Noticias

Balletnorte estrena en la capital gallega la obra Atlántica, en coproducción con el CCG

Juan Miguel Hernández es el director de un elenco compuesto por 14 bailarines y bailarinas que, a partir de la música original de Ismael Berdei y del espacio audiovisual de Pixel Films, protagonizan Atlántica: una pieza de estilo neoclásico planteada en coproducción con el CCG como un homenaje a los poetas del Resurgimeinto que simboliza la relación especial de Galicia con el mar.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

A compañía galega de danza BalletNorte presenta o espectáculo Atlántica o mércores 21 e o xoves 22, os dous días ás 20:30 horas, no Salón Teatro de Santiago. A montaxe, realizada en coprodución co Centro Coreográfico e con dirección do coreógrafo Juan Miguel Hernández, rende unha homenaxe aos autores do Rexurdimento por medio da danza.

A peza, que conta con música orixinal do compositor Ismael Berdei e cun espazo audiovisual deseñado por Pixel Films, está interpretada por un elenco integrado por 14 bailaríns e bailarinas: Silvana Sestelo, Julia Méndez, Ailén Ramos, Juan M. Hernández, Miguel A. Ponte, Rosalía Vázquez, Iago Alonso, Dyron Valdés, Fernando Piñeiro, Noemi Trincado, Paula Ripol, Yolanda Pérez, Lidia González e Luisa Isabel Vázquez.

‘Atlántica’ chega deste xeito a Compostela despois da súa estrea o pasado 18 de setembro no Teatro Colón da Coruña e tralo seu paso por distintos escenarios galegos. As entradas para ver o espectáculo no Salón Teatro están á venda nas canles e horarios habituais; e sobre os descontos xa estipulados, aplícase adicionalmente o do Bono- Tarxeta Cultura Galega.

A proposta dunha recreación de estilo neoclásico, inspirada nos poetas do Rexurdimento literario galego e como homenaxe á súa achega á nosa cultura. A través dunha visión contemporánea, a obra busca facerlles partícipes aos espectadores de soidades, temores, amores e desamores, tomando como punto de partida un fragmento da novela de Manuel Murguía ‘La mujer de fuego’.

Ao tempo, o título ‘Atlántica’ fai referencia á importancia que o mar ten para Galicia, tanto como medio de vida como por ser vínculo entre culturas e nexo de unión co continente americano debido á emigración.

Durante o período de ensaios anterior á estrea, BalletNorte recibiu asistencia por parte do Centro Coreográfico Galego Galego da Consellería de Cultura, Educación e Educación Universitaria en canto a análise, asesoramento, planificación e viabilidade de estratexias, xestión, financiamento, comercialización e aspectos artísticos.

‘Atlántica’ é a primeira peza como coreógrafo de Juan Miguel Hernández e tamén a primeira produción de BalletNorte, compañía con sede na Coruña da que é titular Paloma Pérez Colomer. Está integrada por bailaríns e bailarinas de diferentes nacionalidades, aínda que a maior parte son de orixe galega. Todos eles posúen formación en danza clásica e contan con interpretacións neoclásicas e contemporáneas nas súas traxectorias.

Juan Miguel Hernández (Madrid, 1975) realizou estudos de danza en Madrid na Escola María de Ávila, no Real Conservatorio Profesional de Danza e na Escola de Víctor Ullate. Posúe unha ampla carreira como bailarín solista e de corpo de baile en pezas asinadas por creadores tan recoñecidos como Nacho Duato, Maurice Bêjart, William Forsythe, Hans van Manen ou Víctor Ullate. Nos últimos anos formou parte dos elencos de pezas do Centro Coreográfico Galego, como ‘Magnificat’, de Amaury Lebrun; ‘Honey Moon’, de Toni Fabre; ‘Aínda’, de Mercedes Suárez; ou ‘Full House’, de Johan Inger.

Fotografía: Manuel Lemos Fotografía (difundida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia)

R., 2015-10-20

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-cuantica.jpg) CiberLabFP configúrase como un espazo de aprendizaxe, experimentación e desenvolvemento de competencias en contornos reais que integran tecnoloxías da información (IT) e de operación (OT) para así adaptar a Formación Profesional aos novos escenarios de transformación dixital. Entre as súas funcionalidades destacan a formación especializada do profesorado, a simulación de ciberataques e defensa en contornos virtuais, a análise forense industrial ou a validación de sistemas. Ademais, contará cunha estación móbil que permitirá levar a tecnoloxía a centros educativos e realizar demostracións en empresas e feiras.
Foto de la tercera plana (costa-litoral-illas-cies.jpg) Celebrouse hoxe a sesión constitutiva do Foro do Litoral de Galicia, que será o máximo órgano colexiado de consulta e participación do conxunto da sociedade co fin de optimizar a xestión e ordenación da costa galega. Nel están representadas a Administración autonómica e as locais así como os sectores social, científico, económico e medioambiental e as entidades implicadas na protección do patrimonio natural co fin último de garantir unha gobernanza que permita unha participación suficiente de todos os sectores da sociedade interesados no litoral. A constitución do foro facilitará a partir de agora facer un seguimento das normas, políticas e instrumentos do litoral.

Notas

Baixo o lema A inclusión no centro: perspectivas internacionais para o cambio institucional desenvolverase entre os días 4 e 8 de maio a International Staff Week 2026, unha iniciativa coa que a Vicerreitoría de Internacionalización persegue un triplo obxectivo: fortalecer as relacións internacionais da UVigo: explorar novas oportunidades de colaboración académica; e compartir boas prácticas en materia de mobilidade internacional.
Un estudo realizado por persoal investigador do grupo de Neurobioloxía Celular e Molecular da Enfermidade de Parkinson do Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da USC (CiMUS) e da Universidade de Cambridge, coa colaboración doutras institucións europeas como o Instituto Karolinska, propón unha nova forma de entender como se dana e se repara o cerebro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES