Noticias

Galicia e IB Cinema promueven la proyección de Toll of the Sea y Navidades Blancas en conmemoración de los inicios del cine en color

La Filmoteca de Galicia (CGAI) e IB Cinema colaboran en la organización de dos sesiones que recuerdan los inicios del cine en color que, con el paso del tiempo, se convertiría en el sello de calidad fotográfica más utilizado en Hollywood. Toll of the Sea, primer largometraje filmado en Technicolor, y Navidades Blancas, primera realizada en Vista Visión, centran este homenaje previo a la sección Off Galicia.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) e IB Cinema colaboran na organización dun especial sobre o Technicolor co gallo do centenario deste proceso de cor desenvolvido a partir de 1915 pola Technicolor Motion Picture Corporation. Esta conmemoración articúlase en dúas sesións, que terán lugar na sede da Filmoteca de Galicia na Coruña o xoves 28 e o venres 29, ás 20.30 horas, e durante as que se proxectarán respectivamente a primeira longametraxe filmada en Technicolor (‘Toll of the Sea’, 1922) e a primeira en Vista Visión (‘Navidades blancas’, 1954).

A cita do xoves ofrecerá un achegamento aos inicios deste proceso, que cos anos se convertería nun dos selos de calidade fotográfica por excelencia e nun dos máis empregados en Hollywood ata primeiros dos anos cincuenta. De feito, “Color by Technicolor” foi o slogan que empregaron como reclamo algúns dos maiores éxitos da industria cinematográfica estadounidense da época, como ‘Gone with the Wind’ (‘Foise co vento’).

Con tal fin exhibirase ‘Toll of the Sea’, o filme de Chester M. Franklin rodado nun aínda primitivo Technicolor de dúas matrices. A proxección, con subtítulos en galego, contará co acompañamento ao piano de Irma Fernández Alonso. Xunto con esta fita, poderá verse tamén a curtametraxe ‘La Cucaracha’ (1934), primeira película de imaxe real xa en completo Technicolor de tres matrices, así como un set de tráilers baixo o título ‘María Montez, la reina del Technicolor’.

O venres 29 será a quenda de ‘Navidades blancas’ (‘White Christmas’/’Navidades brancas’), filme de Michael Curtiz que é, ademais, a primeira longametraxe realizada en Vista Visión, xa en pleno esplendor do Technicolor. Proxectarase en versión orixinal con subtítulos en castelán.

A programación do CGAI continuará o sábado 30 cunha nova entrega da sección Off Galicia que, desta volta, presentará os traballos gañadores das últimas cinco edicións do certame Curtas para Rosalía, promovido pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega.

A carteleira do CGAI-Filmoteca de Galicia pode consultarse no web www.cgai.org.

R., 2015-05-26

Actualidad

Foto del resto de noticias (museo_do_pobo_galego_2.jpg) Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Foto de la tercera plana (cdc-00.jpg) Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.

Notas

O concerto de Sofía Ros na Casa do Saber do Campus de Lugo este luns, 26 de outubro, ás 20.15 horas, abre unha nova semana ateigada de citas culturais na USC. Música, diversos faladoiros, así como proxeccións audiovisuais integrarán os vindeiros eventos do Outono Cultural. Ese mesmo 26 de outubr,o no Pazo de Montenegro, a partir das 17.30 horas, desenvolverase o primeiro dos encontros 'Memoria democrática'. María Valcárcel, profesora da USC e periodista cultural, é a persoa coidadora deste proxecto. O acceso require inscrición previa.
A música folk será neste 2026 a gran protagonista do ciclo Música para reCREAr, que a Vicerreitoría do campus promove coa colaboración do Concello de Pontevedra, ao abeiro dun convenio de colaboración. Esta programación botará a andar este xoves 29 de outubro, ás 20.30 horas, no Pazo da Cultura, cunha actuación do grupo Caldo, mentres que o 12 de novembro, á mesma hora, poderá coñecerse o proxecto musical do dúo Abril.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES