Noticias

Curtocircuito, el Festival Internacional de Cine de Santiago de Compostela, ofrece 19 filmes no estrenados aún en España

En el programa de la sección oficial, 19 de las 40 películas que se programan aún no se han estrenado en España. Es una de las novedades del III Festival Internacional de Cine de Santiago de Compostela, Cortocircuito, que entre el 6 y el 11 de octubre, fomenta propuestas audiovisuales más arriesgadas y fuera del circuito comercial.

Nota de prensa del Concello de Santiago de Compostela:

Curtocircuíto Festival Internacional de Cine deu a coñecer os detalles da súa próxima edición, que se celebra en Compostela entre os días 6 e 11 de outubro nunha rolda de prensa na que participaron o alcalde de Santiago, Martiño Noriega; a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín; e o director do festival, Pela del Álamo. Ás xa habituais proxeccións no Teatro Principal, súmase este ano a sala Numax. O certame seguirá contando co CGAC como punto neurálxico das súas actividades formativas, alíase co espazo multidisciplinar Unitaria para algúns dos seus obradoiros formativos e ofrece charlas na Zona C ou concertos na Sala Capitol. Así, o festival pretende dar novos pasos na súa apertura á cidade, a un público amplo e diverso, que poida vir a gozar dun evento lúdico e cultural, co cinema no centro.

Na tónica dos últimos anos, o número de películas inscritas a competición é unha mostra da saúde do certame. Nesta edición, recibíronse 3.270 propostas, procedentes dun total de 93 países. De todas elas, o equipo de Curtocircuíto realizou unha selección de 40 películas na súa sección oficial. Esta mantén a división de anteriores edicións, nas categorías Radar e Explora; e nelas inclúense nomes de grande prestixio internacional como Ben Russell (Atlantis), Mark Rappaport (Becoming Anita Eckberg) ou Jennifer Reeder (Blood Below Your Skin); así como 19 estreas en España. A selección tamén está chea de películas de mozos realizadores, premiadas nos festivais internacionais de referencia: World of Tomorrow (Sundance), Inscripción de una guerra (Locarno) o Wave'98 (Cannes). A listaxe completa de títulos darase a coñecer nos próximos días.

O certame contará cun considerable aumento de eventos paralelos, a sumar aos seus xa habituais encontros con cineastas, neste caso coas dúas figuras homenaxeadas en 2015, Jørgen Leth e Aki Kaurismäki, directores de prestixio internacional con cadanseus ciclos.

Estas charlas son só unhas das moitas actividades que ofrecerá Curtocircuíto. Na súa colaboración co festival de música Wonsinc, a Sala Capitol e a Zona C acollerán os concertos de Moon Duo e Fumaça Preta. O festival LEV de Xixón tamén colabora con Curtocircuíto, con máis concertos, que se anunciarán en breve.

Volcados coa formación, os obradoiros cobrarán tamén protagonismo. A habitual colaboración coa Aula de Cine Márgenes, e grazas ao patrocinio da Academia Galega do Audiovisual, acolle este ano ao cineasta galego Oliver Laxe, que impartirá o obradoiro "Teño arroz, teño libros... ata teño tabaco". Cunha duración de tres días, do 7 ao 9 de outubro, no CGAC, este encontro centrarase na concepción do cinema de Laxe como haiku, tipo de poesía xaponesa. Na actividade, o autor de Todos vós sodes capitáns (premio FIPRESCI da crítica na Quincena dos Realizadores en Cannes en 2010) falará das súas influencias deste tipo de poesía, da importancia de certas tradicións místicas na súa obra, da prosa de Jack Kerouac, ou do cinema de Andrey Tarkosvky; entre moitas outras cousas. Trátase dun obradoiro que combina a práctica coa teoría, e que pretende ser punto de creación.

Pola súa banda, o espazo multidisciplinar Unitaria, que abriu as súas portas recentemente en Compostela, acollerá na súa sede dous obradoiros, en colaboración co festival. Conscientes da importancia de educar a ollada dos espectadores do mañá, o primeiro destes é sobre stop-motion, e vai destinado aos nenos. Esta técnica de animación, moi entretida para os cativos, é a que pode verse en obras moi populares como Pesadelo antes de Nadal ou a serie de Wallace e Gromit. Amais, os nenos que participen no obradoiro formarán o xurado infantil, que este ano dará un novo premio na categoría Criaturas.

O segundo obradoiro é especificamente para profesionais da mestura de vídeo e son. Marta Verde, programadora creativa e artista dixital, imparte este curso, sobre Max MSP/JItter, entorno de desenvolvemento gráfico utilizado por compositores, deseñadores ou artistas multimedia, entre outros. Os obradoiros terán lugar nos locais de Unitaria, na calzada de San Pedro, durante a celebración do festival. Toda a información sobre a inscrición e prezos, así coma os demais detalles dos obradoiros, pode consultarse xa na web do festival.

A estas actividades paralelas engadiranse debates profesionais, presentacións de proxectos culturais e outros eventos que serán anunciados nos próximos días.

Algunhas destas actividades estarán protagonizadas por membros dos diversos xurados de Curtocircuíto, área na que tamén se crece. O festival dará 11.500 euros en premios, e engade dúas novas categorías. Ao xa citado premio infantil, súmase o da crítica CAMIRA, importante asociación internacional de expertos en cinema, que na súa primeira edición estará composto por representantes de relevantes medios especializados: Iván G. Ambruñeiras (A Cuarta Parede), Javier H. Estrada (Caimán. Cuadernos de Cine) e Andrea Franco (Transit. Cine y otros desvíos). O xurado CAMIRA premiará un filme elixido de entre todos os presentados á sección oficial; é dicir, as seccións Radar e Explora.

Estas seccións teñen os seus xurados internacionais propios. O primeiro deles fórmano Salette Ramalho, responsable de promoción e distribución internacional da Agência da Curta Metragem; Rodrigo Areais, realizador e produtor luso; e outro artista por desvelar.

NoticiaPola súa banda, o xurado da categoría Explora conta con Jana Ptackova, responsable da web de distribución online Doc Alliance, co reputado crítico inglés Neil Young (The Hollywood Reporter) e coa artista visual Usue Arrieta, habitual de centros de arte e festivais.

A sección competitiva Planeta GZ, que reúne os mellores títulos galegos da tempada, tamén conta co seu xurado propio, composto polo cineasta Eloy Enciso, a directora de Play-Doc Sara García, e o crítico cinematográfico José Manuel López. Tamén dan premios nesta categoría as asociacións profesionais galegas de directores CREA, e a de guionistas, AGAG.

Completan as categorías do palmarés o Xurado Novo, composto por mozos cinéfilos do ámbito compostelán; e o premio do público, resultado das votacións obtidas en sala polos asistentes ás películas.

A estrutura do festival, con todas as súas seccións, é a que se mostra no cadro a continuación. Os contidos detrás deses nomes que quedan por anunciar, iranse anunciando de vagar nas próximas semanas.

Más información y fotografía 1: http://www.curtocircuito.org/gl/
Fotografía 2: http://www.santiagodecompostela.org/hoxe/nova.php?lg=gal&id_nova=13469

R., 2015-09-14

Actualidad

Foto del resto de noticias (20251223-xunta.jpeg) A conselleira do Medio Rural, acompañada polo director xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria, Juan José Cerviño, presidiu este mediodía a constitución do Observatorio do sector lácteo de Galicia, órgano colexiado de seguimento, asesoramento, consulta e análise deste eido produtivo. Esta reunión ten lugar trala entrada en vigor do decreto que actualizou a regulación deste órgano e que, entre outros obxectivos, persegue facer un seguimento continuado do sector e mellorar o seu funcionamento. O Observatorio vén funcionando dende a súa creación no ano 2007
Foto de la tercera plana (otero-pedrayo.jpg) En concreto, o programa do Calendario do Libro e da Lectura inaugurará as súas 35 efemérides para o longo de todo o ano o 11 de xaneiro, co Día do usuario/a da Biblioteca e terá como unha das súas datas significativas desde mes, o Día da Ilustración, que se celebra o 30 e está dedicado ao humorista gráfico Siro López. Complétanse as datas significativas coa celebración, o 1 de abril, do Día das artes galegas, que se centra neste 2026 nun dos nosos fotógrafos máis vangardistas e internacionais, o ourensán José Suárez. En todo caso, este festexo estenderase todo o ano cunha ampla oferta de accións, do mesmo xeito que sucederá co Día das letras galegas (17 de maio) que nas bibliotecas xirará ao redor da escritora Begoña Caamaño.

Notas

O LHCb, un dos detectores do gran colisor de hadróns (LHC) do CERN en Suíza, produce colisións de protóns a altísimas enerxías. Estas colisións xeran partículas inestables que conteñen quarks pesados, cuxa desintegración permite estudar fenómenos de física fundamental que axudan a explicar por que o universo está formado principalmente por materia e case non contén antimateria.
Manuel Reigosa, reitor da Universidade de Vigo, e Abel Caballero, alcalde de Vigo, mantiveron este martes unha xuntanza na que se abordou a posta en marcha do Observatorio de Vivenda de Vigo tras a sinatura dun convenio de colaboración entre as dúas institucións con esta finalidade. O obxectivo desta nova ferramenta será realizar e ofrecer unha diagnose constante do mercado da vivenda, monitorizar a súa evolución e propoñer medidas de corrección coa previa avaliación de súa idoneidade.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES