
Nota de prensa del Gabinete del PSdeG:
Os socialistas galegos demandaron no pleno do Parlamento a ralentización na implantación da LOMCE para evitar a insubordinación da comunidade educativa galega. Non hai precedente na nosa historia democrática de implantación dunha lei de maneira tan precipitada, caótica e temeraria, asegurou Vicente Docasar.
Na defensa dunha proposición non de lei, rexeitada polo Partido Popular, o portavoz de Educación do PSdeG manifestou que co cambio de goberno nas eleccións xerais chegará o momento de facer una nova lei con amplo consenso social e político.
Na comunidade educativa ten concitado unha gran controversia o calendario precipitado e chapuceiro de implantación da lei e dos novos currículos de Primaria, ESO, Bacharelato e FP básica, así como a política de libros de texto ou o inicio das reválidas, con todo o que iso conlevou a efectos de organización e funcionamento dos centros educativos, apuntou.
Docasar lembrou que o grupo socialista advertiulle neste mesmo Parlamento en xuño ao conselleiro Román Rodríguez que serían numerosos os problemas organizativos da implantación da LOMCE e os feitos veñen agora a darnos tristemente a razón.
Co cambio de goberno en decembro chegará o momento tamén de iniciar o camiño para alcanzar en oito anos un investimento educativo do 7% do PIB, tal e como ten prometido o noso candidato á presidencia, Pedro Sánchez, dixo o deputado socialista.
A LOMCE supuxo un ataque directo na liña de flotación da escola pública deste país, polo que pedimos que ralenticen o calendario de implantación e que negocien co resto de comunidades autónomas esta cuestión, e pedimos tamén que cumpran mentres tanto o artigo 122 da propia LOMCE, se queren propiciar en serio a autonomía de xestión dos centros que tanto proclaman coa boca pequena, e que no fondo só practican cando lles empluman no inverno a xestións dos temporais e das chamadas cicloxénese explosiva.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.