Noticias

Womex regresa a la capital de Galicia entre el 19 y el 23 de octubre de 2016, tras el éxito cultural y económico de 2014

La feria internacional World Music Womex regresa a Santiago de Compostela en 2016, con la Cidade da Cultura como macro escenario para favorecer el intercambio y las posibilidades de negocio a distintos agentes culturales y musicales. Durante la presentación del nuevo evento se destacó el éxito cultural y económico que supuso para la capital de Galicia el de 2014.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

A Cidade da Cultura acolleu a presentación dun avance da programación do Womex 16 durante a que o Conselleiro de Cultura, Educación e Orde valorou que se trata dun “gran éxito” que Compostela sexa de novo a cidade elixida para acoller o maior evento internacional da música de raíz. Un feito polo que as distintas administracións e empresas organizadoras traballarán intensa e colaborativamente, pois “é algo importante para Santiago de Compostela, para Galicia, para a nosa promoción e difusión cultural e para a industria musical do país”, en palabras de Román Rodríguez.

Así mesmo, o conselleiro subliñou a percepción extraordinariamente positiva dos organizadores e participantes na edición de 2014, a constatación da rendibilidade do evento para a economía local, a súa importancia para o desenvolvemento dunha parte esencial da industria musical galega, e a calidade da oferta cultural que esta feira puxo o pasado ano, e porá no 2016, ao dispor do conxunto das galegas e galegos.

No acto participaron tamén o alcalde de Santiago de Compostela, Martiño Noriega; a directora xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, Beatriz González Loroño; e Francisco Viéitez, de Nordesía Producións, socia local da empresa organizadora –a compañía berlinesa Piranha Musik– para a promoción do evento en Galicia.

A Cidade vella de Santiago de Compostela (Patrimonio da Humanidade desde 1985) e a Cidade da Cultura de Galicia serán de novo, tal como xa acontecerá na edición de 2014, os privilexiados espazos onde se desenvolva a vixésimo segunda edición de Womex, a considerada maior feira mundial da música tradicional e de raíz, que terá lugar do 19 ao 23 de outubro do vindeiro ano.

Womex 16 estruturará a súa programación en dúas partes. Por un lado, DayWOMEX, que abarca a feira profesional e outras actividades complementarias celebraranse no Museo Centro Gaiás e no CINC da Cidade da Cultura. Ao seu abeiro ofreceranse conferencias, haberá sesións de ‘networking’, ‘mentoring’ ou proxeccións de cinema, entre outras actividades, que terán lugar no cumio do Monte Gaiás.

Por outro, NightWOMEX, que incluirá máis de 60 ‘showcases’ (concertos en pequeno formato) celebraranse en distintos espazos da Cidade Vella: na Praza da Quintana, no Auditorio de Galicia, no Auditorio Abanca, no Teatro Principal, no Salón Teatro e na Sala Capitol.

Ademais da importancia da volta á capital galega da feira, o conselleiro quixo salientar a presenza da música e as industrias musicais galegas no Womex Budapest 2015, que se celebra entre o 21 ao 25 de outubro. Para isto contarase cun pavillón promocional específico desde o que operarán seis compañías: Budiño/Lospregos, Jau, Mada Producións, Mare, Musicarte, Nordesía e Sons Galiza. Neste espazo compartirán protagonismo as transaccións realizadas baixo a marca promocional exterior común GalicianTunes, coa divulgación de Galicia, de Santiago de Compostela e da Cidade da Cultura como destinos do Womex 2016.

Cinco das empresas que participarán en Womex 2015 (Budiño, Jau®, Mare, Musicarte e Sons Galiza) desprázanse ademais á capital de Hungría co apoio da Consellería de Cultura a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic); ao seren beneficiarias dunha liña especial de subvencións convocada no pasado mes de xuño para favorecer a presenza galega neste evento de relevancia internacional.

Esta acción permite continuar o labor dos anos anteriores, nos que Galicia participou activamente nas edicións precedentes de Womex e, sobre todo, posibilita a secuencia de contacto para o negocio e a relación comercial dun xeito intensificado durante o trienio 2014-2016.

Así mesmo, en Budapest levaranse a cabo tamén unha presentación do avance da programación do Womex 2016 en Santiago de Compostela e un acto protocolario de transmisión de testemuño entre Hungría e Galicia.

A presenza da música galega no pavillón promocional en Hungría terá o seu apoio dixital na web de referencia www.galiciantunes.com. Esta plataforma web, que estará moi presente en Budapest, contén neste momento datos de 293 artistas e grupos, 807 vídeos musicais, 18 festivais galegos de música, 48 empresas do sector e 723 traballos discográficos (con información adicional sobre onde mercalos ou escoitalos).

Para esta nova misión comercial, www.galiciantunes.com estrea ademais unha redeseñada páxina de inicio, optimizada en seccións modulares para o seu acceso desde calquera tipo de dispositivo móbil, e que prima a información de actualidade relativa ao sector, así como os últimos lanzamentos discográficos.

A maior e máis práctica novidade da nova plataforma é, porén, a inclusión de listas musicais de reprodución que se van renovando tematicamente cada semana, e que nacen como unha nova forma de explorar e convidar a coñecer toda a música que se fai actualmente en Galicia. Trátase de listas de temas creadas nos perfís abertos en Spotify e Youtube, que xiran arredor de compilacións sobre os grandes grupos de estilos: jazz, pop, world music, etc.

R., 2015-10-19

Actualidad

Foto del resto de noticias (museo_do_pobo_galego_2.jpg) Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Foto de la tercera plana (cdc-00.jpg) Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.

Notas

O concerto de Sofía Ros na Casa do Saber do Campus de Lugo este luns, 26 de outubro, ás 20.15 horas, abre unha nova semana ateigada de citas culturais na USC. Música, diversos faladoiros, así como proxeccións audiovisuais integrarán os vindeiros eventos do Outono Cultural. Ese mesmo 26 de outubr,o no Pazo de Montenegro, a partir das 17.30 horas, desenvolverase o primeiro dos encontros 'Memoria democrática'. María Valcárcel, profesora da USC e periodista cultural, é a persoa coidadora deste proxecto. O acceso require inscrición previa.
A música folk será neste 2026 a gran protagonista do ciclo Música para reCREAr, que a Vicerreitoría do campus promove coa colaboración do Concello de Pontevedra, ao abeiro dun convenio de colaboración. Esta programación botará a andar este xoves 29 de outubro, ás 20.30 horas, no Pazo da Cultura, cunha actuación do grupo Caldo, mentres que o 12 de novembro, á mesma hora, poderá coñecerse o proxecto musical do dúo Abril.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES