Noticias

Nueva edición del Outono Gastronómico Galego: 89 casas de turismo rural participan en esta iniciativa

Dinamizar y favorecer la desestacionalización del segmento turístico protagonizado por las casas de turismo rural durante los meses de otoño es el principal objetivo del O 9º Outono Gastronómico que arranca el 11 de septiembre y termina tres meses después, el 13 de diciembre. Las casas de turismo rural aumentaron un 20.8% el número de viajeros y un 15.6% las pernoctas.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, acompañada polo presidente de Agatur, Manuel Luciano Sánchez, e o presidente de Fegatur, Cesáreo González, presentou a novena edición do Outono Gastronómico en Turismo Rural.

A través deste innovador produto turístico, promovido por Turismo de Galicia, os establecementos rurais convidan a gozar da gastronomía galega presentando cada un deles dous menús diferentes elaborados cos mellores produtos da tempada e exclusivamente concibidos para a ocasión.

Nesta novena edición, o Outono Gastronómico en Turismo Rural conta coa participación de 89 establecementos galegos, 27 na provincia da Coruña; 22 en Lugo; 22 en Ourense e 24 en Pontevedra.

Durante a presentación, Nava Castro explicou que o obxectivo da campaña, un ano máis, é dinamizar o turismo no eido rural, desenvolvendo unha oferta complementaria e favorecendo a desestacionalización.

A responsable de Turismo da Xunta sinalou que o éxito obtido nas oito edicións anteriores consolida este programa como unha oferta contrastada e demandada tanto polo público como polas casas rurais de Galicia. “Na suma das oito campañas precedentes acadouse un total de 2.731.617 € e a suma do número de participantes ascendeu a case 48.200 persoas”, afirmou.

Dende o 11 de setembro ata o 13 de decembro as casas de turismo rural de Galicia adheridas á promoción ofrecen as seguintes posibilidades:

-O “Menú Outono Gastronómico”. Un menú que consta de entrantes, primeiros e segundos prato, sobremesas, cafés ou infusións, viños con Denominación de Orixe galega e outras bebidas. O prezo é de 30 euros por persoa.

-Un “Paquete Outono Gastronómico” que permite degustar o Menú Outono Gastronómico e pernoitar na casa de Turismo Rural elixida, incluíndo os os almorzos do día seguinte. Así, esta modalidade ofrece un menú por persoa máis aloxamento, na noite de venres ou sábado a escoller, e o almorzo nunha das casas de Turismo Rural participantes na promoción por só 120 euros para dúas persoas en cuarto dobre ou 80 euros para unha persoa en cuarto individual.

-Unha oferta completa de “Fin de Semana de Outono Gastronómico”, que inclúe dous menús por persoa máis o aloxamento na noite de venres e sábado. O prezo é de 200 euros para dúas persoas en cuarto dobre e 140 euros para unha persoa en cuarto individual.

- Unha promoción especial para aqueles que queiran compartir este programa turístico coa familia: a opción “Fin de Semana Familiar Outono Gastronómico”, que inclúe ofertas para un e dous nenos ata 14 anos. Para parellas acompañadas dun neno, a oferta de menús e aloxamento será de 260 euros, mentres que para as que vaian acompañadas de dous rapaces o prezo da fin de semana será de 300 euros.

Así mesmo, como novidade desta nova edición agasallarase cunha botelliña de crema de licor ou cun doce “Capricho de Santiago” a todos aqueles clientes de establecementos de turismo rural participantes na campaña. Segundo explicou Nava Castro, esta oferta promocional especial para este 9º Outono Gastronómico servirá de elemento de atracción para novos consumidores deste produto e estimulará, así mesmo, a outros a repetir a experiencia de anos anteriores.

A relación dos establecementos participantes e os menús exclusivos que ofrece cada un deles pódese consultar na páxina web www.outonogastronomico2015com, dende a que, ademais, pódese acceder directamente a un blog de participación.

A directora de Turismo de Galicia destacou que esta nova edición do Outono Gastronómico no Turismo Rutral contribuirá a continuar a senda de crecemento acadada nos últimos tempos polo turismo rural galego.

Segundo sinalou Nava Castro, o turismo rural en Galicia viu incrementados no que vai de ano nun 20,8% os seus viaxeiros e nun 15,6% as súas pernoitas, elevando o seus niveis de ocupación en case dous puntos porcentuais.

Fotografía: Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia

R., 2015-09-04

Actualidad

Foto del resto de noticias (cgac-2021.jpg) Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée d’Art Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
Foto de la tercera plana (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.

Notas

Desde o ano 2022 e financiado polo International Space Science Institute, un equipo internacional liderado polo físico da UVigo Juan Antonio Añel estuda os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. O equipo acaba de realizar unha xuntanza na sede do ISSI en Berna (Suíza).
As chuvias que recibimos no oeste da Península Ibérica dependen en boa medida do que sucede no Atlántico Norte. Un novo estudo liderado pola investigadora do CICA da UDC Uxía Fernández-Pérez reconstrúe como cambiaron as precipitacións nesta rexión durante os últimos 11.000 anos e permite comprender mellor os mecanismos oceánicos e atmosféricos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES