Noticias

La manifestación del Día da Patria Galega une a dirigentes de BNG, Anova, Compromiso por Galicia, Esquerda Unida e independentistas

Bajo el lema "A Nación Galega", la manifestación de las fuerzas nacionalistas en el Día da Patria Galega logró reunir a dirigentes de BNG, Anova, Compromiso por Galicia, Esquerda Unida e independentistas en un recorrido conjunto entre la Alameda y la Praza da Quintana de Compostela, y con una posible candidatura de unidad para las elecciones generales como telón de fondo.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación del BNG:

O BNG participou na manifestación unitaria de celebración do Día da Patria que congregou a 25.000 galegos e galegas na Praza da Quintana baixo o lema A nación galega, onde a plataforma social convocante deu lectura ao manifesto Pola Unidade, tras o habitual percorrido polas rúas de Santiago.

“Galiza da hoxe unha expresión de unidade, de vontade de construír unha maioría social e política, unha maioría que quere facer que Galiza teña voz forte nos foros internacionais, nos foros do Estado”, expresou o portavoz nacional, Xavier Vence, no arranque da marcha.

“É un día de gran alegría cunha manifestación unitaria de todos e todas as que queremos que Galiza teña futuro, que a xente nova teña futuro na terra, dos que aspiramos que Galiza teña ferramentas propias para gobernarse por si propia e para que podamos ter a dignidade como pobo á que moitos e moitas nacionalistas aspiramos dende hai décadas”, resaltou.

O BNG está convencido de que a cidadanía galega quere un goberno “que non se adique a dilapidar as conquistas nin a laminar o autogoberno, senón que defenda os intereses deste país, a súa xente, a súa economía produtiva, que defenda un futuro para as novas xeracións, que defenda a sanidade e ensino públicos e que defenda o noso idioma e cultura”, alegou Vence.

Unha parte desa cidadanía abarrotou a praza da Quintana “nunha expresión de vontade de que unidos teremos forza para mudar as cousas e facer valer os intereses da nación galega no Estado e en Europa”, subliñou Vence, quen expresou a “satisfacción” do Bloque poder participar nun acto político de todo o nacionalismo unido, “de todos e todas as que confían en Galiza, que teñen a esperanza e a ilusión de construír unha Galiza recoñecida no mundo, unha Galiza soberana”.

O acto de celebración unitario é tamén “un paso adiante importante para que as forzas políticas galegas se unan na defensa dos intereses nacionais de Galiza, para que moita cidadanía se una arredor destas forzas políticas que queremos un autogoberno potente e pleno, que queremos camiñar cara a soberanía”, subliñou Vence.

“Creemos que é un chanzo para unir, para xuntar a moita cidadanía e ás formacións políticas que queren xuntar as súas forzas para que Galiza teña unha voz propia potente en todos os foros e, particularmente, no Congreso”, afondou o portavoz nacional do Bloque.

Vence fixo fincapé no simbolismo da celebración unitaria do Día da Patria. “É moi importante que todos e todas as que creemos en Galiza como nación esteamos xuntos compartindo un gran acto político unidos, porque somos os que confiamos nas forzas e nas potencialidades da nosa nación”.

Para o Bloque, a manifestación unitaria deste Día da Patria é un acto de afirmación “de que Galiza é unha nación” que quere contar coas ferramentas para darse un futuro, especialmente aos que sofren a lacra da emigración. Un futuro “construído coas nosas propias mans, e non sometidos á destrución do noso por decisións que se toman fora do país, coa complicidade do goberno da Xunta”, denunciou.

“Temos que mudar isto e a manifestación é unha vontade de unidade para contribuír a mudar as cousas e para dar a valer a Galiza no mundo”, concluíu.

Fotografía: Gabinete de Comunicación del BNG

R., 2015-07-25

Actualidad

Foto del resto de noticias (cgac-2021.jpg) Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée d’Art Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
Foto de la tercera plana (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.

Notas

Desde o ano 2022 e financiado polo International Space Science Institute, un equipo internacional liderado polo físico da UVigo Juan Antonio Añel estuda os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. O equipo acaba de realizar unha xuntanza na sede do ISSI en Berna (Suíza).
As chuvias que recibimos no oeste da Península Ibérica dependen en boa medida do que sucede no Atlántico Norte. Un novo estudo liderado pola investigadora do CICA da UDC Uxía Fernández-Pérez reconstrúe como cambiaron as precipitacións nesta rexión durante os últimos 11.000 anos e permite comprender mellor os mecanismos oceánicos e atmosféricos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES