
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PPdeG:
O portavoz de Emprego do Grupo Popular, Miguel Tellado, amosou no Parlamento a satisfacción de todo o PPdeG polo acordo asinado entre a empresa pública Navantia e o armador Ondimar Transportes Marítimos LDA para a construción de de catro petroleiros tipo Suezmax, ampliable a outros dous, nas instalacións da empresa de Ferrol e Cadiz.Tellado sinalou que se trata dun paso máis no esforzo que tanto desde a Xunta, como o Goberno central e a propia Navantia se está a facer para conseguir carga de traballo aos estaleiros da ría de Ferrol.
En concreto, este acordo suporá tres millóns de horas de traballo para Navantia e a industria auxiliar, cun prazo de execución de 21 meses.Este acordo súmase á carga de traballo que na actualidade xa ten Navantia Ferrol, simultaneando este ano a construción do flotel, o buque de acción marítima, o deseño do LHD para a Armada de Turkía e os 29 jackets para Iberdrola, catro contratos que supoñen unha facturación de 600 millóns de euros e 3,7 millóns de horas de carga de traballo, concretou o portavoz popular.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.