
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de la Universidade de Santiago de Compostela:
A traxectoria vital, intelectual e política de Eugenio Montero Ríos é revisada nunha mostra que se inaugura no Colexio de Fonseca. Eugenio Montero Ríos: o xurisconsulto e o político na Compostela do seu tempo constitúe a primeira ampla retrospectiva realizada sobre o prócer no centenario do seu pasamento.
A colaboración da Deputación Provincial da Coruña, o Concello de Santiago, o Consorcio da Cidade, ABANCA e a Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Xustiza e a Secretaría Xeral de Cultura, permitiu reunir un conxunto de obras que poñen de manifesto a influencia de Eugenio Montero Ríos na transformación da cidade de Santiago.
Montero Ríos desempeñou un papel relevante durante a Restauración como líder político e como promotor de construcións civís executadas baixo o seu «manto protector», tal como é o caso, entre outras, da liña de ferrocarril Cornes-Carril, a ampliación e reforma do edificio da Universidade, a Escola de Veterinaria, a Facultade de Medicina e Hospital Clínico, o Colexio de Xordomudos e Cegos, ademais da promoción da Exposición Rexional Galega (1909).
Á inauguración, que ten lugar o martes 22 de setembro ás 20.00 horas, asisten o reitor da USC, Juan Viaño Rey; o presidente do Ateneo de Santiago de Compostela, Salvador García-Bodaño Zunzunegui; presidente da Real Sociedad Económica de Amigos do País, Juan Bautista de la Salle Barreiro Pérez; o presidente da Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela, Jesús Asorey Carril; e o decano do Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela, Evaristo Nogueira Pol. Todos eles representantes das entidades que promoven esta mostra que, coordinada pola Universidade de Santiago, pretende poñer en valor o inxente labor desta destacada figura santiaguesa de finais do século XIX e comezos do XX.
Comisariada pola doutora europea en Historia e profesora na Facultade de Xeografía e Historia da USC Margarita Barral Martínez e polo arquitecto e profesor da Escola Técnica Superior de Arquitectura da UDC Pablo Costa Buján, a mostra poderá visitarse ata o 31 de outubro en horario de luns a sábado de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.