Noticias

Ciudades invisibles, un viaje por la música contemporánea, nueva apuesta del ciclo Do audible

La Fundación Luis Seoane de A Coruña acoge la primera sesión de la nueva programación del ciclo "Do audible" que presenta un viaje por la música contemporánea a través de "Ciudades invisibles", con una propuesta de diálogo con otros campos de expresión a partir del libro de Italo Calvino. Vertixe Sonora Ensemble, el divulgador y compositor Fernando Palacios y la formación 4+1 Piano Ensemble protagonizan esta actividad cultural.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O ciclo Do Audible abre a programación da súa terceira edición cunha proposta na que convida a se achegar á música contemporánea a partir do libro ‘As cidades invisibles’, de Italo Calvino, e da man dun dos grandes divulgadores actuais da música en España, Fernando Palacios. O compositor e profesor de pedagoxía musical será o encargado de conducir a primeira sesión deste ciclo co que a Secretaría Xeral de Cultura, en colaboración coa formación Vertixe Sonora Ensemble, promove o diálogo entre a música contemporánea con outros campos de expresión como a ciencia, a arte e, en xeral, o pensamento.

A Fundación Luis Seoane da Coruña acollerá mañá martes, ás 20:30 horas, a primeira sesión do ciclo, á que lle dá nome a obra ‘As cidades invisibles’. Nesta viaxe por cidades imaxinadas que poden “ser vistas e oídas como pura música”, o ciclo propón un achegamento á figura de Italo Calvino, pero tamén á doutros escritores, como o xaponés Yasunari Kawabata.

O repertorio musical da sesión, que será interpretado pola formación Vertixe Sonora Ensemble –con Pablo Coello, Celia Adrián, Thomas Piel, Carlos Méndez, Rubén Barros, David Durán e Diego Ventoso– inclúe as obras ‘Apartamento Polsen Apartamento Peterson’, de Mauricio Pauly; ‘Spill’, de Bernardo Barros, e ‘Mittel und Zwecke’, de Stefan Beyer.

Ademais, a sesión inaugural tamén contará coa agrupación 4+1 Piano Ensemble –formada por Elena Rodríguez García, Iago Hermo, Rosalía Becoña e Daniel Chaves Cores–, que interpretará a peza ‘Escenas I, II e III’, de Iago Hermo.

Do Audible 2015, que enmarca cada unha das súas sesións nun campo temático, continuará coa cita ‘Eloxio do mínimo’, na Casa do Saber, en Lugo, o 30 de xuño; con ‘Incerteza’, no Café Morderno de Pontevedra, o 20 de outubro; e con ‘Baleiro’, o 25 de novembro, no Museo Ramón María Aller, onde rematará a terceira edición do ciclo.

Nas diferentes sesións, que se poden consultar na Axenda de Cultura de Galicia, en www.cultura.gal, o ciclo contará coa participación dos divulgadores e investigadores Federico López Silvestre, Ana Ulla Miguel e Javier Turnes, que dialogarán cos compositores Alberto Bernal, Joan Bagés i Rubí e Miguel Ángel Tolosa.

Do Audible constitúe unha das liñas de innovación na programación musical da Consellería de Cultura e Educación que ten como un dos seus obxectivos principais abrir camiños novos na creación sonora contemporánea e establecer diálogos actuais entre as diversas disciplinas artísticas e científicas.

R., 2015-05-25

Actualidad

Foto del resto de noticias (museo_do_pobo_galego_2.jpg) Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Foto de la tercera plana (cdc-00.jpg) Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.

Notas

O concerto de Sofía Ros na Casa do Saber do Campus de Lugo este luns, 26 de outubro, ás 20.15 horas, abre unha nova semana ateigada de citas culturais na USC. Música, diversos faladoiros, así como proxeccións audiovisuais integrarán os vindeiros eventos do Outono Cultural. Ese mesmo 26 de outubr,o no Pazo de Montenegro, a partir das 17.30 horas, desenvolverase o primeiro dos encontros 'Memoria democrática'. María Valcárcel, profesora da USC e periodista cultural, é a persoa coidadora deste proxecto. O acceso require inscrición previa.
A música folk será neste 2026 a gran protagonista do ciclo Música para reCREAr, que a Vicerreitoría do campus promove coa colaboración do Concello de Pontevedra, ao abeiro dun convenio de colaboración. Esta programación botará a andar este xoves 29 de outubro, ás 20.30 horas, no Pazo da Cultura, cunha actuación do grupo Caldo, mentres que o 12 de novembro, á mesma hora, poderá coñecerse o proxecto musical do dúo Abril.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES