Noticias

El Consello Galego de Universidades da el visto bueno al nuevo plan de financiación, aunque A Coruña da un voto favorable crítico y condicionado

Las tres universidades gallegas -Santiago de Compostela, A Coruña y Vigo- disponen ya de un nuevo plan de financiación para el quinquenio 2016-2020 que aportará más de 2.400 millones de euros, de los que un 66% se destinará a cubrir el coste estructural y el resto se concederá según los resultados que se obtengan. Los rectores del SUG agradecen al conselleiro de Educación su lealtal y visión de país durante la negociación del documento, aunque el rector de A Coruña da un voto favorable "crítico y condicionado" y se crea una comisión de seguimiento.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O Consello Galego de Universidades (CGU), reunido na Cidade da Cultura, aprobou por unanimidade o Plan Galego de Financiamento Universitario 2016-2020, que garante a suficiencia e estabilidade financeira das universidades galegas durante o próximo quinquenio, permitíndolle así ás ditas institucións desenvolver de xeito ordenado as súas políticas.

Para iso, o novo plan estará dotado finalmente con preto de 2.480 millóns de financiamento público, o que supón un incremento de case un 18% -374 millóns máis- con respecto á cantidade inicial fixada no plan anterior. Así llo explicou o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, aos membros do CGU.

Trátase dun plan que segue a senda do anterior, pero que tamén introduce novos avances co fin de lograr un financiamento máis transparente, que prime a eficiencia na xestión e a consecución de resultados docentes, de investigación e de transferencia.

Deste xeito, o titular do departamento educativo da Xunta de Galicia, que agradeceu o “esforzo negociador e xeneroso demostrado polas universidades galegas” durante este período, lembrou que o novo reparto de contías aposta pola simplificación, posto que estas quedarán distribuídas en dous grandes fondos en permanente comunicación, xa que unha diminución nun deles implicará un incremento no outro e viceversa.

Por un lado, o Financiamento Estrutural -que garante a suficiencia do sistema e representa inicialmente o 66% do plan- reflectirá a estimación do custe de persoal docente e administrativo necesario para atender ás necesidades formativas de cada universidade. Este custe calcularase en función do número de alumnos matriculados en cada materia de grao e máster. Por tanto, elimínanse os criterios históricos que influían ata agora no reparto en prol da transparencia. A maiores, dentro deste fondo quedará recollido o RAM (reforma, ampliación e mellora de infraestruturas), destinado a subvencionar gastos de investimento.

Por outro lado, dentro do Financiamento por Resultados -que absorbe o 33% dos fondos do plan, aínda que o obxectivo é que en 2020 chegue a representar o 40%- fíxanse catro subfondos: os complementos retributivos e compensación por matrículas, os custes asociados ao ensino universitario onde se recollen as partidas á UNED ou á Fundación Rof Codina, o fomento da I+D+I a través de convocatorias ou convenios vinculados a liñas de investigación e, por último, un panel de 12 indicadores de resultados que suporá uns 55 millóns de euros dentro deste fondo.

Nesta táboa, os indicadores relacionados coa I+D+I e a transferencia teñen un maior peso que os vinculados coas actividades docentes ao entender que estas últimas están presentes en maior grao dentro do financiamento estrutural. Por exemplo, a captación de talento investigador supón un 20% dentro do cadro de indicadores, os ingresos de investigación representan un 15% e a produción científica, un 10%.

Esta aposta pola consecución de obxectivos por parte das universidades debe camiñar pola senda da eficiencia, posto que unha das finalidades do novo plan é potenciar a xestión eficiente das universidades nos seus tres piares: a docencia, a investigación e a transferencia. Co obxectivo de profundar neste eido, o documento incentivará melloras na calidade, que pasan polo axuste da oferta educativa á demanda de estudos, pola redución da carga docente presencial –que actualmente é moi superior á de outros países–, pola diminución e homoxeneización do tamaño dos grupos ou polo axuste de investigacións cuxos custes indirectos sexan moi superiores aos seus resultados potenciais.

Tamén se fomentará unha maior atención ás actividades de transferencia co fin de promover a captación de proxectos e recursos, incrementarase o recoñecemento e apoio a grupos de excelencia e incentivaranse actividades estratéxicas de atracción e promoción do talento.

NoticiaEn definitiva, no plan quedan definidos os criterios de asignación de recursos explícitos, baseados no custe estándar estimado da docencia e na obtención de resultados nos ámbitos fundamentais da actividade universitaria: docencia, investigación e transferencia. Así mesmo, busca fomentar a adecuación da oferta ás demandas sociais, reorientando a oferta docente, potenciando a formación continua, a actividade investigadora e a transferencia tecnolóxica e promovendo a mellora da calidade no sistema.

Outra das novidades do plan reside na súa propia natureza, posto que se trata dun documento elaborado polo Goberno galego –coa colaboración das universidades– ao que deberán adherirse individualmente cada unha das tres universidades de Galicia, comprometéndose así a cumprir os obxectivos nel establecidos e garantindo, en consecuencia, a estabilidade financeira da súa institución durante o próximo quinquenio.

Deste xeito, e trala súa aprobación polo Consello da Xunta, cada universidade deberá asinar un convenio coa Consellería, no que se detallará a execución do plan, unha folla de ruta que sentará as bases para a construción da universidade do futuro, máis moderna e imbricada coa sociedade.

Fotografía: Xunta de Galicia.

R., 2015-10-13

Actualidad

Foto del resto de noticias (fiv-vilalba-2026.jpg) O FIV de Vilalba volverá reunir na localidade lucense unha programación destacada da escena independente e alternativa estatal, cun cartel no que figuran nomes como Carlos Ares, Alcalá Norte, La M.O.D.A. e Ángel Stanich, xunto a outras propostas moi presentes no panorama actual como Repion, Puño Dragón, Celia Becks, Futuro Alcalde, Grande Osso e Rapariga DJ. A boa resposta do público nas últimas semanas confirma, ademais, a gran acollida desta edición, coa previsión de que Vilalba volva encherse de ambiente festivalero a próxima fin de semana. A programación do FIV de Vilalba desenvolverase entre o Escenario Vibra Mahou, o Escenario #Fiver by Lactalis e a Zona DJ, consolidando un formato que combina os grandes concertos nocturnos coa actividade diúrna do sábado.
Foto de la tercera plana (saude-medico.jpg) Galicia sitúase como a comunidade autónoma con menor porcentaxe de pacientes que agardan máis de 60 días por unha consulta co especialista. Así o referendan os datos publicados polo Ministerio de Sanidade sobre listas de espera no Sistema Nacional de Saúde a peche de 2025. Segundo os datos, en decembro de 2025 a comunidade galega situouse como a cuarta rexión española con mellores tempos medios de espera no ámbito das primeiras consultas. Neste eido, o Servizo Galego de Saúde rexistrou unha media de 63 días de espera, fronte aos 102 do Sistema Nacional de Saúde. Estas cifras reflicten que os galegos esperan 39 días menos para acceder a unha consulta co especialista que a media dos españois.

Notas

A Primavera Cultural da USC continúa agromando con múltiples propostas. Así, no Campus de Lugo, a danza, o teatro e a creación audiovisual protagonizan as citas máis inmediatas. Entre os días 19 e 23 de abril, regresa o Festival de Teatro Universidade a Lugo, na que será a súa trixésimo segunda edición. O certame de curtametraxes Findecurta mantén aberto o seu prazo de inscrición ata o 21 de abril. O día 24 realizarase a tradicional sesión informativa na Casa do Saber na que se lles explicará ás persoas participantes o reto desta edición do certame.
A Universidade de Vigo inaugurou a maior estación óptica terrea de España, consolidando así o seu liderado en comunicacións cuánticas vía satélite. Bautizada co nome de Antonia Ferrín, en homenaxe a quen foi a primeira astrónoma de Galicia, e situada na contorna da Facultade de Filoloxía e Tradución, 'o lugar máis idóneo de todo o campus para evitar turbulencias da canle atmosférica', o orzamento total para a posta en marcha desta nova infraestrutura situouse en torno aos 1,5 millóns de euros.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES