Noticias

Las Ferias del Libro de Galicia 2015 presentan en Vigo las novedades editoriales alrededor de más de 50 actividades

Del 3 al 12 de julio, las Ferias del Libro de Galicia 2015, promovidas por la Federación de Librerías de Galicia y por la Consellería de Cultura, Educación y Ordenación Universitaria, llegan a Vigo con la producción editorial más reciente y con más de 50 actividades alrededor del libro y de la lectura para todos los públicos. La escritora Vigo Ledicia Costas pregona con la música de Xardín Desordenado.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

Do3 ao 12 de xullo, a rúa Progreso da cidade da oliveira será o escenario desta nova cita co libro e a lectura, que foi presentada pola presidenta da federación, Pilar Rodríguez, e polo secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, na sede da Confederación de Empresarios de Pontevedra.

“A colaboración e o traballo conxunto entre os diferentes axentes do ámbito editorial permítenos que as Feiras do Libro de Galicia sexan un escaparate vivo, un evento que vai máis alá da exposición e venda de publicacións, para se converter nun auténtico espazo de dinamización cultural da cidade, de encontro directo cos escritores, coa palabra cantada, coa atención aos públicos diversos”, afirmou Anxo Lorenzo durante a rolda de prensa.

En referencia á programación cultural que se desenvolve durante estes días no marco deste evento, Anxo Lorenzo explicou que este ano se van abrir na feira as páxinas suxestivas dalgunhas das novidades editoriais galegas que transcorren na historia das rúas desta cidade, como as obras ‘Cabalos e lobos’, de Fran Pérez Lorenzo, ou ‘Ocaso da familia Portela’, da autoría de Noa Pérez, que se presentarán na feira.

Ademais, a apertura da feira contará co pregón da escritora de Vigo Ledicia Costas e tampouco faltará a música enraizada na cidade a cargo do grupo vigués Xardín Desordenado, que presentará os temas do seu novo disco, ‘Aprendendo a ladrar’, así como do grupo de gaitas e baile da SCD Atlántica de Matamá e da banda de música Unión Musical de Cabral.

“En definitiva –asegurou–, a feira contará con voces viguesas de referencia”, entre as que tamén se inclúen as de Iolanda Zúñiga, Xosé María Álvarez Cáccamo, Vítor Vaqueiro e Rexina Vega, á par doutros recoñecidos escritores galegos como Agustín Fernández Paz, Elena Gallego, Marcos Calveiro e María Reimóndez, que tamén participarán na programación da feira para presentar as súas obras e manter encontros cos lectores e lectoras.

Xunto coas presentacións e sinaturas de libros, a feira contará con diversos obradoiros, contacontos e espectáculos de maxia para o público máis novo. A poesía tamén será protagonista da programación, cos recitais poéticos a cargo do grupo Brétema e de Rosa María González, e cunha homenaxe poética á escritora María do Carmo Kruckemberg, recentemente falecida.

O secretario xeral tamén puxo en valor a implicación na programación da Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel, que contará cun stand propio na feira onde dará a coñecer as súas colección, ademais de organizar actividades de dinamización da lectura. Finalmente, recordou que o lema das Feiras do Libro de Galicia 2015, ‘A historia en letras’, constitúe unha homenaxe a Xosé Filgueira Valverde, ao que este ano a Real Academia Galega lle dedicou o 17 de maio.

As Feiras do Libro de Galicia iniciaron o pasado 14 de abril en Pontevedra a edición de 2015, que percorrerá un total de 12 concellos das catro provincias galegas ata o mes de agosto. Logo do seu paso por Pontevedra, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense e Vigo, as feiras chegarán tamén no mes de xullo a Ribeira, do 16 ao 19, e a Rianxo, do 23 ao 26. En agosto regresará a Feira do Libro da Coruña, que se celebrará do día 1 ao 10. A continuación, a provincia lucense acollerá as tres últimas citas deste ano, nos concellos de Viveiro, do 13 ao 16; de Foz, do 20 ao 23; e, finalmente, de Monforte de Lemos, onde terá lugar do día 26 ao 29.
O calendario das Feiras do Libro de Galicia está accesible na Axenda de Cultura de Galicia, en www.cultura.gal

R., 2015-06-29

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-cuantica.jpg) CiberLabFP configúrase como un espazo de aprendizaxe, experimentación e desenvolvemento de competencias en contornos reais que integran tecnoloxías da información (IT) e de operación (OT) para así adaptar a Formación Profesional aos novos escenarios de transformación dixital. Entre as súas funcionalidades destacan a formación especializada do profesorado, a simulación de ciberataques e defensa en contornos virtuais, a análise forense industrial ou a validación de sistemas. Ademais, contará cunha estación móbil que permitirá levar a tecnoloxía a centros educativos e realizar demostracións en empresas e feiras.
Foto de la tercera plana (costa-litoral-illas-cies.jpg) Celebrouse hoxe a sesión constitutiva do Foro do Litoral de Galicia, que será o máximo órgano colexiado de consulta e participación do conxunto da sociedade co fin de optimizar a xestión e ordenación da costa galega. Nel están representadas a Administración autonómica e as locais así como os sectores social, científico, económico e medioambiental e as entidades implicadas na protección do patrimonio natural co fin último de garantir unha gobernanza que permita unha participación suficiente de todos os sectores da sociedade interesados no litoral. A constitución do foro facilitará a partir de agora facer un seguimento das normas, políticas e instrumentos do litoral.

Notas

Baixo o lema A inclusión no centro: perspectivas internacionais para o cambio institucional desenvolverase entre os días 4 e 8 de maio a International Staff Week 2026, unha iniciativa coa que a Vicerreitoría de Internacionalización persegue un triplo obxectivo: fortalecer as relacións internacionais da UVigo: explorar novas oportunidades de colaboración académica; e compartir boas prácticas en materia de mobilidade internacional.
Un estudo realizado por persoal investigador do grupo de Neurobioloxía Celular e Molecular da Enfermidade de Parkinson do Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da USC (CiMUS) e da Universidade de Cambridge, coa colaboración doutras institucións europeas como o Instituto Karolinska, propón unha nova forma de entender como se dana e se repara o cerebro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES