Noticias

La comedia británica Nuestro último verano en Escocia se estrana en versión doblada al gallego en 14 cines de 8 localidades

Televisión de Galicia, A Contracorriente Films y la Xunta de Galicia colaboran en el doblaje a gallego de la comedia británica O noso último verán en Escocia que se estrena en 14 cines de 8 locallidades para fomentar el consumo en gallego de productos culturales internacionales. La película fue doblada y mezclada por un equipo de más de 20 profesionales de Cinemar.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

A comedia británica O noso último verán en Escocia estréase en Galicia na súa versión dobrada ao galego, que pode verse en 14 salas de oito localidades a partir de do venres 29 de maio. A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria –a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic)–, a Televisión de Galicia e a distribuidora A Contracorriente Films colaboran nesta iniciativa, que incide tanto na promoción do consumo cultural no noso idioma como na dinamización do sector da dobraxe na Comunidade.

A versión dobrada de ‘What We Did on Our Holiday’, unha das grandes sorpresas do ano nas carteleiras do seu país, preestréase nos cines Cinesa As Cancelas, de Santiago de Compostela. Desde o venres 29 de maio, e coincidindo coa súa estrea no circuíto comercial español, exhibirase tamén na Coruña (Cantones Cines, Espacio Coruña Yelmo Cines, Rosales Yelmo Cines, Cinesa Marineda), Lugo (As Termas Cines), Narón (Odeón Multicines), Ourense (Multicines Ponte Vella), Pontevedra (Multicines Cinexpo), Vigo (Gran Vía Cines, Cines Praza Elíptica, Vigo Yelmo Cines, Multicines Norte) e Vilagarcía de Arousa (Multicines Gran Arousa).

Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística; Jacobo Sutil, director da Agadic; Rosa Vilas, directora da TVG; e Fernando Riera, de A Contracorriente Films, presentaron hoxe en Santiago esta iniciativa, que lle ofrece ao público galego a posibilidade de gozar no noso idioma dun dos últimos éxitos do cinema británico, con Rosamund Pike e David Tennant como parella protagonista, e avalado polos máis de seis millóns de euros de recadación que obtivo no Reino Unido.

Un dos obxectivos da colaboración que bota a andar con ‘O noso último verán en Escocia’ é promover a lingua propia de Galicia e darlle visibilidade desde o ámbito do audiovisual, tal e como sinala o Plan xeral de normalización da lingua galega, así como ofrecer produtos en galego destinados ao consumo cultural para que, do mesmo xeito que sucede no ámbito da tradución literaria, a cidadanía teña a opción de ver en galego destacados filmes do circuíto comercial internacional.

Ao tempo, ábrese unha vía de apoio ao sector da dobraxe en Galicia que, neste caso, supuxo a implicación de máis de 20 profesionais. Charo Pena foi a directora da dobraxe desta versión, realizada e mesturada para cine por Cinemar Films.

Xunto con Charo Pena, Antón Olmos, Beatriz García, Ana Lemos, Ana Ouro, Tere Santamaría, Luís Iglesias, Tacho González, Xermana Carballido, Gaspar González e Carmen Rodríguez puxéronlle voz aos personaxes de ‘O último verán en Escocia’. Antonio Rubal, Matías Brea, Marián Muíño, Antonio Rey, X. Manuel Rodríguez, Carlos Jiménez e Isabel Vallejo encargáronse da ambientación, mentres que Rosa Moledo asinou a tradución ao galego.

Coa posta en marcha deste proxecto estréitase, ademais, a colaboración entre a Agadic e A Contracorriente Films, unha das empresas distribuidoras de referencia no circuíto español, coa finalidade de favorecer tamén a comercialización de producións cinematográficas galegas. Así mesmo, ‘O noso último verán en Escocia’ pasará a formar parte da próxima edición do catálogo de Cinemas de Galicia, que a Axencia Galega das Industrias Culturais lles achegará aos programadores dos espazos asociados a esta rede municipal de exhibición cinematográfica.

Producida por BBC Films e dirixida por Andy Hamilton e Guy Jenkin, responsables da serie británica ‘Outnumbered’, esta longametraxe logrou o premio do público na pasada edición da Seminci (Semana Internacional de Cine de Valladolid), ademais de ser unha das máis valorada das fitas proxectadas na sección oficial do festival compostelán Cineuropa.

Rosamund Pike, candidata ao Oscar á mellor actriz por ‘Perdida’, e David Tennant, moi popular pola súa interpretación do Doctor Who na célebre serie da BBC e polo seu papel protagonista en ‘Broadchurch’, entre outros, dan vida a unha parella londiniense que, en plena crise matrimonial, ten que viaxar cos seus fillos ás Highlands escocesas para celebrar o aniversario do avó enfermo. Para non contrarialo, a familia decide simular que todo é harmonía entre eles, dando pé a unha manchea de malentendidos e situacións hilarantes.

R., 2015-05-28

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-cuantica.jpg) CiberLabFP configúrase como un espazo de aprendizaxe, experimentación e desenvolvemento de competencias en contornos reais que integran tecnoloxías da información (IT) e de operación (OT) para así adaptar a Formación Profesional aos novos escenarios de transformación dixital. Entre as súas funcionalidades destacan a formación especializada do profesorado, a simulación de ciberataques e defensa en contornos virtuais, a análise forense industrial ou a validación de sistemas. Ademais, contará cunha estación móbil que permitirá levar a tecnoloxía a centros educativos e realizar demostracións en empresas e feiras.
Foto de la tercera plana (costa-litoral-illas-cies.jpg) Celebrouse hoxe a sesión constitutiva do Foro do Litoral de Galicia, que será o máximo órgano colexiado de consulta e participación do conxunto da sociedade co fin de optimizar a xestión e ordenación da costa galega. Nel están representadas a Administración autonómica e as locais así como os sectores social, científico, económico e medioambiental e as entidades implicadas na protección do patrimonio natural co fin último de garantir unha gobernanza que permita unha participación suficiente de todos os sectores da sociedade interesados no litoral. A constitución do foro facilitará a partir de agora facer un seguimento das normas, políticas e instrumentos do litoral.

Notas

Baixo o lema A inclusión no centro: perspectivas internacionais para o cambio institucional desenvolverase entre os días 4 e 8 de maio a International Staff Week 2026, unha iniciativa coa que a Vicerreitoría de Internacionalización persegue un triplo obxectivo: fortalecer as relacións internacionais da UVigo: explorar novas oportunidades de colaboración académica; e compartir boas prácticas en materia de mobilidade internacional.
Un estudo realizado por persoal investigador do grupo de Neurobioloxía Celular e Molecular da Enfermidade de Parkinson do Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da USC (CiMUS) e da Universidade de Cambridge, coa colaboración doutras institucións europeas como o Instituto Karolinska, propón unha nova forma de entender como se dana e se repara o cerebro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES