Noticias

Los nuevos modelos de distribución audiovisual a debate en Curtocircuito

Curtocircuito debatirá sobre los nuevos modelos de distribución audiovisual en dos sesiones que se celebrarán en el CGAC los días 8 y 9 de octubre, en el marco del programa formativo Galicia ProFilme. Se trata de un encuentro profesional alrededor de los nuevos canales de circulación del cine y del vídeo con plataformas europeas como Agência da Curta Metragem, Festivalscope, Doc Alliance y Shortfilmdepot.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

Os novos modelos de distribución audiovisual e o papel de Internet neste ámbito centrarán dúas sesións de debate organizadas polo Festival Internacional de Cine de Santiago de Compostela Curtocircuíto co apoio da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic). Esta colaboración enmárcase, á súa vez, no programa Galicia Profilme que a Axencia da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén desenvolvendo co obxectivo de ampliar a oferta de formación continua dirixida aos profesionais da industria audiovisual galega.

Nestas dúas xornadas, que terán lugar os días 8 e 9 de outubro no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), debaterase sobre as novas plataformas de circulación de cinema e vídeo, ao tempo que se proporá un diálogo aberto entre os promotores destas canles e os profesionais do sector.

Con este obxectivo, contarase coa presenza en Compostela dos representantes de catro das plataformas máis importantes de Europa que, á súa vez, ofrecen unha panorámica dos distintos modelos que están a redeseñar o sistema de distribución dos produtos audiovisuais: Salette Ramalho, da Agência da Curta Metragem (Portugal); Cristina Lliteras Llompart, de Festivalscope (Francia); Jana Ptackova, de Doc Alliance (República Checa); e Julien Westermann, de Shortfilmdepot (Francia). Moderará o debate María Yáñez, xornalista galega especializada en novas linguaxes e narrativas da web e nas posibilidades de distribución e promoción audiovisual na rede.

A asistencia a estas sesións, que se desenvolverán en horario de 12.00 a 14.00 horas, é gratuíta, previa inscrición en liña a través do web de Curtocircuíto no enderezo http://www.curtocircuito.org/es/actividad-6/.

A duodécima edición do Festival Internacional de Cine de Santiago de Compostela terá lugar do 6 ao 11 de outubro en diferentes espazos da cidade, incrementando este ano o volume de actividades paralelas ao programa de exhibición dos 40 filmes en competición oficial, dos que 19 son estrea en España, e demais seccións paralelas.

Así, amais das xornadas 'Modelos de distribución: converxencias en Internet', Curtocircuíto ofrece encontros cos dous cineastas homenaxeados este ano, Jørgen Leth e Aki Kaurismäki; obradoiros con Oliver Laxe, Marta Verde e a produtora Illa Bufarda; e os concertos de Moon Duo e Fumaça Preta, entre outras citas.

R., 2015-09-28

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-cuantica.jpg) CiberLabFP configúrase como un espazo de aprendizaxe, experimentación e desenvolvemento de competencias en contornos reais que integran tecnoloxías da información (IT) e de operación (OT) para así adaptar a Formación Profesional aos novos escenarios de transformación dixital. Entre as súas funcionalidades destacan a formación especializada do profesorado, a simulación de ciberataques e defensa en contornos virtuais, a análise forense industrial ou a validación de sistemas. Ademais, contará cunha estación móbil que permitirá levar a tecnoloxía a centros educativos e realizar demostracións en empresas e feiras.
Foto de la tercera plana (costa-litoral-illas-cies.jpg) Celebrouse hoxe a sesión constitutiva do Foro do Litoral de Galicia, que será o máximo órgano colexiado de consulta e participación do conxunto da sociedade co fin de optimizar a xestión e ordenación da costa galega. Nel están representadas a Administración autonómica e as locais así como os sectores social, científico, económico e medioambiental e as entidades implicadas na protección do patrimonio natural co fin último de garantir unha gobernanza que permita unha participación suficiente de todos os sectores da sociedade interesados no litoral. A constitución do foro facilitará a partir de agora facer un seguimento das normas, políticas e instrumentos do litoral.

Notas

Baixo o lema A inclusión no centro: perspectivas internacionais para o cambio institucional desenvolverase entre os días 4 e 8 de maio a International Staff Week 2026, unha iniciativa coa que a Vicerreitoría de Internacionalización persegue un triplo obxectivo: fortalecer as relacións internacionais da UVigo: explorar novas oportunidades de colaboración académica; e compartir boas prácticas en materia de mobilidade internacional.
Un estudo realizado por persoal investigador do grupo de Neurobioloxía Celular e Molecular da Enfermidade de Parkinson do Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da USC (CiMUS) e da Universidade de Cambridge, coa colaboración doutras institucións europeas como o Instituto Karolinska, propón unha nova forma de entender como se dana e se repara o cerebro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES