Noticias

El CGAi repasa en el ciclo Despois de abril la filmoteca lusa tras la Revolución de los Claveles

Organizado en colaboración entre el CGAI e la Cinemateca de Portugal, se exhiben hasta el 23 de octubre un total de 11 títulos realizados entre los años 1974 y 1982 en los que se refleja una época de gran creatividad cinematográfica en el país luso tras la Revolución de los Claveles. El ciclo incluye filmes de pioneros como Manoel de Oliveira y de los representantes del Novo Cinema Portugués.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

Despois de abril. Cine portugués 1974-1982 é o título do ciclo a través do que o Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI-Filmoteca de Galicia) achega unha ollada sobre o cinema luso realizado tras a Revolución dos Caraveis. Organizado en colaboración coa Cinemateca Portuguesa, esta programación especial ofrece ata o 23 de outubro un total de 11 títulos que reflicten unha época de gran vitalidade creativa no país veciño.

Os especialistas coinciden en sinalar o período que aborda este programa como de verdadeira revolución fílmica, enmarcándoo ademais na corrente europea que, nesta etapa, deu lugar ao que hoxe pode considerarse como un dos cumios da modernidade cinematográfica no vello continente. Así, con máis de 120 películas realizadas durante estes anos, a produción portuguesa aumenta de xeito considerable e sitúase, ao tempo, á vangarda do cinema europeo.

A filmoteca da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ofrécelle ao público unha escolma das películas realizadas nesta etapa por unha decena de directores, entre os que atopamos a Manoel de Oliveira ou a representantes do Novo Cinema Portugués dos sesenta, como Fernando Lopes ou Paulo Rocha, así como unha serie de coñecidos realizadores que daquela estaban a filmar os seus primeiros traballos: Alberto Seixas Santos, António Reis e Margarida Cordeiro ou João Botelho, entre outros.

'Despois de abril. Cine portugués 1974-1982' dará comezo mañá día 7 con 'Brandos costumes' (1974), de Alberto Seixas Branco, para ir desenvolvendo a continuación un percorrido cronolóxico a través das fitas 'Deus, pátria, autoridade', de Rui Simões (día 8); 'Gente da Praia da Vieira', de António Campos (día 13); 'Tras-os-Montes', de António Reis e Margarida Cordeiro (día 14); 'O construtor de anjos', de Luis Noronha da Costa, e 'Nós por cá todos bem', de Fernando Lopes (día 15); 'Amor de perdiçao', de Manoel de Oliveira (día 16); 'Silvestre', de João César Monteiro (día 20); 'Conversa acabada', de João Botelho (día 21); 'Gestos & fragmentos', de Alberto Seixas Branco (día 22), e 'A ilha dos amores', de Paulo Rocha (día 23).

Todas as sesións deste ciclo están programadas para as 20.30 horas na sede do CGAI na Coruña. Os filmes proxectaranse en versión orixinal e, en cinco dos casos, con subtítulos en galego.

Fotografía: CGAI.

R., 2015-10-06

Actualidad

Foto del resto de noticias (museo_do_pobo_galego_2.jpg) Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Foto de la tercera plana (cdc-00.jpg) Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.

Notas

O concerto de Sofía Ros na Casa do Saber do Campus de Lugo este luns, 26 de outubro, ás 20.15 horas, abre unha nova semana ateigada de citas culturais na USC. Música, diversos faladoiros, así como proxeccións audiovisuais integrarán os vindeiros eventos do Outono Cultural. Ese mesmo 26 de outubr,o no Pazo de Montenegro, a partir das 17.30 horas, desenvolverase o primeiro dos encontros 'Memoria democrática'. María Valcárcel, profesora da USC e periodista cultural, é a persoa coidadora deste proxecto. O acceso require inscrición previa.
A música folk será neste 2026 a gran protagonista do ciclo Música para reCREAr, que a Vicerreitoría do campus promove coa colaboración do Concello de Pontevedra, ao abeiro dun convenio de colaboración. Esta programación botará a andar este xoves 29 de outubro, ás 20.30 horas, no Pazo da Cultura, cunha actuación do grupo Caldo, mentres que o 12 de novembro, á mesma hora, poderá coñecerse o proxecto musical do dúo Abril.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES