Noticias

La Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) impulsa Firma e Filme para fomentar la adaptación audiovisual de obras literarias

La Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi) y la Asociación Galega de Editores (AGE) colaboran con la Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) en la puesta en marcha del programa "Firma e Filme" para promocionar la adaptación audiovisual de la literatura gallega. Se pueden presentar proyectos hasta el 18 de junio.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acaba de poñer en marcha o programa Firma e Filme, que ten por obxectivo promover a adaptación audiovisual de obras da literatura galega. A iniciativa, que comeza cunha convocatoria dirixida á participación de empresas audiovisuais e editoriais, conta coa colaboración da Agapi (Asociación Galega de Produtoras Independentes) e da AGE (Asociación Galega de Editores).

Firma e Filme nace para a posta en valor de dous eidos creativos da cultura galega, o das imaxes e o das letras, a través dun proxecto conxunto que contribúa a estudar as posibilidades de adaptación das obras literarias galegas ao noso audiovisual. Para isto, o primeiro paso é a compilación de información, tanto da oferta editorial como dos intereses e proxectos actuais demandados polas produtoras, para o que os interesados teñen de prazo ata o 18 de xuño para remitir ao enderezo [email protected] as fichas normalizadas que se poden descargar do web da Agadic.

As editoriais deberán cumprimentar unha solicitude por cada título proposto, susceptible de adaptación cinematográfica, indicando o xénero no que se insire entre un total de 14 preestablecidos; o grupo de público potencial ao que se dirixe (infantil, xuvenil, adulto ou familiar), e o formato proposto para a súa versión audiovisual: longametraxe ou curtametraxe (de ficción, documentais ou de animación), serie, TV-movie, experimental, proxecto multimedia, videoxogo, webserie etc.

Pola súa banda, as produtoras han de sinalar, no momento de se inscribir, o formato no que teñen interese en realizar as adaptacións, os xéneros preferentes (animación, acción, aventuras, bélico, biopic, ciencia ficción, comedia, drama, experimental, fantástico, musical, romántica, suspense, terror, thriller, western...) e mais o grupo de espectadores ao que queren dirixirse.

Cos datos recibidos, iniciarase unha fase de análise e informe para intercambiar impresións entre as partes e cara á organización dunha axenda final de reunións bilaterais executivas, que se desenvolverán en Pontevedra no mes de decembro no marco de Culturgal, a Feira das Industrias Culturais.

R., 2015-06-09

Actualidad

Foto del resto de noticias (museo_do_pobo_galego_2.jpg) Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Foto de la tercera plana (cdc-00.jpg) Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.

Notas

O concerto de Sofía Ros na Casa do Saber do Campus de Lugo este luns, 26 de outubro, ás 20.15 horas, abre unha nova semana ateigada de citas culturais na USC. Música, diversos faladoiros, así como proxeccións audiovisuais integrarán os vindeiros eventos do Outono Cultural. Ese mesmo 26 de outubr,o no Pazo de Montenegro, a partir das 17.30 horas, desenvolverase o primeiro dos encontros 'Memoria democrática'. María Valcárcel, profesora da USC e periodista cultural, é a persoa coidadora deste proxecto. O acceso require inscrición previa.
A música folk será neste 2026 a gran protagonista do ciclo Música para reCREAr, que a Vicerreitoría do campus promove coa colaboración do Concello de Pontevedra, ao abeiro dun convenio de colaboración. Esta programación botará a andar este xoves 29 de outubro, ás 20.30 horas, no Pazo da Cultura, cunha actuación do grupo Caldo, mentres que o 12 de novembro, á mesma hora, poderá coñecerse o proxecto musical do dúo Abril.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES