Noticias

El Teatro Nacional D. María II de Lisboa representa en la capital gallega axo Tenor

La obra del dramaturgo gallego Roberto Vidal Bolaño, Saxo Tenor, cuenta con una versión portuguesa gracias a la adaptación realizada por la compañía pública Teatro Nacional D. María II de Lisboa, y que presenta en Santiago de Compostela los días 29 y 30 de mayo. José Martins dirige a un elenco de 14 actores y actrices que dan vida a los locos, gangsters, chulos y prostitutas que se reúnen en la obra.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O Teatro Nacional D. Maria II (TNDM II) de Lisboa presentarase en Santiago de Compostela para achegarlle ao público galego a súa adaptación da obra Saxo Tenor, de Roberto Vidal Bolaño, que porá en escena os días 29 e 30 de maio no Teatro Principal. A versión portuguesa deste recoñecido texto do teatro galego contemporáneo é, ademais, o primeiro título da nosa dramaturxia que leva ás táboas o principal teatro público do país veciño.

A incorporación da obra de Vidal Bolaño ao seu repertorio é o resultado do acordo que o TNDMII mantén co Centro Dramático Galego (CDG) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para o intercambio de autores fundamentais de ambas as dramaturxias e dentro do que a compañía institucional galega produciu ‘Xardín suspenso’, de Abel Neves. Para a exhibición en Galicia de ‘Sax Tenor’ (título en portugués do espectáculo) cóntase, ademais, coa colaboración do Concello de Santiago.

Nesta liña de traballo conxunto incidiuse hoxe durante a presentación aos medios das dúas funcións para público xeral desta proposta, programadas para o venres 29, ás 17.30 horas, e o sábado 30, ás 20.30 horas. Ademais destas representacións, a compañía pública portuguesa ofrecerá un pase escolar o venres, ás 11.00 horas.

José Martins, director escénico da montaxe que estes días pode verse en Lisboa, desprazouse á capital de Galicia para participar nesta presentación, na que tamén interviñeron Anxo Lorenzo, secretario xeral de Cultura; María Antón, concelleira de Cultura de Santiago de Compostela; Manuel Guede Oliva, director do CDG e coautor xunto a Martins da tradución ao portugués do texto de Roberto Vidal Bolaño; e José Víctor Carou, director do Auditorio de Galicia.

A colaboración emprendida entre o CDG e o TNDM II no ámbito das artes escénicas insírese na aposta da Consellería de Cultura e Educación por “abrir novas fiestras a prol do intercambio cultural entre Galicia e Portugal”, afirmou Anxo Lorenzo, quen recordou algunhas das actuacións máis recentes realizadas para avanzar nesta dirección.

Entre elas destacou a sinatura dos memorandos de entendemento co Instituto Camões, para impulsar o ensino do portugués en Galicia, e mais coa Dirección Rexional de Cultura do Norte e a Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal, centrado no ámbito do libro e da literatura, dúas actuacións que se enmarcan na Lei 1/2014, do 24 de marzo, para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía e que “constitúen novos pasos afianzar os lazos culturais que unen os dous territorios”.

Tamén se inscribe neste obxectivo, segundo afirmou, a realización do ciclo ‘Portugal-Galicia: Escenarios para un encontro’, que se desenvolve neste mes das letras no TNDM II. Mañá martes terá lugar a segunda sesión da iniciativa, que contará cun recital poético a cargo de Yolanda Castaño, Eva Veiga, Alba Cid e Maria João Cantinho, xunto coa actuación do compositor galego Xoán Curiel, acompañado do músico Sérgio Tannus.

En ‘Sax Tenor’, José Martins ponse á fronte dun elenco de 14 intérpretes (João Grosso, Hugo Franco, Jorge Albuquerque, Maria Amélia Matta, Maria Jorge, Rita Figueiredo, Lita Pedreira, Bernardo Chatillon, Luís Geraldo, Lúcia Maria, Paula Mora, José Neves, Manuel Coelho e Maria Ana Filipe) para lles dar vida aos numerosos personaxes desta “desgraza suburbana improbable entre loucos, gangsters, chulos e putas”, tal e como foi subtitulada no seu día polo propio autor. Rui Francisco é o deseñador da escenografía e do vestiario, mentres que José Carlos Nascimento asina a iluminación.

O texto de Vidal Bolaño (Santiago de Compostela, 1950-2002) foi proposto polo Centro Dramático Galego para esta colaboración institucional co Teatro Nacional D. María II como un dos textos claves na ampla obra do que é un dos máis importantes dramaturgos galegos contemporáneos. Definido pola compañía pública portuguesa como “herdeiro lexítimo de Ramón María del Valle Inclán”, o autor e director galego escribiu esta peza en 1991 a modo de esperpento do século XX, cunha trama que se desenvolve á sombra da catedral compostelá. O texto foi galardoado co Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais e levado a escena por Teatro do Aquí, a compañía de Roberto Vidal Bolaño, baixo a súa dirección.

As entradas para as funcións de ‘Sax Tenor’ en Santiago de Compostela están xa á venda no web entradas.abanca.com [nova venta] , no teléfono 902 434 443 e no despacho de billetes do Teatro Principal, aberto ao público de martes a sábado, de 18.00 a 21.00 horas. O espectáculo inclúese, así mesmo, na oferta do Bono de Teatro Galego (e Portugués), promovido conxuntamente polo Concello de Santiago de Compostela e a Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais).

Fotografía y más información: http://www.teatro-dmaria.pt/pt/calendario/sax-tenor/

R., 2015-05-18

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-cuantica.jpg) CiberLabFP configúrase como un espazo de aprendizaxe, experimentación e desenvolvemento de competencias en contornos reais que integran tecnoloxías da información (IT) e de operación (OT) para así adaptar a Formación Profesional aos novos escenarios de transformación dixital. Entre as súas funcionalidades destacan a formación especializada do profesorado, a simulación de ciberataques e defensa en contornos virtuais, a análise forense industrial ou a validación de sistemas. Ademais, contará cunha estación móbil que permitirá levar a tecnoloxía a centros educativos e realizar demostracións en empresas e feiras.
Foto de la tercera plana (costa-litoral-illas-cies.jpg) Celebrouse hoxe a sesión constitutiva do Foro do Litoral de Galicia, que será o máximo órgano colexiado de consulta e participación do conxunto da sociedade co fin de optimizar a xestión e ordenación da costa galega. Nel están representadas a Administración autonómica e as locais así como os sectores social, científico, económico e medioambiental e as entidades implicadas na protección do patrimonio natural co fin último de garantir unha gobernanza que permita unha participación suficiente de todos os sectores da sociedade interesados no litoral. A constitución do foro facilitará a partir de agora facer un seguimento das normas, políticas e instrumentos do litoral.

Notas

Baixo o lema A inclusión no centro: perspectivas internacionais para o cambio institucional desenvolverase entre os días 4 e 8 de maio a International Staff Week 2026, unha iniciativa coa que a Vicerreitoría de Internacionalización persegue un triplo obxectivo: fortalecer as relacións internacionais da UVigo: explorar novas oportunidades de colaboración académica; e compartir boas prácticas en materia de mobilidade internacional.
Un estudo realizado por persoal investigador do grupo de Neurobioloxía Celular e Molecular da Enfermidade de Parkinson do Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da USC (CiMUS) e da Universidade de Cambridge, coa colaboración doutras institucións europeas como o Instituto Karolinska, propón unha nova forma de entender como se dana e se repara o cerebro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES