Noticias

WOSINC regresa a la capital de Galicia entre el 11 y el 13 de septiembre en un único escenario

El festival Work On Sunday (WOSINC) celebra una segunda edición en Santiago de Compostela. Y lo hace en "un único escenario" en el que coincidirán los integrantes de un cartel "ecléctico" con 40 propuestas de artistas de 15 países "difíciles de ver" en el panorama musical, según los oganizadores que presentaron el evento en el Concello compostelano.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del Concello de Santiago de Compostela:

A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, e o director do Wosinc, Iván Arias, presentaron en Raxoi a programación completa do festival que arrinca esta mesma noite coa estrea de Los Hongos, película do colombiano Óscar Ruiz Navia, que se proxecta por primeira vez en España grazas ao cine e distribuidor Numax, ás 20:15 horas. Comeza así unha intensa axenda de actividades relacionadas coa música, as artes escénicas, o audiovisual, o debate e a gastronomía dentro do festival Wosinc, que culminará coa súa potente axenda musical e escénica do 11 ao 13 de setembro.

Michael Rother, The Octopus Project, Girl Band, Mdou Moctar e Ignatius Farray son algúns dos nomes máis atractivos dun cartel onde o peso de artistas galegos non é lixeiro, e que implica ata a dez espazos emblemáticos da cidade. Serán máis de corenta propostas chegadas desde quince países diferentes. O evento conta coa participación do Concello de Santiago e outras institucións, ademais de colaborar con axentes culturais de primeira orde da cidade coma o Festival Curtocircuíto ou a cooperativa cultural Numax. A partir de hoxe pódese ver a programación horaria completa e pódense adquirir as entradas de día a través da páxina web do evento.

O Mercado de Abastos será o punto de encontro das actividades gastronómicas que Wosinc propón como nova para esta edición e que se celebrarán con carácter gratuíto durante o mediodía do sábado 12. Por unha parte, unha demostración gastronómica apadriñada por Abastos 2.0, Radio Deli e Pazo de Altamira, tres locais de referencia no eido do Mercado. Os tres locais prepararán en directo unha tapa exclusiva que só será servida durante esta xornada e ademais ofertarán unha pequena degustación e un desconto especial para abonados. A segunda iniciativa de Wosinc no Mercado de Abastos é a creación de tres rutas gastronómicas guiadas pola praza da man de tres expertos en diversas ramas da gastronomía: tradicional, ecolóxica e pasteleira.

No terreo audiovisual, Wosinc estreará en Compostela dúas cintas con dous axentes indispensables no terreo cinematográfico de Santiago. A primeira é a película colombiana Los Hongos, que será preestreada estemércores 2 de setembro na sala de cine Numax, onde os abonados poderán acudir por un prezo reducido. Merece ser destacada a colaboración con Curtocircuíto, o Festival Internacional de Cine de Santiago de Compostela, para presentar Akounak Tedalat Taha Tazoughai, primeira película de ficción Tuareg, protagonizada ademais polo músico Mdou Moctar, que tamén participa no Wosinc. Ademais Curtocircuíto programa unha Noite Curta ao ar libre na praza de Praterías, cunha selección de pezas audiovisuais experimentais. Completa o programa audiovisual a proposta da formación galega musical experimental Volontè, que proxectará a súa peza documental homónima rodada en 16mm.

No eido do debate, Wosinc propón catro coloquios cunha ampla visión cultural. O primeiro, "A necesidade do colectivo!, foi concibido polo crítico e músico Luis Boullosa e será conducido polo periodista e axente cultural David Bizarro, reflexionando sobre o peso do contido sociopolítico na música e outras artes. O segundo, "Te estoy hablando a ti", será coordinado pola periodista e escritora Xiana Arias – baixo o seu alter ego Lara Tigre – e explora as posibilidades dunha nova linguaxe auspiciada por varias creadoras, comunicadoras e activistas.

Outros dous coloquios de corte máis especializado foron engadidos ao programa. O primeiro, "Por amor á arte, da paixón á profesión’, conducido por Fernando Rego, pon en común a varios promotores musicais independentes galegos, estatais e internacionais para debater en torno á profesionalización e profesionalidade no ámbito musical. Por outra banda, a empresa de venda de entradas Ticketscript apadriña a conferencia "Como aplicar os datos aos teus eventos’, dirixido a profesionais de actos públicos.

Wosinc pretende, coa presentación deste ambicioso cartel internacional, afianzar o evento como unha aposta urbana, integradora, multidisciplinar e comprometida co entorno da cidade de Santiago e a cultura galega.

O abono para o festival pódese adquirir por 40 € + gastos na páxina web do festival. Ademais as entradas para cada unha das tres xornadas pódense adquirir por 20 € o venres, 30 € o sábado e 10 € o domingo.

Fotografía: Gabinete de Comunicación del Concello de Santiago de Compostela

R., 2015-09-02

Actualidad

Foto del resto de noticias (museo_do_pobo_galego_2.jpg) Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Foto de la tercera plana (cdc-00.jpg) Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.

Notas

O concerto de Sofía Ros na Casa do Saber do Campus de Lugo este luns, 26 de outubro, ás 20.15 horas, abre unha nova semana ateigada de citas culturais na USC. Música, diversos faladoiros, así como proxeccións audiovisuais integrarán os vindeiros eventos do Outono Cultural. Ese mesmo 26 de outubr,o no Pazo de Montenegro, a partir das 17.30 horas, desenvolverase o primeiro dos encontros 'Memoria democrática'. María Valcárcel, profesora da USC e periodista cultural, é a persoa coidadora deste proxecto. O acceso require inscrición previa.
A música folk será neste 2026 a gran protagonista do ciclo Música para reCREAr, que a Vicerreitoría do campus promove coa colaboración do Concello de Pontevedra, ao abeiro dun convenio de colaboración. Esta programación botará a andar este xoves 29 de outubro, ás 20.30 horas, no Pazo da Cultura, cunha actuación do grupo Caldo, mentres que o 12 de novembro, á mesma hora, poderá coñecerse o proxecto musical do dúo Abril.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES