un prezo de 22 no patio de butacas A e anfiteatro 1; 20 no patio de butacas B e 18 no anfiteatro 2. Poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal (aberto de 18:00 a 21:00 horas, de martes a sábado e días do evento), no 902 434 443 ou en entradas.abanca.com.
Por dúas mulleres
sempre á carreira
O protagonista, taxista de profesión, está casado con dúas mulleres e vive con cada unha nun barrio diferente. Isto obrígao a levar unha planificación de horarios moi estrita e a facer verdadeiros xogos malabares para contentar a ambas. Está namorado das dúas e non quere perder ningunha.
Todo o seu plan vénse abaixo cando acaba por accidente no hospital e o seu nome aparece por partida dobre na comisaría de cada distrito e comeza o enredo. A máis exitosa comedia de Ray Cooney, Run for your wife, estreouse no West End londiniense en 1983 e permaneceu en cartel durante 12 anos interpretada polos máis populares cómicos británicos. Saltou a Broadway e contabilízanse máis de 500 producións en todo o mundo en máis de 30 linguas.
"Déixense seducir e crean no incrible desta historia, sen esquecer nunca que o incrible non supera moitas veces a realidade. Por iso Taxi é un vodevil realmente incrible
ou non
?" (Josema Yuste).
Fotografía: Gabinete de Comunicación del Concello de Santiago.
Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.