
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
O ciclo Espazos Sonoros, que se desenvolve nos meses de setembro e outubro, incorpora na súa oitava edición unha ampla programación de concertos en eidos de grande relevancia patrimonial das catro provincias galegas.
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, presentou as actividades que se levarán a cabo, nun acto no que estivo acompañado do secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; e da coordinadora artística do ciclo, Belén Bermejo.
Segundo explicou o conselleiro, este ano os concertos e actuacións achéganse a espazos tan singulares como San Nicolao de Cis (En Oza-Cesures), o Colexio do Cardeal de Monforte de Lemos, o refectorio do mosteiro de Oseira, o mosteiro de Carboeiro ou Santa María de Aciveiro (en Forcarei). A isto engádense algúns dos principais museos galegos coma o CGAC, o Museo Massó (en Bueu) ou o Museo de Pontevedra. Por iso −sinalou Román Rodríguez− un dos principais obxectivos deste ciclo, a maiores do propio gozo musical, é promover que a xente coñeza máis e mellor estes monumentos senlleiros da nosa cultura.
Entre as novidades deste ano tamén hai que destacar que no Museo de Pontevedra presentarase por primeira vez o traballo de recuperación dunhas gravacións do gaiteiro de Campañó, auspiciadas no seu tempo por Filgueira Valverde. Un traballo que presentaremos coincidindo coa data do aniversario do nacemento de Filgueira, o vindeiro 28 de outubro, sinalou o conselleiro. Tamén haberá un apartado do ciclo dedicado aos órganos históricos e un itinerario histórico-musical guiado pola vila de Monforte de Lemos, que rematará cun concerto de música histórica da man do grupo Vox Stellae.
Organizado pola Consellería de Cultura e Educación, Espazos Sonoros desenvolverase do 13 de setembro ata o 28 de outubro, con concertos de balde e entrada libre ata completar aforo que poden consultarse no enderezo electrónico www.espazossonoros.org.
Unha vez finalizada a presentación, o gaiteiro Óscar Ibáñez interpretou a Marcha procesional do Corpus de Pontevedra, coa gaita orixinal de Xan Tilve, o gaiteiro de Campañó. Precisamente a clausura do ciclo correrá a cargo de Óscar Ibáñez trío e estará centrada na figura do gaiteiro de Campañó, mentres que o concerto inaugural (que terá lugar o día 13 de setembro) na Igrexa de San Nicolao de Cis, en Oza-Cesuras, correrá a cargo de Luce NellOmbra.
Fotografía: Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia
Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.