Noticias

Agadic y SGAE colaboran en el impulso de la carrera de nuevos talentos musicales a través del programa Galicia Creativa

Tres grupos emergentes o solistas de pop-rock, jazz y tradicional-folk recibirán ayuda para la grabación y promoción de un trabajo musical y la organización de una gira de conciertos en Galicia y en Madrid en el primer semestre de 2016 a través del programa Galicia Creativa. El plazo de presentación de solicitudes y maquetas musicales termina el 30 de agosto.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria colabora coa Fundación SGAE (Sociedad General de Autores y Editores) na posta en marcha do programa Galicia Creativa, dedicado á promoción de novos artistas e creadores musicais galegos dos estilos pop-rock, jazz e tradicional-folk.

A iniciativa, que se materializa como unha serie de axudas nos distintos pasos do proceso de produción discográfica, foi presentada en Santiago polos responsables da SGAE Juan Rivas e Vicente Montoto, nun acto no que tamén participou o director da Agadic, Jacobo Sutil, para deixar testemuño do apoio da Xunta da Galicia ao proxecto.

O obxectivo de 'Galicia Creativa' é facilitar a gravación, proxección exterior e promoción do repertorio musical rexistrado pola SGAE entre os autores e intérpretes emerxentes galegos en cada un dos xéneros citados, para o que os seleccionados por medio desta convocatoria (un por cada estilo) recibirán asistencia para a gravación, mesturado e masterización íntegra dun disco cun máximo de seis temas, traballos que se levarán a cabo no estudo da sede compostelá da SGAE. Ademais, prestarase un servizo de asesoramento en produción, difundiranse os traballos gañadores entre os medios de comunicación e organizarase unha xira de catro concertos (tres en Galicia e un en Madrid) no primeiro semestre de 2016.

Durante a presentación, o director da Agadic incidiu precisamente nas especiais características deste concurso, polo seu deseño como un proceso de titoría “segura e eficaz” cara a posta en circulación de novos produtos musicais galegos. Jacobo Sutil, que situou a cooperación con 'Galicia creativa' dentro da serie de accións da Agadic destinadas a fortalecer o sector musical galego, referiuse ademais ao programa como un medio idóneo para acadar que o potencial creativo que existe en Galicia nos ámbitos da interpretación e a composición musical se conduza da mellor maneira cara ao seu encontro co público.

Os interesados/as en participar en 'Galicia Creativa' teñen ata o 30 de agosto para presentar as súas solicitudes á Fundación SGAE, na forma que se especifica nas bases e coa documentación esixida. Tamén se solicita unha maqueta en disco compacto con dous temas orixinais en letra e música, que sexan ou ben rexistrados na SGAE e gravados polo grupo ou cantautor/solista, ou ben pertencentes ao repertorio SGAE.

Tras a escoita das maquetas, o xurado seleccionará como mínimo dous gañadores provisionais en cada un dos tres estilos ou xénero musical, os cales deberán someterse despois a unha audición en directo.

Poderán participar en 'Galicia Creativa' todos aqueles cantautores/solistas ou grupos de música integrados por un máximo de 10 membros, que desenvolvan a súa actividade en Galicia e que se encadren dentro dunha ou varias modalidades, estilos ou xéneros musicais de pop-rock, jazz e tradicional-folk. Outro requisito é que os solicitantes non teñan ningún disco editado anteriormente nin ningunha relación contractual permanente ou ocasional con empresas discográficas.

Fotografía: Agadic

R., 2015-07-30

Actualidad

Foto del resto de noticias (museo_do_pobo_galego_2.jpg) Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Foto de la tercera plana (cdc-00.jpg) Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.

Notas

O concerto de Sofía Ros na Casa do Saber do Campus de Lugo este luns, 26 de outubro, ás 20.15 horas, abre unha nova semana ateigada de citas culturais na USC. Música, diversos faladoiros, así como proxeccións audiovisuais integrarán os vindeiros eventos do Outono Cultural. Ese mesmo 26 de outubr,o no Pazo de Montenegro, a partir das 17.30 horas, desenvolverase o primeiro dos encontros 'Memoria democrática'. María Valcárcel, profesora da USC e periodista cultural, é a persoa coidadora deste proxecto. O acceso require inscrición previa.
A música folk será neste 2026 a gran protagonista do ciclo Música para reCREAr, que a Vicerreitoría do campus promove coa colaboración do Concello de Pontevedra, ao abeiro dun convenio de colaboración. Esta programación botará a andar este xoves 29 de outubro, ás 20.30 horas, no Pazo da Cultura, cunha actuación do grupo Caldo, mentres que o 12 de novembro, á mesma hora, poderá coñecerse o proxecto musical do dúo Abril.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES